Hippolyte Lucas
Pierre Hippolyte Lucas, coñecido como Hippolyte Lucas, nado en París o 17 de xaneiro de 1814 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 1899, foi un entomólogo francés.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Pierre Hyppolite Lucas ![]() 17 de xaneiro de 1814 ![]() former 12th arrondissement of Paris, Francia (en) ![]() ![]() |
Morte | 5 de xullo de 1899 ![]() París, Francia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía ![]() |
Ocupación | lepidopterólogo, zoólogo, aracnólogo ![]() |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Lucas ![]() |
Familia | |
Irmáns | Prosper Lucas ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Era irmán de Prosper Lucas (1808-1885), médico, cuxos traballos no campo da herdanza biolóxica foron amplamente consultados no século XIX, especialmente o seu Traité philosophique et physiologique de l'hérédité naturelle (París, 1850).
Traxectoria
editarFoi naturalista axudante e despois asistente no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Foi membro da Société entomologique de France.
De 1839 a 1842 participou na comisión científica para a exploración de Alxeria ocupándose, como naturalista, do estudo da fauna entomolóxica deste país.
Publicou traballos sobre os arácnidos das Canarias (1838), Creta (1853), o Brasil (1857) e Cuba (1857).
Describiu numerosos taxons, especialmente de insectos e arácnidos, entre eles a familia dos Thelyphonidae.[1]
Algunhas publicacións
editar- Histoire naturelle des lépidoptères exotiques. Ouvrage orné de 200 figures peintes d'après nature par Pauquet et gravées sur acier. París, Pauquet, Bibliothèque Zoologique, 1835
- Histoire naturelle des animaux articulés. Exploration scientifique de l'Algérie, pendant les années 1840, 1841 et 1842 ... París, Imprimerie Nationale (1844-1849). Publicado en 25 vols, con 122 finas pranchas grabadas
- Con Marc Athanase Parfait Œillet Des Murs. Observations sor un nouveau genre d'Alouette de l'Afrique septentrionale, et sur quefques espèces d'Oiseaux déjà connus. En: Revue et Magasin de Zoologie Pure et Appliquée 3, 1851, pp. 24–33 online
- "Description de nouvelles Espèces de Lépidoptères appartenant aux Collections entomologiques du Musée de Paris". Revue Mag. Zool (2) 4 (3): 128-141 (1852) 4 (4): 189-198 (1852) 4 (6): 290-300 (1852) 4 (7): 324-343 (1852) 4 (9): 422-432, pl. 10 (1852) 5 (7): 310-322 (1853)
- "Animaux nouveaux ou rares, recuillis pendant l'expédition dans les parties centrales de l'Amérique du Sud, de Río de Janeiro a Lima et de Lima au Pará; executée par ordre du gouvernement français pendant les années 1843 a 1847 sous la direction du François Louis de la Porte, comte de Castelnau". Entomologie Voy. Cast 3: 197-199, pl. 1-2 (Lepidoptera) [1859]
Abreviatura
editarA abreviatura Lucas emprégase para recoñecer a Hyppolyte Lucas como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Royal Irish Academy Scanned plates from Histoire naturelle des animaux articulés. (plates incorrectly attributed Gérard Paul Deshayes Láminas escaneadas da Histoire naturelle des animaux articulés. (Láminas incorrectamente atribuídas a Gérard Paul Deshayes).