Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez Vázquez, nado en Pontevedra en 1952, é un médico, profesor e político galego, integrante do Bloque Nacionalista Galego. O 10 de maio de 2009 foi designado por votación para ocupar o cargo de voceiro nacional deste partido[1], dimitindo do cargo tralas eleccións galegas de 2012[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Pontevedra, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
22 de marzo de 2000 – 20 de xaneiro de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político , médico , catedrático |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria editar
Formación editar
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
Militancia política editar
Membro do BNG, foi elixido deputado do BNG no Parlamento de Galicia en 1993 pola circunscrición de Pontevedra, cargo que simultaneou co de concelleiro en Pontevedra a partir de 1995. En 1996 figura como cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións ao Congreso, e sae elixido. Renovou o posto no ano 2000 e dimitiu no ano 2003, polo que foi substituído por Olaia Fernández Dávila.
En 2003 volve ser elixido concelleiro en Pontevedra e ocupa diversas responsabilidades no goberno de coalición do BNG co apoio do PSdeG.
Tras as eleccións galegas de 2009 editar
Despois das eleccións galegas de 2009, e trala dimisión da executiva en pleno do BNG, abriuse un proceso de renovación dos organismos de dirección da fronte. Dentro dese proceso Guillerme Vázquez foi escollido para encabezar a lista impulsada pola Unión do Povo Galego e por militancia independente (coma o propio Guillerme Vázquez), denominada Alternativa pola Unidade, que o propón como candidato a Portavoz Nacional. Así, o 10 de maio de 2009 a súa candidatura foi a designada para ocupar a portavocía nacional do BNG, deixando o cargo no Consello Nacional do 27 de outubro de 2012.
Tras as eleccións galegas de 2012 editar
Despois das eleccións galegas de 2012, o Bloque Nacionalista Galego pasou de ter 13 a 7 deputados no Parlamento de Galicia perdendo un 46% dos sufraxios con respecto á anterior elección en favor de Alternativa Galega de Esquerda polo que dimitiu do seu cargo de Portavoz Nacional do BNG. Foi substituído o 17 de marzo do 2013 por Xavier Vence, e Guillerme volveu impartir clases clases no centro pontevedrés IES Frei Martín Sarmiento.[3][4]
En 2014 anunciouse a súa elección como presidente da Fundación Galiza Sempre[5], cargo que ocupou ata o 2016, sendo sucedido por Francisco Jorquera[6].
Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España foi candidato na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra.[7]
Notas editar
- ↑ Vázquez, novo voceiro nacional do BNG
- ↑ "Guillerme Vázquez deixará de liderar o BNG tras a "reflexión" da derrota electoral", Praza Pública, 27 de outubro de 2012.
- ↑ Beramendi, Mario (17/3/2013). "Guillerme Vázquez: «Non conseguirán destruir ao BNG»" La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Guillerme Vázquez vuelve a dar clase en el Frei Martín Sarmiento" La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ La Región. Agencias (19 de xaneiro de 2014). "La Fundación Galiza Sempre será dirigida por Guillerme Vázquez". Consultado o 08-03-2016.
- ↑ Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "Francisco Jorquera, novo presidente da Fundación Galiza Sempre". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 2021-05-19.
- ↑ "Candidatura por Pontevedra". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 31/03/2019. Consultado o 9/3/2019.
Véxase tamén editar
A Galicitas posúe citas sobre: Guillerme Vázquez |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillerme Vázquez |
Outros artigos editar
Predecesor: Anxo Quintana |
Portavoz Nacional do BNG 2009–2013 |
Sucesor: Xavier Vence |