Giovanni de' Bardi

literato, militar, escritor, compositor e crítico italiano

Giovanni de' Bardi, nado o 5 de febreiro de 1534 en Florencia e finado en setembro de 1612, conde de Vernio, foi un literato, militar, escritor, compositor e crítico italiano. É coñecido por ser un dos promotores da Camerata Fiorentina ou Camerata de' Bardi.[1]

Infotaula de personaGiovanni de' Bardi
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1534 Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Mortesetembro de 1612 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , crítico literario , compositor , poeta Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaBardi family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: e3d2b587-03b7-44b1-86ea-178e3d4d487e Discogs: 4340274 IMSLP: Category:Bardi,_Giovanni_de' Editar o valor em Wikidata
Pa de Giovanni de' Bardi (Incruscato) na Accademia della Crusca

Giulio Caccini, no prefacio de Euridice, fala del nos seguintes termos:

All'Illustrissimo Signore il Signor Giovanni Bardi de' Conti di Vernio, Luogotenente Generale dell'Una e dell'Altra Guardia di N. S.RE Oss.mo

Ás veces é coñecido como Giovanni de' Bardi ou Giovanni dei Bardi[2].

Traxectoria editar

Giovanni de' Bardi naceu en Florencia o 5 de febreiro de 1534. Pertencente á rama da famosa familia Bardi de Vernio, estudou latín, grego e composición musical, aínda que durante os seus anos de xuventude participou en campañas militares. Combateu en Siena contra o exército de Cosimo I de' Medici e logo participou no asedio de Malta contra os turcos en 1565. Posteriormente, co rango de capitán, combateu xunto a Maximiliano II, contra os turcos en Hungría. Mais cando non se atopaba en campañas militares exerceu como mecenas de música e arte no seu pazo de Florencia.

Bardi é famoso por se o anfitrión, patrón e inspirador do grupo de compositores, teóricos musicais e académicos que formaban a Camerata Florentina, o grupo que tentou restaurar o efecto estético da antiga música grega á práctica contemporánea. Algunhas personalidades que formaron parte do grupo foron Vincenzo Galilei (pai do astrónomo Galileo), Giulio Caccini, e Pietro Strozzi, e derivaron a súa inspiración de escritos de Girolamo Mei, o primeiro erudito do teatro grego antigo e a música da época. O resultado da asociación foi a invención da monodía, e pouco despois, a ópera; ademais, as innovacións introducidas na música pola Camerata baixo a dirección de Bardi foron algunhas das características definitorias da música barroca.

Aínda que tamén era compositor, poucas das súas obras sobrevivíron: unicamente uns cantos madrigais. Curiosamente, parece que non provou sorte coa monodía el mesmo. Así mesmo, organizou ou escribiu varios intermedi en Florencia, os entretementos populares da corte que tiñan lugar entre os actos dos dramas falados (e que inclúen actuación, cancións, danza e mimo — e polo tanto sendo outro importante precursor da ópera). Tamén escribiu obras de teatro, incluíndo algunhas das obras para as que tamén se escribiron os intermedi.

Vincenzo Galilei tiña un alto concepto de Bardi, e adicoulle o seu famoso Dialogo della musica antica et della moderna. No Dialogo, Galilei condena a polifonía, alaba a monodía, e expresa o seu desexo de que se restaure a práctica musical da Antiga Grecia; a música contemporánea, corrupta e incomprensible, debería ser substituída por unha versión idealizada da suposta música antiga de Grecia. Ironicamente, a Contrarreforma do Concilio de Trento acababa de condenar a práctica polifónica, pola mesma suposta falta (era demasiado difícil de comprender o seu texto), mais por razóns espirituais e non seculares.

A ópera de Bardi L'amico Fido, posta en escena por Bernardo Buontalenti foi interpretada en 1586 no Salone degli uffizi, con ocasión da voda entre Virginia De' Medici e Cesare D'Este.

Calcio florentino editar

Giovanni Bardi tamén escribiu as regras en vigor na súa época do Calcio florentino (1580). O regramento conta con 33 capítulos (Capitoli), e constitúe a día de hoxe a base das regras do xogo moderno. Para este traballo, contou coa axuda do historiador Giulio Dati il Licurgo di sì fatta pugna[3].

Notas editar

  1. Britannica.com
  2. Salvino Chiereghin, Storia della musica italiana - Dalle origini ai nostri giorni, Vallardi, Milán, 1937
  3. Dati 1824, p. XXXIV

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • "Camerata", "Giovanni de Bardi" en The New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. 20 vol. Londres, Macmillan Publishers Ltd., 1980. ISBN 1-56159-174-2
  • Gustave Reese, Music in the Renaissance. Nova York, W.W. Norton & Co., 1954. ISBN 0-393-09530-4

Ligazóns externas editar

Francesca Chiarelli at goldsmiths.ac.uk Consultado 2011-12-02