Gabinet Numismàtic de Catalunya

Sección numismática do Museo Nacional de Arte de Cataluña
Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.

O Gabinet Numismàtic de Catalunya (en galego: "Gabinete Numismático de Cataluña") é un museo monográfico creado en Barcelona en 1931 pola Xunta de Museos, que agrupa as coleccións numismáticas de patrimonio municipal e dalgúns outros organismos oficiais.[1][2]

Gabinet Numismàtic de Catalunya
(Gabinete Numismático de Cataluña)
Edificio do Museu Nacional d'Art de Catalunya, sede do
Gabinet Numismàtic de Catalunya
Coordenadas
PaísCataluña Cataluña
España España
Cidade Barcelona
DirectorMarta Campo i Díaz
Inauguración1931-1932
Superficie45.000 m2
editar datos en Wikidata ]

A súa responsable, co gargo de conservadora xefa, é Marta Campo i Díaz.[3]

Historia editar

Antecedentes: formación da colección numismática editar

 
O tesouro de Sant Pere de Rodes exposto no Gabinet Numismàtic de Catalunya

Como entidade, o Gabinete é o herdeiro das diversas reorganizacións das coleccións públicas que se sucederon en paralelo á historia da súa constitución como museo, aínda que tamén se nutriu de varias adquisicións e doazóns, entre as que cómpre salientar particularmente a do avogado catalán Josep Salat i Móra (1762-1832), que constituíu o piar da colección inicial do Gainete. A doazón de Salat, feita en 1819 á Xunta de Agricultura, Industria e Comercio de Barcelona, estaba constituída por 796 moedas e 33 medallas.

Máis tarde, no ano 1881, a colección de moedas pasou ao extinto Museo Provincial de Antigüidades de Barcelona (1880-1932), que xa contaba no momento da súa creación con outras 818 moedas e 123 medallas.

En 1882 fundouse o Museo Martorell, na Ciutadella, a partir da doazón feita, en 1878, por Francesc Martorell i Peña, de 1640 moedas e 70 medallas. O Museu Martorell foi aumentando os seus fondos con máis doazóns e adquisicións, como as da colección Clemente Pujol (1883), con 224 pezas, a colección Artur Pedrals (1889), con 451 moedas e 43 medallas, ou a colección de Francesc Esteve Sans (1904), con 2076 pezas e tamén libros especializados.

En 1907, a Xunta de Museos achegou ademais 3.386 moedas e 430 medallas.

No ano 1923, pasou tamén a patrimonio público o legado numismático de Ròmul Bosch i Alsina, importante empresario naval, presidente da Xunta de Obras do Porto e alcalde de Barcelona, formado por 5.396 pezas.

Así as cousas, no ano 1931, cando foi constituído o Gabinete Numismático de Cataluña, tíñase xa reunido un fondo de arredor de 18.000 pezas. E ademais do seu número, a outra cuestión importante é a representatividade nesta colección das diferentes series de moedas gregas, romanas, visigodas, catalanoaragonesas, castelás, etc.; sistemas monetarios que funcionaron en Cataluña e cos que as súas xentes se relacionaron ao longo da historia en diferentes períodos políticos e culturais.[4]

O Gabinet Numismàtic de Catalunya como institución editar

 
Vitrinas da exposición do Gabinet Numismàtic de Catalunya

Unificada, pois, a importante colección e creado o Gabinete en 1931, desde ese ano e ata a súa xubilación en 1957, o numismático valenciano Vicenç Amorós i Barra foi o seu organizador e primeiro director, seguindo as instrucións da Xunta de Museos, que lle fixera a encarga. Amorós dotouno inicialmente de seis salas de exposición e de instalacións para a investigación.[5]

No ano 1948, o Gabinete instalouse na á oriental no andar superior do pazo do Parque da Ciutadella (sede, décadas máis tarde, do Parlament de Catalunya) e considerouse naquela época entre os mellor equipados de Europa no seu xénero.

Entre 1957 e 1980 diminuíu notablemente a actividade, ata o punto de que ese último ano chegaron a desmantelarse as salas de exposicións e de traballo, e o gabinbete foi trasladado para o Pazo da Vicerraíña, na Rambla. Perdida xa a súa identidade propia, en 1986 converteuse nun departamento do Museo de Historia de Barcelona e, posteriormente, pasou a formar parte do Museo Nacional de Arte de Cataluña, con sede no Palau Nacional, en Montjuïc.

Xa na súa sede de Montjuïc, o Gabinete Numismático de Cataluña permite ao visitante coñecer a traxectoria da fabricación e da circulación monetaria en Cataluña. O Gabinete custodia exemplares das principais series numismáticas, emitidas desde o século VI a. de C. ata o presente, ata un total de arredor de 100.000 pezas, entre moedas e medallas, número que continúa a aumentar con progresivas doazóns e adquisicións.[6][7] Conta, ademais, cunha excelente biblioteca especializada.[8]

Pola súa vinculación ao Museo Nacional de Arte de Cataluña, o Gabinete forma parte, entre outras federacións e entidades, da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[9]

Publicacións editar

 
Pacífico de ouro cuñado en Barcelona a nome de Pedro IV, rei de Aragón e conde de Barcelona, exposto no Gabinet Numismàtic de Catalunya

Tanto nos seus inicios, con dependencia municipal ou doutras institucións (Concello de Barcelona, Xunta de Muesos, etc.), como, posteriorrmente, dentro do programa de publicacións do Museo Nacional de Arte de Cataluña, o Gabinete Numismático de Cataluña publicou as seguintes monografías sobre tema numismático:[10]

  • (1933): Les dracmes empuritanes. J. Amorós.
  • (1933): D'una troballa de monedes emporitanes i la possible cronologia de les monedes d'Empuries. J. Amorós.
  • (1950): Aportación al estudio de las monedas de Laie. Gimeno Rúa, F.
  • (1952): Catálogo de las monedas visigodas del Gabinete Numismático de Cataluña. J. Amorós.
  • (1958): Medallas de los acontecimientos, instituciones y personajes españoles. J. Amorós.
  • (1982): El Tresor de Puig-Reig. P. Vegué. Catálogo de exposición.
  • (1992): La moneda a les fronteres romanes. Cicle de Conferències del GNC. Autoría colectiva.
  • (1993): Moneda i finances a l'antiga Mediterrània. Cicle de Conferències del GNC. Autoría colectiva.
  • (1995): El missatge de la moneda a la Roma antiga. VIII Cicle de conferències del GNC. Autoría colectiva.
  • (1996): L'ús de la moneda a les ciutats d'Hispània. IX Cicle de conferències de GNC. Autoría colectiva.
  • (1997): La moneda en temps d'August : curs d'història monetaria d'Hispània. Autoría colectiva. ISBN 9788480430289
  • (1998): La moneda en la societat ibèrica. II Curs D'Història monetària a Hispania. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-042-5
  • (1998): La imatge del poder a la moneda. Marta Campo. ISBN 9788480430340
  • (1999): El Tresor de Sant Pere de Rodes. Moneda, comerç i art a l'inici de segle XVI. T, Marot. ISBN 978-84-8043-051-7
  • (1999): El Tresor de Sant Pere de Rodes. Una ocultació de monedes d'or i plata a l'inici del segle XVI. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-049-4
  • (1999): Moneda i exèrcits. III Curs d'Història monetària del GNC. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-063-0
  • (2000): Moneda i administració del territori : IV Curs d'Història Monetària d'Hispània. Autoría colectiva. ISBN 9788480430753
  • (2001): La medalla modernista. J. Gimeno. ISBN 978-84-8043-085-2
  • (2001): Moneda i vida urbana.V Curs d'Història monetària d'Hispània del GNC. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-088-3
  • (2002): Funció i producció de les seques indígenes : VI Curs d'Història monetària d'Hispània. Autoría colectiva. ISBN 9788480431033
  • (2003): Les imatges monetàries: Llenguatge i significat. VII Curs d'Història monetària d'Hispania del GNC. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-116-3
  • (2004): La moneda de l'Imperi romà. VIII Curs d'Història monetària d'Hispània. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-134-7
  • (2004): Guia numismàtica. Marta Campo et al. ISBN 978-84-8043-132-3
  • (2005): La Moneda al final de la República: entre la tradició i la innovació. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-155-2
  • (2006): Mediae Aetatis Moneta. La Moneda a la Mediterrània Medieval. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-158-3
  • (2006): Moneda, Cultes i Ritus. X Curs D'Història Monetària d'Hispània. María José Pena et al. ISBN 978-84-8043-164-4
  • (2007): Cinc segles de numismàtica catalana. M. Campo, A. Estrada-Rius et al. ISBN 978-84-8043-173-6
  • (2007): La interpretació de la moneda : passat i present. Marta Campo. ISBN 9788480431828
  • (2008): Els tallers monetaris: organització i producció. XII Curs d'Història monetària d'Hispània. Autoría colectiva. ISBN 978-84-843-193-4
  • (2008): Monedes en Lluita. Catalunya a l'Europa napoleònica. A. Estrada-Rius et al. ISBN 978-84-8043-186-6
  • (2009): Ús i circulació de la moneda a la Hispània Citerior. XIII Curs d'història monetària d'Hispània. Marta Campo et al. ISBN 978-84-8043-208-5
  • (2009): Els Ibers, cultura i moneda. Marta Campo et al. ISBN 978-84-8045-207-8
  • (2010): Falsificació i manipulació de la moneda. XIV Curs d'Història monetària d'Hispània. Autoría colectiva. ISBN 978-84-8043-227-6
  • (2010): La moneda falsa de l'antiquitat a l'euro. Albert Estrada-Rius et al. ISBN 978-84-8043-220-7
  • (2011): Mites, ofrenes funeràries i monedes. Marta Campo et al. ISBN 978-84-8043-244-3
  • (2012): La moneda en temps de crisi. XVI Curs d'història monetària d' Hispània. M. Campo (coord.). ISBN 978-84-8043-255-9
  • (2012): Déus i mites de l'antiguitat. L'evidència de la moneda d'Hispània. Marta Campo et al. ISBN 978-84-8043-246-7
  • (2013): Revolució industrial i producció monetària. La Seca de Barcelona i el seu context. Estrada-Rius Albert (ed.). ISBN 978-84-8043-266-5
  • (2014): Històries metàl.liques. Art i poder a la medalla europea. Albert Estrada-Rius. ISBN 978-84-8043-271-9
  • (2014): Pellofes & ploms eclesiàstics : un patrimoni numismàtic per descobrir : XVIII Curs d'història monetària hispànica. Autoría colectiva. ISBN 9788480432740
  • (2016): De la dracma a l’euro. Sistemes i unions monetàries a l’occident d’Europa. Albert Estrada-Rius (coord.). ISBN 978-84-8043-330-3

Notas editar

  1. "Gabinet Numismàtic de Catalunya". En Gran Enciclopedia Catalana. L'Enciclopedia.cat.
  2. Campo, M. (2005)
  3. "Gabinet Numismàtic de Catalunya". Generalitat de Catalunya.
  4. Mataró, A. "El Gabinete Numismático del MNAC tiene hasta 130.000 piezas diversas". En ABC. 22 de maio de 2006.
  5. Estivill Rius, A. "Josep V. Amorós Barra". En Qui era qui a l’Escola de Bibliotecàries. Notícies biogràfiques del professorat (1915-1972). Edicions Universitat Barcelona, 2016. Páxinas 83-84. ISBN 978-84-475-4015-0
  6. Clua, M.; Marot, T. "Adquisicions del Gabinet Numismàtic de Catalunya MNAC". En Butlletí del Museu Nacional d'Art de Catalunya. 1993. Vol I.
  7. Campo, M. (2006-2008)
  8. "Museu Nacional d'Art de Catalunya. Gabinet Numismàtic de Catalunya". En Catalunya.com.
  9. "Museum members". International Art Medal Federation
  10. Procura "Gabinet Numismàtic de Cataluña" en WorldCat.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar