Fronteira Militar

(Redirección desde «Fronteiras Militares»)

As Fronteiras Militares foron unhas terras fronteirizas do Imperio dos Habsburgo que actuaron como cordón sanitario contra o Imperio Otomán desde principios da Idade Moderna até finais do século XIX.

Zona sur do Imperio Austro-Húngaro en 1848. En cor bordeos, Reino de Croacia e, en bordeos máis claro, Eslavonia (dentro da monarquía húngara); en cor gris clara, Reino de Dalmacia (dentro do Imperio austríaco); en cor verde, Provincias de Bosnia e Hercegovina (que foron anexionadas anexionadas ao Imperio en 1908); en branco, Fronteiras Militares en Croacia (C.M.F.) e en Eslavonia.

Despois do desastre de Mohács, expansión do Imperio Otomán en Europa supuxo o repregamento da fronteira do Reino de Hungría cara ao norte, perdéndose así moitas terras croatas (e mesmo húngaras).

Defensa da Europa cristiá contra os turcos editar

Gran parte de Croacia e case toda Eslavonia foron ocupadas polos otománs, pero nas zonas que escaparon á conquista, as súas Dietas mantiveron a fidelidade á coroa húngara, encarnada agora no habsburgo Fernando de Austria (o irmán de Carlos V).

 
Home da Fronteira no século XVIII.

Límite cos turcos durante tres séculos, a maior parte de Croacia e Eslavonia convertéronse na fronteira militar, escenario de frecuentes incursións inimigas até a reconquista de finais do século XVII.

Cando, en 1526, a Casa de Austria asumiu o trono do Reino de Hungría (que incluía o de Croacia), e o emperador Fernando I prometeu ao Parlamento Croata que achegaría 200 cabaleiros e 200infantes, e que pagaría outros 800 xinetes para sumarse ás forzas croatas.

En 1553 as terras fronteirizas foron reorganizadas baixo o mando do comandante Iván Lenković. A fronteira dividiuse entre a Krajina Croata e a Alta Krajina Eslavona. A fronteira co Imperio Otomán foi fortificada.

Os gastos militares eran cuantiosos, e o Congreso das Terras de Austria Interior de Bruck an der Mur en 1578 definiu as obrigas de cada territorio na defensa. Así, a nobreza de Estiria financiou a Fronteira Eslavona mentres que as demais (Baixa Austria, Alta Austria, Carniola, Carintia e Salzburgo) financiaron a parte croata.

A pesar do apoio financeiro da nobreza de Austria interior, as finanzas da Fronteira Militar non eran boas. O alto mando de Graz decidiu probar outras alternativas ás tropas mercenarias, pasando na década de 1630 a ofrecer terras e privilexios na fronteira a inmigrantes (como os uskok, guerrillas e refuxiados das terras ocupadas polos turcos) a cambio do seu servizo no exército imperial.

Para evitar o despoboamento das expostas terras fronteirizas, outorgóuselle a liberdade aos campesiños da rexión, fronte ao réxime de servidume doutras terras. En novembro de 1630, o emperador proclamou o Statuta Wallachorum ou Estatuto de Valaquia, regulando o status dos colonos de Valaquia (incluíndo eslavos como croatas, serbios ou romaneses) e especificaba as súas obrigas civís e militares.

 
Mapa da Fronteira Militar a mediados do século XIX (marcada cunha liña vermella).

Por ese tempo, a poboación da fronteira era xa unha mestura entre o pobo croata autóctono e os inmigrantes. A esta nova clase militar, dado o alto número de refuxiados doutros países, especialmente serbios, concedéuselle liberdade de credo, a pesar de que o país era oficialmente católico.[1][2]

Co tempo, a poboación da fronteira converteuse nun estamento militar, mesmo aínda despois da desaparición do dominio turco.[3][4]

Poboación editar

1790 editar

De acordo con datos de 1790, a poboación da Fronteirra Militar estaba composta por:[5]

Por relixións, a poboación incluía (datos de 1790):[6]

1850-1851 editar

En 1850, a poboación da Fronteira Militar era de 958.877 habitantes, dos que o 54 % eran cristiáns ortodoxos.[7]

Por etnias, a poboación en 1850-1851 incluía:[8]

Fin da fronteira editar

Despois de que cesaran as gurrras cos turcos, o Parlamento croata fixo numerosas súplicas para que se desmilitarizara a fronteira. A desmilitarización comezou en 1869 e, o 8 de agosto de 1873, no reinado de Francisco Xosé I, a gran fronteira da Krajina do Banato foi suprimida e o seu territorio incorporado a Hungría, aínda que parte da fronteira da Krajina croata incorporáronse a Croacia (Eslavonia). O 15 de xullo de 1881 publicouse o decreto polo que o resto da Krajina croata, e mais a Krajina de Eslavonia se incorporaron a Croacia-Eslavonia, foi proclamada provincia, pero a incorporación non se realizou até 1882.

Consecuencias da Fronteira Militar editar

Despois de que a antiga República Iugoslava de Croacia declarara a súa independencia de Iugoslavia en 1991, as minorías serbias que vivían na rexión da antiga Fronteira Militar (Vojna Krajina) adoptaron o nome de Krajina para denominar á súa autoproclamada República Serbia de Krajina. Porén, esta entidade serbia tamén incliu algúns territorios que non formaban parte da Frontiera Militar no pasado, mentres que grandes extensións de territorio que constituíran a fronteira residían numerosos croatas, e fóra da zona, en Croacia, vivían tamén moitos serbios, o que ocasionou un grave conflito.

Artigo principal: Guerra de Croacia.

Galería de mapas das fronteiras en distintas épocas editar

Notas editar

  1. Geoadria, Year: 2001, Volume: 6, Issue: 1, Pages/record No.: 81-91, Hrvatsko geografsko društvo - Zadar, Odjel za geografiju, Sveučilište u Zadru, 2001.
  2. Empires and Peninsulas: Southeastern Europe Between Carlowitz and the Peace of Adrianople, 1699-1829, Plamen Mitev, Plamen Mitev, Ivan Parvev, Maria Baramova, Vania Racheva, LIT Verlag Münster, 2011, page 171.
  3. Van Antwerp Fine, John (2006): When ethnicity did not matter in the Balkans: a study of identity in pre-nationalist Croatia, Dalmatia, and Slavonia in the medieval and early-modern periods. University of Michigan Press. ISBN 0 4721 1414 X.
  4. Berger, Walter (1979): Baut dem Reich einen Wall. Das Buch vom Entstehen der Militärgrenze wider die Türken. Leopold Stocker Verlag. ISBN 3 7020 0342 8.
  5. Peter Rokai - Zoltan Djere - Tibor Pal - Aleksandar Kasaš, Istorija Madjara, Beograd, 2002, páxs. 376-377.
  6. Peter Rokai - Zoltan Djere - Tibor Pal - Aleksandar Kasaš, Istorija Madjara, Beograd, 2002, páx. 377.
  7. Dr Tomislav Bogavac, Nestajanje Srba, Niš, 1994, páx. 196.
  8. "Censo oficial de 1850-1851". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 09 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Berger, Walter (1979): Baut dem Reich einen Wall. Das Buch vom Entstehen der Militärgrenze wider die Türken. Leopold Stocker Verlag. ISBN 3-7020-0342-8
  • Van Antwrp Fine, John (2006): When ethnicity did not matter in the Balkans: a study of identity in pre-nationalist Croatia, Dalmatia, and Slavonia in the medieval and early-modern periods. University of Michigan Press. ISBN 0-472-11414-X.

Outros artigos editar