Peneidos
Peneidos Penaeidae Rango fósil: triásico - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Penaeus monodon | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
A dos peneidos (Penaeidae) é unha familia de crustáceos da orde dos decápodos que inclúe, entre outras, varias especies de importancia económica, como a gamba xigante (Penaeus monodon), a gamba de patas brancas (Litopenaeus vannamei), a gamba branca do Atlántico (Litopenaeus setiferus), a gamba branca (Parapenaeus longirostris) e a gamba da India (Fenneropenaeus indicus).
Estas gambas son obxecto de intensa pesca comercial e tamén produtos da acuicultura en ambientes mariños e dulciacuícolas.
Características
editarPresentan un rostro ben desenvolvido e dentado, que se estende até máis alá dos pedúnculos dos ollos; casaca con sucos cervicais curtos, que non chegan á liña media dorsal; últimos dous pares de pereiópodos ben desenvolvidos; terceiro e cuarto pares de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos dos machos transformados nun apéndice copulador masculino; telson puntiagudo e unha única artrobranquia ben desenvolvida no penúltimo segmento do tórax.[2]
Teñen podobranquias no segundo par de maxilípedos e unha escama antenular interna.[3]
Algunhas especies presentan órganos sensoriais sobre as antenas, a maneira de liña lateral.[4]
As neuronas xigantes mielinizadas dos peneidos peláxicos teñen o récord mundial de velocidade de condución do impulso con respecto a calquera outro animal, 210 m/s (756 km/h).[5]
Xéneros actuais
editarDescribíronse 48 xéneros na familia dos peneidos, 23 dos cales só con representantes fósiles.[1][6]
- Artemesia Bate, 1888
- Atypopenaeus Alcock, 1905
- Farfantepenaeus Burukovsky, 1997
- Fenneropenaeus Pérez Farfante, 1969
- Funchalia Johnson, 1868
- Heteropenaeus De Man, 1896
- Litopenaeus Pérez Farfante, 1969
- Macropetasma Stebbing, 1914
- Marsupenaeus Tirmizi, 1971
- Megokris Pérez Farfante & Kensley, 1997
- Melicertus Rafinesque, 1814
- Metapenaeopsis Bouvier, 1905
- Metapenaeus Wood-Mason & Alcock, 1891
- Parapenaeopsis Alcock, 1901
- Parapenaeus Smith, 1885
- Pelagopenaeus Pérez Farfante & Kensley, 1997
- Penaeopsis Bate, 1881
- Penaeus Fabricius, 1798
- Protrachypene Burkenroad, 1934
- Rimapenaeus Pérez Farfante & Kensley, 1997
- Tanypenaeus Pérez Farfante, 1972
- Trachypenaeopsis Burkenroad, 1934
- Trachypenaeus Alcock, 1901
- Trachysalambria Burkenroad, 1934
- Xiphopenaeus Smith, 1869
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Penaeidae Rafinesque, 1815 no SIIT.
- ↑ Carpenter, Kent E. (2002): Penaeidae en The Living Marine Resources of the Western Central Atlantic, Volume 1 "Introduction, molluscs, crustaceans, hagfishes, sharks, batoid fishes and chimaeras". FAO.
- ↑ "Història Natural dels Països Catalans";Enciclopèdia Catalana, Vol 9, "Artròpodes I", pp. 343.
- ↑ Denton, E. J. and John Gray (1985): "Lateral-line-like antennae of certain of the Penaeidea (Crustacea, Decapoda, Natantia)", Proceedings of the Royal Society B 226 (1244): 249–261
- ↑ Hsu K. e Terakawa S. (1998): "Fenestration in the myelin sheath of nerve fibers of the shrimp: A novel node of excitation for saltatory conduction", Journal of Neurobiology 30 (3): 397–409
- ↑ Grave, Samy De et al. (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Raffles Bulletin of Zoology 21: 1–109.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Peneidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peneidos |
Bibliografía
editar- Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
- Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.]
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Penaeidae Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine. en Encyclopedia of Life (en inglés)