Fry
Nome completo Fry
Bandeira
Baseada en Reino Unido Inglaterra
Tempadas en activo 1 (1959)
Número de pilotos Mike Parkes
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1959
Carreiras 1
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1959

Fry foi un construtor de automóbiles de Fórmula Dúas do Reino Unido. O equipo foi fundado por David Fry e Alec Issigonis,[1], cuxo anterior patrón John Parkes en Alvis levou ao seu fillo Mike Parkes como piloto de desenvolvemento.[2] O coche, construído cas especificacións da Fórmula 2, equipouse cun motor Coventry Climax e construíuse con varios conceptos avanzados, un deseño semimonocasco, unha posición de condución cara a adiante extrema e unha aleta de quenlla na súa parte posterior.

O Fry F2 fixo o seu debut en xuño de 1958 en Brands Hatch, Parkes terminou a súa primeira carreira en sexto lugar en Crystal Palace. Aparecendo nunha serie de carreiras de Fórmula Dous durante 1958 e 1959, o coche foi presentado na Fórmula Un no Gran Premio do Reino Unido de 1959. Parkes non se clasificou para a carreira, marcando o 27º tempo máis rápido,[3] o coche non se presentou en ningún outro Gran Premio do Campionato do Mundo.[3] O coche participou en varias carreiras máis, antes da súa última aparición cun segundo lugar en Brands Hatch na carreira do Boxing Day.

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Puntos Pos
1959 Fry F2 Climax L-4 D MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA 0 NC
Mike Parkes NSC

Notas editar

  1. "Encyclopedia - Fry". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-11-04. 
  2. "Encyclopedia - Mike Parkes". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-11-03. 
  3. 3,0 3,1 "Fry F1 History". ChicaneF1.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 2011-11-05. 

Ligazóns externas editar