Batalla de Bicoca
A batalla de Bicoca foi unha batalla acontecida preto da localidade de Bicoca, ás portas de Milán, no norte de Italia, o 27 de abril de 1522. Este combate enfrontou os exércitos de Carlos V cos de Francisco I de Francia, e saldouse coa vitoria do primeiro.
Preludio
editarNas súas aspiracións por recuperar Milán, o rei Francisco I de Francia tivo que enfrontarse a Carlos V pois este tamén tiña pretensións sobre o Milanesado.
Desenvolvemento
editarO exército do emperador Carlos V comandado por Fernando de Avalos, fixérase forte preto de Bicoca, onde se atrincheiraron e se fortificaron. O exército francés, comandado por Odet de Lautrec como maior mandatario, formado tamén por un continxente suízo, chegaron ó lugar e intentaron acabar co exército do emperador.
Os embates francosuízos foron repelidos polos arcabuceiros imperiais, que facilmente abrían fogo sobre os seus inimigos causando multitude de baixas. As baixas, non menores a tres mil homes, obrigaron ó exército Francés a retirarse a Lombardía.
Trala batalla
editarA guerra non acabou con esta batalla, pois tres anos despois os franceses volverían á emprender unha nova campaña de moi maiores proporcións, novamente frustrada por Carlos V na batalla de Pavia.
A palabra bicoca chegou ata hoxe e significa "cousa sinxela ou barata" debido á facilidade coa que os exércitos imperiais venceron ós franceses.