Giulio Bernardi

numismático italiano


Giulio Bernardi, nado en Trieste en 1937, é un numismático italiano especializado na moeda do mundo islámico e oriental.

Infotaula de personaGiulio Bernardi
Biografía
Nacemento1937
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Italiana.
Coñecido porEstudos de moeda oriental.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios
2012: Premio Samir Shamma, da RNS.

Traxectoria editar

Giulio Bernardi naceu en 1937 e cursou estudos de Economía na Universidade de Trieste, a súa cidade natal.[1]

Foi coleccionista de moedas desde a súa xuventude e cultivou os estudos numismáticos de xeito autónomo ao longo da súa vida. Do mesmo xeito, abordou o comercio numismático coa creación, en 1963, da compañía Numismatica Bernardi, na que contou como socio con Giovanni Paoletti.[1]

A partir da década de 1970, tanto o seu ámbito de coleccionismo como os seus estudos centráronse primeiro na moeda do Patriarcado de Aquileia e logo na moeda medieval de Trieste, e as súas monografías sobre estes temas considéranse como referencias para estas emisións.[1][2]

Xa na década de 1980 comezou a fixar o seu interese na moeda do mundo islámico das primeiras épocas, o que o levou renunir unha salientable colección de dinares omeias e abbásidas, e tamén a publicar unha das súas grandes obras, dedicada ás emisións islámicas do período abranguido entre a reforma de Abd al-Malik ibn Marwan (696-697 d. C.) e a deposición do califa abbásida Al-Mustakfi en 946 d.C. Esta obra, publicada co título de Arabic gold coins, Corpus I, fíxoo merecedor dun recoñecemento por parte da Royal Numismatic Society, de Londres.[3][4][5]

No ámbito asociativo, Bernardi funcou o Circolo Numismatico Triestino ("Círculo Numismático de Trieste), foi delegado en Italia da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais e fundou en 1993 a Asociación de Numismáticos Profesionais Italianos, que presidiu ata 2010.[6]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Ademais dun bo número de artigos publicados en diversas revistas numismáticas, Giulio Bernardi foi autor de varios traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seuintes:[8][9][10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Calegher, B. (2015). "Per Giulio Bernardi Arquivado 05 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Páxina IX.
  2. Véxase (1974) e (1995) en "Publicacións".
  3. Calegher, B. (2015). "Per Giulio Bernardi Arquivado 05 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Páxinas IX-X.
  4. Véxase (2012) en "Publicacións".
  5. 5,0 5,1 "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
  6. Calegher, B. (2015). "Per Giulio Bernardi Arquivado 05 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Páxina X.
  7. "Giulio Bernardi receives Samir Shamma Award". En Coins Weekly, 25 de xullo de 2021.
  8. "Bernardi, Giulio Arquivado 05 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Bernardi, Giulio Arquivado 05 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". WorldCat Identities.
  10. Calegher, B. (2015). "Per Giulio Bernardi Arquivado 05 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Páxinas XI-XIII.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar