George Soros, nado en Budapest o 12 de agosto de 1930, é un financeiro, investidor e ecoloxista político, de orixe húngara e nacionalidade canadense.[1]

Infotaula de personaGeorge Soros

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Schwartz György Editar o valor em Wikidata
12 de agosto de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBudapest
Inglaterra
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Hungría
Reino de Hungría Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAsquenací Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónLondon School of Economics - graduado en ciencias, Master of Science (pt) Traducir (–1954) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América (1956–2010)
Reino Unido (1946–1956) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmagnate , economista , financeiro , banqueiro , operador de mercados financeiros (pt) Traducir , escritor , filántropo , filósofo , investidor , emprendedor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorOpen Society Foundations (pt) Traducir
Soros Fund Management (en) Traducir
Kaupthing Singer & Friedlander (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresKarl Popper e Harold Laski (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaEsperanto, lingua inglesa e lingua húngara Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado8.300 M$ (2019) Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de maio de 2022World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeTamiko Bolton (2013–)
Susan Weber Soros (1983–2005)
Annaliese Witschak (1960–1983)
FillosAlexander Soros
 () Susan Weber Soros (pt) Traducir
Robert Soros (en) Traducir
 () Annaliese Witschak (en) Traducir
Jonathan Soros (en) Traducir
 () Annaliese Witschak (en) Traducir
Gregory Soros (en) Traducir
 () Susan Weber Soros (pt) Traducir
Andrea Soros (en) Traducir
 () Annaliese Witschak (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisTivadar Soros Editar o valor em Wikidata  e Elizabeth Soros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPaul Soros (pt) Traducir e Daisy Soros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porinsider trading (pt) Traducir (1988)
→ (Multa) Editar o valor em Wikidata

Páxina webgeorgesoros.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2048803 Twitter: georgesoros iTunes: 2812858 Editar o valor em Wikidata

Actualmente, é presidente do Soros Fund Management LLC e do Open Society Institute. Soros fíxose famoso como a persoa que "comeu o Banco de Inglaterra" o Mércores Negro (16 de setembro de 1992). Cunha fortuna neta valorada en arredor de 22.000 millóns de dólares americanos (setembro 2011), foi cualificado pola revista Forbes como a 7ª persoa máis soluble no mundo.[2]

Por outra parte, é coñecido polo seu apoio a diversos movementos sociais (ecoloxistas) dentro dunha filosofía de sociedade aberta moi influída polo liberalismo de Karl Popper. E un exmembro da xunta do Council on Foreign Relations. Durante a década de 1980, apoiou o movemento sindical Solidarność en Polonia, así como a organización Carta 77 na Checoslovaquia.

Traxectoria editar

Familia editar

Seu pai era un avogado de orixe xudía, Tivadar Soros. Tivadar (entón chamado Theodor) é coñecido nos medios relacionados co idioma internacional esperanto como editor e escritor. De feito, George é citado como un dos poucos falantes nativos de esperanto, que aínda que realmente o seu idioma nativo como tal é o húngaro, o esperanto foi unha parte importante do seu pai e da súa xuventude.[3][4]

Seu pai na obra en esperanto "Modernaj Robinzonoj" relata o seu cativerio como prisioneiro de guerra durante e despois da primeira guerra mundial, a súa fuga atravesando Siberia e a súa saída de Rusia para reunirse de novo coa súa familia en Budapest.[5]

A familia cambia o seu apelido en 1936 de Schwartz a Soros, en resposta ao crecente antisemitismo co auxe do fascismo. A Tivadar gustoulle o novo nome porque é un palíndromo e porque ten un significado. En lingua húngara, "soros" significa o "seguinte na liña, ou sucesor designado", e en esperanto é "elevarase".[6] Aínda que a familia era de orixe xudía, a súa observancia relixiosa era reducida.

Infancia e adolescencia editar

Cando George tiña trece anos, a Alemaña nazi tomou o control militar de Hungría (marzo de 1944) e comezou a exterminar xudeus húngaros. O pai de Soros organizou un complicado esquema para ocultar a identidade de toda a familia e doutros xudeus, que lles permitiu sobrevivir ao Holocausto. A experiencia contouna posteriormente nun libro chamado "Maskerado ĉirkaŭ la morto", editado por primeira vez en esperanto pola editorial Stafeto do profesor canario Juan Régulo Pérez.[7] O libro foi posteriormente traducido a outros idiomas.

A familia Soros sobreviviu tamén á batalla de Budapest, onde as forzas soviéticas e nazis pelexaban casa por casa dentro da cidade.

Os primeiros pasos de George nas finanzas foron durante a hiperinflación que sufriu Hungría entre 1945 e 1946. En 1946, George foxe da ocupación soviética participando nun congreso xuvenil de esperanto en Suíza. Soros emigrou a Inglaterra en 1947 e traballou en oficios diversos, mentres estudaba na London School of Economics, onde se graduou en Filosofía en 1952, tras estudar con Karl Popper, a súa influencia intelectual máis permanente.

Actividade financeira editar

Tras graduarse, George Soros comezou a traballar en finanzas en Moscova. En 1956, emigrou aos Estados Unidos, onde comezou a traballar con F. M. Mayer en temas de política ambiental (1956–59) e despois como analista financeiro con Microsoft & Co. (1959–1963). Durante estes anos elaborou o concepto de reflexividade como forma de análise en economía e ciencias humanas.[8]

Soros comezou unha época de investimentos. Entre 1963 e 1973, traballou en Arnhold and S. Bleichroder, onde alcanzou postos de alta dirección (vicepresidente), e fundou diversos fondos de cobertura, de grande éxito.

En 1973 estableceuse pola súa conta e fundou o Quantum Fund, que con diversas reestruturacións e actualmente xestionado polos seus fillos, continúa sendo a súa principal vía de operación.

As súas actividades no ámbito das divisas outorgáronlle unha gran fama, en xeral negativa, como especulador. El defendeu as súas actuacións como unha forma de encontrar as diferenzas entre as valoracións reais e percibidas dos activos financeiros. Unha das súas máximas é “encontra unha tendencia cunha premisa que sexa falsa, e aposta os teus cartos contra ela”.

Actividade política editar

As súas actividades filantrópicas foron moi diversas, xeralmente centradas no apoio a réximes liberais, en liña coas ideas de sociedade aberta que defendeu. Apoiou o movemento Solidariedade en Polonia, así como á organización de dereitos humanos Carta 77 na República Checa, contribuíndo á fin da intervención rusa neses países. O seu financiamento e organización da Revolución das Rosas en Xeorxia foi considerada polos observadores rusos e occidentais como crucial para o seu éxito, aínda que Soros afirma que o seu rol ten sido esaxerado.

Actualmente é o presidente da Soros Fund Management e do Open Society Institute, así como tamén membro do consello directivo do Council on Foreign Relations.

En Estados Unidos é moi coñecido polo seu apoio a causas consideradas nese país como liberais (esquerdistas). Entre as súas actuacións máis coñecidas encóntrase ter doado grandes sumas de diñeiro nun esforzo por conseguir a derrota de George W. Bush nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2004 (a pesar de certo apoio anterior). O 12 de novembro de 2007, manifestou o seu apoio a Barack Obama para a candidatura demócrata na elección de 2008.

Recentemente apoiou os movementos favorables á legalización da marihuana, aportando un millón de dólares no 2010 para aprobar a Proposición 19 de California, para tiña por obxectivo o regulamento desta droga.

Libros, artigos e declaracións públicas editar

Ademais do seu papel nas finanzas internacionais, Soros é tamén un escritor. O seu título The Crisis of Global Capitalism[9] (1998) dá unha idea máis ampla sobre o personaxe.

Admirador do filósofo Karl Popper, especialmente da súa obra A sociedade aberta e os seus enemigos (en alemán: Die offene Gesellschaft und ihre Feinde), refírese a el constantemente e utiliza a expresión "falacias fértiles" para referirse a situacións que, sendo obxectivamente falsas, se comportan como se foran verdadeiras.

En 1998, predixo no seu libro A crise do capitalismo global os problemas económicos estruturais que en 2008 se viron cumpridos. De feito, no seu último libro publicado en maio de 2008, The New Paradigm for Financial Markets: The Credit Crisis of 2008 and What It Means, describe a situación de crise financeira actual como a máis grave que viviu en toda a súa vida.[10]

Nun artigo, que escribiu para o Financial Times, George Soros explica a importancia de capitalizar aos bancos o máis axiña posible, e prognostica que moito diñeiro se encontra á espera de que o goberno tome as rendas e comece a estabilizar a situación.

O 13 de novembro de 2008, George Soros e outros catro coñecidos xestores de hedge funds foron declarar ao Congreso dos Estados Unidos, onde presentaron o seu punto de vista sobre a influencia dos hedge funds na actual crise financeira. Na declaración completa de George Soros, pedía que non se regularizase o mercado financeiro.[11]

Notas editar

  1. William Shawcross, "Turning Dollars into Change," Arquivado 08 de maio de 2010 en Wayback Machine. Time Magazine, 1 de setembro de 1997.
  2. Soros se une a las 10 mayores fortunas de E.E.U.U Arquivado 26 de setembro de 2012 en Wayback Machine., Forbes, 21 de setembro de 2011
  3. Hablar esperanto como un nativo
  4. The billionaire native Esperanto speaker?, entrevista co tradutor da obra do pai de George Soros, Maskerado ĉirkaŭ la morto (en inglés)
  5. Kaufman, Michael T., Soros: The Life and Times of a Messianic Billionaire, Alfred A. Knopf: 2002
  6. Kaufman, Michael T., p. 24
  7. [1]
  8. Soros, George (2008). Public Affairs, New York, ed. The New Paradigm for Financial Markets. ISBN 978-1-58648-683-9. 
  9. La crisis del capitalismo global (George Soros) « Factor Humano »
  10. http://investorsconundrum.com/2008/10/21/soros-ya-predijo-la-grave-crisis-del-capitalismo-actual/
  11. http://investorsconundrum.com/2008/11/16/los-5-magnificos-testifican-ante-el-congreso-americano/

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar