Hans Georg Stehlin

Hans Georg Stehlin, nado en Basilea o 13 de xaneiro de 1870 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1941, foi un xeólogo suízo especializado en paleontoloxía.

Infotaula de personaHans Georg Stehlin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Basilea, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Basilea, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuíza Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Basilea Editar o valor em Wikidata
Coñecido porcuñar o termo Gran Ruptura
Actividade
Campo de traballoPaleontoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpaleontólogo , xeólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo de Historia Nacional de Basilea
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaStehlin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de obter en 1893 o doutoramento en Zooloxía na Universidade de Basilea, Stehlin especializouse na paleontoloxía dos vertebrados, especialmente nos mamíferos do cenozoico. Publicou numerosos artigos científicos sobre os primates e os ungulados.

Foi xefe do Departamento de Osteoloxía do Museo de Historia Natural de Basilea e, desde 1920 até a súa morte en 1941, presidente da comisión do Museo (e, polo tanto, director).[1] Recolectou moitos mamíferos fósiles do terciario en Francia, por exemplo, en Senèze, en Auvergne.

En 1910 Stehlin cuñou o termo Gran Ruptura para referirse á extinción masiva na que se desapareceron numerosos organismos, especialmente mamíferos de Europa, que ocorreu hai 33,9 millóns de anos e que marca o final do eoceno, é dicir, o límite entre o eoceno e o oligoceno.[2]

Entre os seus colaboradores en Basilea estaba Samuel Schaub (que foi o seu sucesor no Museo).

Distincións editar

Stehlin foi honrado polo seu compatriota o zoólogo Ehrenfried Schenkel que lle deu, en 1901, o seu nome ao lagarto canario Gallotia stehlini.[3]

Notas editar

  1. Urs Rahm (1980): "Historisches", en: Otto Wittmann, edit.: Raritäten und Curiositäten der Natur: Die Sammlungen des Naturhistorischen Museums Basel. Basel: Birkhäuser Verlag. ISBN 978-3-7643-1191-9, p. 11.
  2. Stehlin, H. G. (1910). "Remarques sur les faunules de Mammifères des couches eocenes et oligocenes du Bassin de Paris ". Bulletin de la Société Géologique de France 4 (9): 488–520. .
  3. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Gallotia stehlini, p. 252).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar