Gabriel Rufián
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona[1] o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
Gabriel Rufián | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Juan Gabriel Rufián Romero |
Nacemento | 8 de febreiro de 1982 |
Lugar de nacemento | Santa Coloma de Gramenet |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Pompeu Fabra |
Ocupación | político e graduado social |
Na rede | |
https://gabrielrufian.wordpress.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Primeiros anos editar
Fillo e neto de andaluces de Xaén e Granada, que se coñeceron nun acto de Bandera Roja. Aínda que naceu en Barcelona, criouse e medrou no barrio do Fondo de Santa Coloma de Gramenet.[1] Fixo a educación secundaria en Badalona e estudou Relacións Laborais na Universidade Pompeu Fabra[2] e fixo un máster en Xestión de persoal na mesma universidade.[3]
Antes de se dedicar á política, traballou durante dez anos nunha empresa de traballo temporal (ETT) chamada Organización Activa, que se fusionou co Grupo Cosmos, dedicado á subcontratación en Chile, a Arxentina, Romanía e a India. A empresa suspendeu os pagos en outubro de 2014. Rufián continuou traballando para Maipú Works SL (empresa subcontratadora de persoal industrial, regulada pola Lei 32/2006), creada con antigos compañeiros da compañía anterior, onde traballou ata xuño de 2015.[4]
Carreira política editar
A finais de 2013, presentouse para colaborar con Súmate, unha plataforma independentista que agrupa a castelanfalantes onde se converteu nunha figura importante e tivo que enfrontar varias polémicas.[4]
En 2015, ingresou na Assemblea Nacional Catalana (ANC), e en maio pasou a formar parte do seu Secretariado Nacional. O 11 de setembro de 2015 foi un dos protagonistas da Via Lliure cap a la República Catalana como voceiro en castelán da ANC no escenario central do acto da Diada na Meridiana de Barcelona.[5] Durante a campaña electoral para as eleccións catalás do 27 de setembro participou en actos de campaña de Junts pel Sí realizando chamamentos para a participación dos castelanfalantes[6] e mais no acto final da campaña de JxS.[7]
O 30 de outubro anunciou que deixaba a dirección da ANC para presentarse ás eleccións encabezando a lista de Esquerra Republicana de Cataluña ás eleccións ao Congreso dos Deputados do 20 de decembro de 2015.[8][9] En maio de 2016 foi nomeado de novo cabeza de lista de Esquerra para as eleccións xerais do 26 de xuño, formando de nuevo tándem con Joan Tardà.
É colaborador habitual en debates e tertulias de actualidade política en diversos medios de comunicación, entre outros en 2324 de Televisió de Catalunya, El Matí de Catalunya Ràdio, El Punt Avui TV, 13TV,[10] e publica regularmente artigos de opinión en El Matí digital,[11] El Singular,[12] Nació Digital,[13] El Punt Avui,[14] ou El Món.
Polémicas editar
O 21 de novembro de 2018, sendo o portavoz do grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), tras ser advertido tres veces á orde, foi expulsado da cámara do Congreso pola presidenta, Ana Pastor Julián, ao chamar repetidamente ao ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, "gamberro" e "indigno".[15]
En maio de 2021, despois da negación á aprobación dunha lei para persoas transxénero no Congreso dos Deputados, declarou referíndose aos que tiñan prexuízos relixiosos, especialmente católicos: “Ti cres nas serpes que falan, nas pombas que quedan embarazadas e que se nos comportamos mal, chove de lume e queimaranos. E veñen dar leccións de normalidade e adoutrinamento".[16]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 «PERFIL Gabriel Rufián, independentisme en castellà i orgull de barri, Nació Digital
- ↑ Gendrau, Pere (7 de novembro de 2015). "PERFIL Gabriel Rufián, independentisme en castellà i orgull de barri". naciodigital.cat (en catalán). Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ Barrena, Xavi (2 de decembro de 2015). "Gabriel Rufián, de la aluminosis al Congreso". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Pérez Colomé, Jordi (23 de xullo de 2016). "El fin del enigma de Gabriel Rufián". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ «Intervención de Gabriel Rufián na Via Lliure»(en castelán),11 de setembro de 2015.
- ↑ «Acte amb JxSi sobre el castellà, Ara(en catalàn)
- ↑ «Intervenció de Gabriel Rufián a l'acte final campanya Junts pel Si, El Mon Arquivado 28 de outubro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Redacción (7 de novembro de 2015). "ERC elige al independiente Gabriel Rufián para encabezar su lista para el 20D". efe.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ «Gabriel Rufián encapçalarà candidatura ERC a les eleccions 20D, Nació Digital»
- ↑ «Intervencións de Gabriel Rufián en 13TV»
- ↑ «Articles de Gabriel Rufián Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.»
- ↑ «Articles d'opinió Arquivado 12 de maio de 2015 en Wayback Machine.»
- ↑ «De dignitat, d'independència i de Catalunya»
- ↑ «Articles de Gabriel Rufián al Punt Avui»
- ↑ Talegón, Beatriz (21 de novembro de 2018). "Expulsión de Rufián: Lo que realmente ha sucedido en el hemiciclo". diario16.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ Redacción (18 de maio de 2021). "Rufián usa el debate de la 'ley trans' para hacer burla de las creencias de los católicos". elindependiente.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de2021.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabriel Rufián |