Tratado de Passarowitz
O Tratado de Passarowitz, ou Paz de Passarowitz ou Požarevac, asinouse o 21 de xullo de 1718 e supuxo o fin da guerra Austro-Turca (1716-1718).
Historia e características
editarBaixo a mediación de Inglaterra e das Provincias Unidas, os representantes do Sacro Imperio Romano Xermánico (Austria), da República de Venecia e do Imperio Otomán reuníronse en Passarowitz (Požarevac, ao sueste de Belgrado) en maio de 1718.[1]
Polo Tratado de Passarowitz, Venecia confirmaba a posesión de Dalmacia, as illas Xónicas e as cidades de Préveza e Arta, pero perdía Morea e Creta (que recuperara no anterior Tratado de Karlowitz, 1699).
O Emperador de Austria retiña as súas adquisicións: o Banato de Temesvar, o oeste de Valaquia (Oltenia) e un extenso territorio en torno a Belgrado (aproximadamente a metade de Serbia).
En Bosnia e Croacia, os ríos río Sava e o río Una utilizáronse para fixar as fronteiras.[2]
Como consecuencia do tratado, confirmouse a preponderancia de Austria nos Balcáns e a rexión do Danubio, marcando o final da hexemonía turca, que fora indiscutíbel no período anterior (até o sitio de Viena de 1683).
O tratado significou a fixación dun equilibrio duradeiro entre as potencias da rexión, que non se rompeu até o século XIX aínda que a delimitación territorial variou no Tratado de Belgrado (1739), que devolveu aos turcos o norte de Bosnia, a zona de Belgrado e Oltenia.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- The Times History of Europe, Times Books, Londres, 2002.
Ligazóns externas
editar- Tratado de Passarowit. Enciclopedia Británica (en inglés) Consultada o 9/1/2012.
- Texto do Tratado (en inglés) Consultado o 9/1/2011. A notar que o Emperador de Austria, Carlos VI, titúlase, ademais, como Rei de España (aínda que o Tratado de Rastadt, no que Carlos renunciaba ao trono español xa se firmara o 6 de maio de 1714.
- Expansión dos territorios na Monarquía dos Habsburgo (mapa) Consultado o 9/1/2012.
- O Imperio dos Habsburgo (1648-1914) (mapa) Consultado o 9/1/2012.