Castelán de España

variedade do castelán falado en España

O castelán de España é o conxunto de variedades da lingua castelá falada na Península Ibérica. Adóitanse distinguir dúas grandes áreas dialectais: as variedades setentrionais e as meridionais. Algúns autores tamén falan de dialectos para facer referencia ao castelán falado nas zonas de lingua catalá e lingua galega. Nas áreas urbanas de España os dialectos adoitan ser máis homoxéneos; ademais, a alfabetización da poboación, o desenvolvemento e a expansión dos medios de comunicación, especialmente os falados (televisión e radio), e a profusión da literatura dende mediados do século XX fixeron que cada vez sexa máis frecuente o uso dun español peninsular homoxéneo fronte aos dialectos rexionais, que tenden a desaparecer, sobre todo os do norte. Tódolos dialectos do castelán en España son mutuamente intelixibles entre eles, malia que en ocasións poida xurdir certa dificultade de comprensión entre falantes dunha a outra rexión.

Dialectos do castelán de España (non se inclúe o arquipélago canario).      Amarelo alaranxado - Falas do norte en contacto con outra lingua      Amarelo mostaza - Resto de falas castelás do norte      Amarelo rechamante - Falas de transición do sur      Amarelo pálido - Dialecto andaluz

Variacións rexionais editar

 
Evolución cronolóxica das linguas na Península Ibérica.

Unha das diferenzas máis salientables que hai en España é o uso das tres formas de pronunciación existentes no castelán segundo a rexión, que son o ceceo, o seseo ou, a máis común, a distinción. As variedades do seseo e o ceceo son frecuentes entre as comunidades da zona sur. É común dividir o castelán de España en dous grandes bloques dialectais:

  • Dialectos casteláns setentrionais
  • Dialectos casteláns meridionais

Características editar

Non existe unha característica común a tódalas variedades de castelán de España, de feito a diversidade interna é practicamente tan grande como a que existe entre o castelán de España e o castelán de América. Os medios de comunicación falados usan para as comunicacións formais unha forma estándar baseada nos rexistros do castelán de Madrid, mentres que o castelán de América comparte máis trazos co castelán meridional có setentrional, sobre todo na fonética. Non debe confundirse o castelán estándar comunmente escoitado na maior parte dos medios de comunicación de eido peninsular co castelán de España, que abrangue variedades dialectais que poden ser bastante diferentes entre elas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guillermo Hernández García, José Manuel Cabrales Arteaga (2006). Lengua y Literatura 2. Madrid, SGEL-Educación. ISBN 84-7143-926-3. 
  • Alarcos Llorach, Emilio (1950). Fonología española. Madrid: Gredos. 
  • Hidalgo Navarro, A. e Quilis Marín, M. (2004). Fonética y fonología españolas (2.ª ed.). Valencia: Tirant lo Blanch. 
  • Hualde, José Ignacio (2005): The sounds of Spanish, Cambridge University Press, 2005.
  • Martínez Celdrán, Eugenio (1989). Fonología general y española. Barcelona: Teide. 
  • Martínez Celdrán, Eugenio (2000), Fonología funcional del español (cap. 7) en M. Alvar (Director). Introducción a la lingüística española. Barcelona: Ariel. pp.139-153. 
  • Penny, Ralph (1993): Gramática histórica del español, Ariel, Barcelona, ISBN 84-344-8265-7.