Franxa de Caprivi

Coordenadas: 17°52′12″S 23°1′48″L / -17.87000, -23.03000

A Franxa de Caprivi (en inglés Caprivi Strip; en alemán Caprivizipfel) é un estreito corredor terrestre en forma de mango de tixola de cerca de 450 km de lonxitude e largura media de 30 km,[1] situado no nordeste de Namibia e que permite unir a Rexión de Caprivi co resto do territorio namibio.

Localización da antiga Rexión de Caprivi en Namibia (hoxe de Zambeze), na parte leste da Franxa.

Denomínase así na honra do conde Leo von Caprivi de Caprera de Montecuccoli, chanceler do Imperio alemán entre 1890 e 1894.[2]

Historia editar

Antecedentes editar

 
A Franxa de Caprivi prolonga Namibia até o río Zambeze.
 
A Franxa de Caprivi.

A Faixa de Caprivi creouse polo Tratado de Helgoland-Zanzíbar asinado o 1 de xullo de 1890 entre o Imperio alemán e o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda. O tratado permitía á colonia alemá da África Suroccidental Alemá (Deutsch-Südwestafrika), como entón era chamada Namibia, o acceso a un dos grandes ríos africanos, o Zambeze e, consecuentemente, ao océano Índico, onde se encontraba a outra colonia alemá, a da África Oriental Alemá (Deutsch-Ostafrika), hoxe a parte continental de Tanzania. Aínda que máis tarde, o río demostrou ser unha ruta inaccesíbel para o océano Índico, debido a que non é navegábel debido ás cataratas Victoria.[3]

Este tratado tamén incluía unha cláusala pola que se cedía a Alemaña a illa de Helgoland, no mar do Norte.[4]

No século XX editar

A partir de 1972, a Franxa de Caprivi foomou parte do bantustán de Kavangoland e, en 1990, logo da independencia de Namibia, foi incluída en dúas das novas rexións de Kavango do Leste, ao oeste, e Zambeze, ao leste.

Durante a Guerra Civil de Rodesia do Sur (19701979) durante as operacións do Congreso Nacional Africano contra o goberno do apartheid en África do Sur (19651994), a rexion de Caprivi foi utilizada por diversos grupos armados.

Conflito de Caprivi editar

O conflito de Caprivi foi un conflito armado en Namibia entre o Exército de Liberación de Caprivi (ELC), un grupo rebelde que pretendía secesión da Franxa de Caprivi, e o goberno namibio. A súa principal acción ocorreu o 2 de agosto de 1999, cando o ELC lanzou un ataque en Katima Mulilo, ocupando a estación da radio estatal e atacando unha comisaría de policía, un posto fronteirizo en Wanella e unha base do exército.

As forzas armadas do goberno impediron a tentativa de secesión en poucos días.[5]

Importancia editar

A zona é rica en minerais, flora e fauna numerosa e variada, que inclúe grandes mamíferos, como elefantes, hienas, búfalos, antílopes e leopardos.[6]

Nela sitúase o Parque nacional Nkasa Rupara, a maior extensión pantanosa protexida do país.[6]

O acceso ao río Zambeze confírelle potencial para o establecemento de rutas comerciais até a África austral, pero as dificultades que impón o río, os rápidos e as cataratas, ademais da inestabilidade política, adiou o desenvolvemento económico e comercial da rexión.

Imaxes editar

Notas editar

  1. Caprivi Strip en wiki2.org.
  2. Calleo, D. (1980). The German Problem Reconsidered:Germany and the World Order 1870 to the Present. Cambridge University Press. p. 19. ISBN 978-0-5212-9966-4. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  3. Frank Jacobs (5 de decembro de 2011). "A Few Salient Points". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  4. Perras, Arne (2004). Carl Peters and German Imperialism 1856-1918: A Political Biography. Clarendon Press. pp. 168–179. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  5. "Civil supremacy of the military in Namibia: A retrospective case study". NamibWeb. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Adm. do Goberno (2013). "Mamili (Nkasa Lupala) National Park" (PDF). Ministry of Environment and Tourism of Namibia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar