Bruck an der Mur

cidade do Land austriaco de Estiria

Bruck an der Mur é unha cidade do Land austríaco de Estiria.

Modelo:Xeografía políticaBruck an der Mur
Imaxe

Localización
Mapa
 47°24′38″N 15°16′07″L / 47.4105556, 15.2686111Coordenadas: 47°24′38″N 15°16′07″L / 47.4105556, 15.2686111
EstadoAustria
EstadosEstiria
Distrito da Áustria (pt) TraducirBruck-Mürzzuschlag (distrito) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación15.837 (2019) Editar o valor em Wikidata (412,42 hab./km²)
Xeografía
Superficie38,4 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Mur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude468 m-491 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creaciónséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Climate Alliance (en) Traducir (1997–) Editar o valor em Wikidata
Orzamento43.943.000 € (2021) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal8600 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico03862 Editar o valor em Wikidata
Código municipal austríaco62139 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Hagen (1974–)
Liévin (1999–)
Veroli (pt) Traducir (2005–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webbruckmur.at Editar o valor em Wikidata
Praza principal de Bruck an der Mur

Xeografía editar

Encóntrase na confluencia dos ríos Mur e Mürz. Favorecida pola súa situcación no cruzamento de grandes camiños e polo súa proximidade a centro siderúrxico de Leoben, conta con manufacturas en produtos de papel. É unha cidade industrialmente activa, e un nó ferroviario na liña principal entre Graz e Viena.

Situada a unha altitude de entre os 468 e os 491 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 85,45 km².

Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2022, a súa poboación é de 15 720 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación é de 184 hab./km².

Historia editar

O rexistro máis antigo que se conserva de Bruck data da época do rei Lois o Xermánico (c. 806-876), sucesor de Ludovico Pío, cando foi identificado, nun rexistro do 20 de novembro de 860, como "ad prucam", un pazo do arcebispado de Salzburgo. O asentamento identificado entón con este nome estaba no lugar que actualmente ocupa o arrabalde agora chamado "St. Ruprecht". O asentamento situado entón no que hoxe é o centro de Bruck é identificado nun rexistro do século IX como "muorica kimundi" (é dicir, a desembocadura do río Mürz).

A cidade foi fundada en 1263 polo rei Otakar II de Bohemia.

Bruck an der Mur foi un importante centro comercial medieval especializado na forxa do ferro.

Foi o lugar de nacemento do duque Ernesto I de Habsburgo O Férreo ou O duque de Ferro, que foi duque de Estiria, Carintia e Carniola, e despois arquiduque de Austria.

Lugares de interese editar

  • Unha igrexa de estilo gótico do século XV.[2]
  • A famosa casa Kornmesser, un edificio de estilo veneciano, construído por Pankraz Kornmesser, no mesmo século (ver na foto arriba).
  • As ruínas da antiga fortaleza de Landskron, queimada nun incendio en 1792.

Cidaes irmandadas editar

Bruck an der Mur está irmandada con:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar