Gamba branca

especie de crustáceos
Gamba branca
Parapenaeus longirostris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Dendrobranchiata
Infraorde: Caridea
Familia: Penaeidae
Xénero: Parapenaeus
Especie: P. longirostris
Nome binomial
Parapenaeus longirostris
(Lucas, 1846)
Sinonimia
Referencia:[1]

  • Penaeus bocagei Johnson, 1863
  • Penaeus lividus Filhol, 1885
  • Penaeus longirostris Lucas, 1846
  • Peneus cocco Prestandrea, 1833

A gamba branca,[2][3] ou gamba propiamente dita,[4] Parapenaeus longirostris (Lucas, 1846),[1] é un crustáceo decápodo da familia dos peneidos que ten o seu hábitat nas costas do Atlántico, tanto occidental, desde Massachusetts á Güiana Francesa, como oriental (incluíndo o Mediterráneo) desde Galicia até Angola.[5][6] Abunda na zona do Golfo de Cádiz, concretamente na costa da Provincia de Huelva.

Características editar

Presenta un rostro convexo na súa metade basal, cóncavo, aplanado polo lateral e lixeiramente dirixido cara a arriba.

O seu bordo inferior é inerme e o superior mostra sete dentes na parte convexa.

O rostro continúa nunha carena que chega até o bordo posterior da casca, nesta se encontra un dente característico.

Aos lados da casca apréciase unha sutura lonxitudinal.

O telson é estreito e de forma apuntada con tres dentes fixos.

É de tonalidade rosa pálida excepto na rexión gástrica onde, debido á súa translucidez, parece violeta.

Pode alcanzar até os 20 cm de lonxitude.

Habita en solos areosos de entre os 180 e os 450 m de profundidade.

Produto alimenticio editar

Adoita capturarse na costa de Huelva (España), na de Marrocos e nalgunhas zonas do Mediterráneo de maneira artesanal. Tamén se captura en Galicia.[4]

Pola súa predilección especial na cociña é común encontrar nos mercados interiores outro tipo de gamba baixo outra denominación.

Adoita prepararse cocida e agregándolle sal gordo, ou pelada en tortillas e en ensalada rusa.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Parapenaeus longirostris (Lucas, 1846) no WoRMS.
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 121. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  3. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 229.
  4. 4,0 4,1 Ríos Panisse (1977), p. 44.
  5. Parapenaeus longirostris (Lucas, 1847) en FAO. adriamed (en inglés)
  6. Gambero rosa del Mediterraneo (o bianco) - Parapenaeus longirostris Arquivado 19 de agosto de 2014 en Wayback Machine. en Il Mare d'Amare (en italiano).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
  • Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar