Guerra italiana de 1521-1526

A guerra italiana de 1521–1526, tamén coñecida como Guerra dos Catro Anos,[1] forma parte das Guerras italianas. O conflito desenvolveuse entre 1521 e 1526 e loitaron Francisco I de Francia e a República de Venecia contra o emperados do Sacro Imperio Romano Xermánico Carlos V, Henrique VIII de Inglaterra e os Estados Pontificios. Entre as causas do conflito está a escolla en 1519–1520 de Carlos I como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e a necesidade do papa León X de aliarse con Carlos para combater a Martiño Lutero.

Guerra italiana de 1521-1526
Parte de guerras italianas
Battle of Pavia, oil on panel.jpg
A batalla de Pavía, obra dun artista flamengo descoñecido (óleo sobre lenzo, século XVI)
Data 15211526
Lugar Italia, Francia e España
Resultado Vitoria decisiva dos Habsburgo
Belixerantes
Royal Flag of France.svg Reino de Francia
Flag of Most Serene Republic of Venice.svg República de Venecia
Bandera Navarra.svg Reino de Navarra
Flag of Cross of Burgundy.svg Imperio Español
Banner of the Holy Roman Emperor with haloes (1400-1806).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Flag of England.svg Reino de Inglaterra
CoA Pontifical States 02.svg Estados Pontificios
Líderes
Royal Flag of France.svg Francisco I de Francia
Royal Flag of France.svg Odet de Foix
Royal Flag of France.svg Guillaume Gouffier
Royal Flag of France.svg Pierre Terrail
Bandera Navarra.svg Henrique II de Navarra
Flag of Cross of Burgundy.svg Carlos I de España
Flag of Cross of Burgundy.svg Fernando de Ávalos
Flag of Cross of Burgundy.svg Prospero Colonna
Banner of the Holy Roman Emperor with haloes (1400-1806).svg Carlos de Lannoy
Banner of the Holy Roman Emperor with haloes (1400-1806).svg Carlos III de Borbó

A guerra estourou en Europa occidental en 1521, cando Francia envadiu os Países Baixos e intentou axudar a Henrique II de Navarra a recuperar o seu reino. As forzas imperiais repeleron a invasión e atacaron o norte de Francia, onde os franceses detiveron o seu avance. Por isto, o emperador, o papa e Henrique VIII asinaron unha alianza formal contra Francia e as hostilidades comezaron na península Itálica. Na batalla de Bicocca, os exércitos imperial e papal derrotaron o exército francés e expulsárono do Milanesado. Despois da batalla, a loita trasladouse ó territorio francès, mentres que Venecia asinaba a paz por separado. O exército inglés invadiu Francia en 1523, mentres que Carlos de Borbón, anoxado polos intentos de Francisco de apoderarse da súa herdanza, traizóao e alíase con Carlos I. En 1524, fracasou unha tentativa francesa de recuperar o Ducado de Milán, cousa que concedeu ó Borbón a oportunidade de invadir a Provenza á fronte dun exército español.

O mesmo Francisco dirixiu un segundo ataque contra o Ducado de Milán (a actual Lombardía) en 1525. A súa desastrosa derrota na batalla de Pavía, na cal foi capturado e na que a maioría dos seus principais nobres morreron, conduciu ó fin da guerra. Mentres estaba preso en España, Francisco asinou o tratado de Madrid, no cal renunciaba ás súas aspiracións a Italia, Borgoña e Flandres. Porén, unhas semanas despois da súa liberación, rexeitou as condicións do tratado, comezando deste xeito a guerra da Liga de Cognac. Malia que as Guerras de Italia continuaron durante tres décadas máis, estas remataron sen que Francia puidese recuperar ningún territorio substancial en Italia.

NotasEditar

  1. Malia que entre 1521 e 1526 hai cinco anos, considérase que a guerra remata coa batalla de Pavía; polo tanto, catro anos a partir do comezo das hostilidades en 1521