Giannutri é unha pequena illa situada no mar Mediterráneo próxima á costa italiana da Toscana. Administrativamente pertence ao municipio de Illa del Giglio.

Modelo:Xeografía políticaGiannutri
Imaxe

Localización
Mapa
 42°15′N 11°06′L / 42.25, 11.1Coordenadas: 42°15′N 11°06′L / 42.25, 11.1
EstadoItalia
RexiónToscana
ProvinciasProvincia de Grosseto
ComunasIlla del Giglio Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación13 Editar o valor em Wikidata (5 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie2,6 km² Editar o valor em Wikidata
Medición0,5 (ancho) × 3 (lonxitude) km
Bañado porMar Tirreno Editar o valor em Wikidata
Altitude88 m Editar o valor em Wikidata
Creación1883 Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situada no mar da Liguria, Giannutri constitúe a illa que se localiza máis ao sur dentro do Arquipélago Toscano. A súa forma recorda a unha media lúa. Caracterízase pola presenza de tres cumes: "Capel Rosso", "Sobe Mario" e "Poggio do Cannone". A súa costa Leste é recortada e contén dúas baías, "Cala dello Spalmatoio" (no nordeste) e "Cala Mestra" (no noroeste). Ao longo da costa atópanse numerosas covas. A máis coñecida é a cova "Banquete dei Grottoni" no sur da illa.

Historia editar

A illa de Giannutri habitouse ocasionalmente durante a Idade de Bronce, viu o seu apoxeo na época romana, cando se fixo o porto e unha vila na costa oeste. Historicamente, a illa chamouse Artemisia, Αρτεμισια en Grego e Dianium en romanés.

Terminado o esplendor da época romana, a illa estivo deshabitada por moito tempo, desde o século III ata o 805, cando Carlomagno doou á Abadía de Font Fontane algunhas terras, incluída a illa, que volveu ser habitada por monxes cenobíticos e algúns ermitáns. Está situada en mar aberto e cunha superficie case plana non permite refuxios naturais en caso de invasións piratas. A miúdo, os piratas desembarcaron alí mesmo para atopar refuxios temporais nas covas da illa, agardando os ataques á costa da Toscana.

Nos seguintes séculos, a illa foi asignada por enfileusis á familia Aldobrandeschi de Sovana en 1269, á familia Orsini de Pitigliano, o 15 de xuño de 1410 e a Siena o 12 de agosto de 1452 por asignación ao Papa Nicolao V.[1]

A illa cambiou varias veces de dominio: español, francés e alemán e ás veces se converteu nun refuxio de piratas e sarracenos ata o Tratado de Lunéville que asignou Giannutri ao Reino de Etruria en 1801, despois ao Gran Ducado de Toscana ata a unificación italiana en 1861.

Converteuse en parte do Estado dos Reais Presidios na segunda metade do Cinquecento, baixo dominio español.

Durante varios séculos o goberno español estudou a posibilidade de establecer en Giannutri un sistema defensivo co fin de permitir o desenvolvemento de vivendas. Varias fortificacións foron deseñadas no curso do Settecento, pero nunca foron feitas. Entre as poucas estruturas defensivas que foron construídas, houbo unha torre de infrecuente sección octogonal e unha impoñente fortaleza de sección cuadrangular en tres niveis que se construíu para o seu uso como refuxio subterráneo no caso de ataques piratas. De 1800 a 1801, estivo baixo dominación francesa despois da conquista de Italia por Napoleón.

En 1806, unha pequena gornición militar foi enviada á illa.[1] O 10 de maio de 1809, un grupo de desembarco do HMS  Seahorse do HMS Halcyon desembarcou en Pianosa e Giannutri. O desembarco destruíu os fortes e capturou ao redor de 100 presos logo de catro horas de loita. As perdas británicas foron un marine morto e un ferido.[2]

En 1861 cando a illa pasa a formar parte do Reino de Italia, construíuse na costa sur o Faro di Capel Rosso.

O ministro de Finanzas Quintino Sella, mediante un Real Decreto, doou a illa á Comuna de Giglio en 1865 para establecer unha granxa.

En 1908, a Comuna vendeu a illa á familia Ruffo della Scaletta, que permaneceu como dono ata a morte do Príncipe Rufo. Nos anos sesenta e setenta, o investimento inmobiliario transformou radicalmente a illa; en poucos anos construíronse un balneario en Cala Spalmatoio e moitas casas espalladas pola illa. A Società Porto Romano declarouse en bancarrota e os numerosos propietarios das casas víronse obrigados a formar unha sociedade, chamada Libero Consorzio Giannutri, para administrar a illa.

Clima editar

O clima é particularmente doce no inverno, polo que varias plantas tropicais prosperan nesta illa (euphorbia, palmeiras e orquídeas salvaxes...).

Patrimonio cultural editar

Dentro da súa atracción turística, inclúese a Vila Domizia, unha antiga vila romana situada na praia.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Repetti on-line". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2018. 
  2. Naval Chronicle, Vol. 22, p.255.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar