Krajina do Banato

A Krajina do Banato ou Fronteira militar do Banato era a porción da Fronteira Militar austrohúngara situada no Banato.

Mapa da fronteira militair do Banato (e de Eslavonia) en 1849.

A fronteira militar do Banato englobaba a Šajkaška, e estaba limitada polo Principado de Serbia (daquela vasalo otomán) ao sur, o Voivodato de Serbia e do Banato de Timișoara (provincia autónoma do Imperio Austrohúngaro) ao norte, o principado de Transilvania e Valaquia ao leste, e a Krajina de Eslavonia ao oeste.

As principais cidades eran Pančevo, Bela Crkva, Titel, Žabalj, Alibunar, Kovin e Caransebeş.

Este territorio está hoxe dividido entre Serbia e Romanía.

Historia editar

Historia dos serbios na Krajina do Banato editar

À morte de Estevo Lazarević o 19 de xullo de 1427, Djuradj Branković subiu ao trono de Serbia, e despois do acordo con Hungría perdeu Belgrado a pesar das protestas dos habitantes da cidade, levando a súa capital a Kruševac en 1427.[1]

Fixo construír entón unha cidade nova no Danubio, Smederevo, que foi comparada pola riqueza das súas igrexas a Constantinopla, de aí o seu sobrenome, "Djuradj Smederevac" en serbio latino (Djuradj de Smederevo).

O déspota serbio recibiu do emperador Sexismundo I refundador da Orde do Dragón, terras en Hungría: Zemun, Slankamen, Kupinik (hoxe Kupinovo), Mitrovica (hoxe Sremska Mitrovica) no Srem; Stari Bečej (Bečej), Kulpin, Čurug, Sveti Petar, Perlek, Peser e Petrovo Selo (Bačko Petrovo Selo) no Bačkoj, e Bečej (Novi Bečej), Aradac, Veliki Bečkerek (Zrenjanin) e Vršac no Banato.

Como xa fixera o seu predecesor Estevo Lazarević, todas estas cidades e terras foron poboadas por serbios de Macedonia ou de Kosovo que fuxían do avance turco. Polo tanto, antes mesmo da caída de Serbia, as migracións serbias do sur cara ao norte xa comezaran.

O emperador xermánico instalara, con iso, no sur do seu Imperio, ao longo da fronteira cos turcos, tropas de orixe serbia, motivadas e experimentadas na loita contra os otománs. Contaba coas poboacións serbias das terras de Djuradj para reforzas a frontieira.

Oficialización do Banato militar editar

En 1718, despois do Tratado de Passarowitz, os Habsburgo crearon unha provincia militarizada na súa fronteira, o Banato de Temesvar. En 1751, a emperatriz María Teresa introduciu a administración civil ao norte da provincia, pero deixou a parte sur co seu estatuto militar, que foi entón coñecida co nome de Krajina do Banato (Fronteira Militar do Banato. A provincia conservou o seu estatuto de fronteira militar até a supresión destas, en 1871.

Notas editar

  1. Bataković, Dušan T. Histoire du peuple serbe, páx, 79.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Marschang, Franz (2002): Das Banat und die Banater Deutschen im Wandel der Zeit. Karlsruhe: Heinz W. Holler Druck und Verlag GmbH. ISBN 3-929431-15-7

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar