Ehrenfried Schenkel

zoólogo suízo


Ehrenfried Schenkel, tamén coñecido como Ehrenfried Schenkel-Haas, nado en Basilea o 10 de maio de 1869 e finado en 1953, foi un zoólogo suízo especializado en aracnoloxía.

Modelo:BiografíaEhrenfried Schenkel
Nome orixinalEhrenfried Schenkel-Haas
Biografía
Nacemento10 de maio de 1869
Basilea
Morte1953
País de nacionalidadesuíza
EducaciónUniversidade de Basilea Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo, aracnólogo, conservador de museo, profesor de secundaria
EmpregadorMuseu de História Natural de Basileia (pt) Traducir
Universidade de Basilea Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSchenkel Editar o valor en Wikidata

Así mesmo, tamén fixo importantes achegas á herpetoloxía.

Traxectoria

editar

Nado en Basilea o 10 de maio de 1869, obtivo a cátedra de Historia Natural na Universidade desta cidade en 1892.[1]

Entre 1890 e 1902 foi conservador no Museo de Historia Natual de Basilea. Alí relacionose co herpetólogo Fritz Müller, e tivo a oportunidade de estudar réptiles, e tamén peixes e crustáceos, pero principalmente centrou a súa atención nos arácnidos aos que posteriormente dedicou todo o seu tempo libre.[1]

En 1902 abandonou o seu cargo de conservador para estudar Química, pero a química non lle acabou de satisfacer e dedicouse ao ensino nunha escola secundaria de Basilea desde 1909 a 1935.[1]

Os seus estudos centráronse na fauna aracnolóxica de Suíza, o Tesino, de Alemaña, do Ártico (Illas Feroe, Laponia, Escandinavia), da China, da Península Ibérica, e das illas Canarias, Madeira e Azores.[1]

Taxóns descritos

editar

Schenkel foi o descritor, entre outras, as seguintes especies:

(Ver a lista completa das especies descitas por este autor).[2]

Algunhas publicacións

editar
  • "Schwedisch-chinesische wissenschaftliche Expedition nach den nordwestlichen Provinzen Chinas, unter Leitung von Dr Sven Hedin und Prof. Sü Ping-chang. Araneae gesammelt vom schwedischen Artz der Exped". Arkiv för Zoologi. 29 (A1): 1-314, 1936.
  • "Beitrag zur Spinnenkunde". Revue Suisse de Zoologie 46 (3): 95-114. Texto completo en (PDF), 1953.
  • "Bericht über einige Spinnentiere aus Venezuela". Verhandlungen der Naturforschenden Gesellschaft in Basel 64: 1-57, 1953.
  • "Chinesische Arachnoidea aus dem Museum Hoangho-Peiho in Tientsin". Boletim do Museu Nacional do Rio de Janeiro (N. S., Zool.) '119: 1-108, 1953
  • "Ostasiatische Spinnen aus dem Muséum d‘Histoire naturelle de Paris". Mémoires du Muséum National d’Histoire Naturelle de Paris (Série A – Zoologie) 25 (2): 1-481, 1963.

(Ver relación comleta das súas poblicacións na biografía do GIA).[1]

Abreviatura

editar

A abreviatura Schenkel emprégase para recoñecer a Ehrenfried Schenkel como autoridade na decrcición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Biografía na páxina web do Grupo Ibérico de Aracnología.
  2. Lista completa de taxons descritos, en Wikispecies

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar