František Plánička

futbolista checo

František Plánička (pronuncia en checo: [ˈfraɲcɪʃɛk ˈplaːɲɪtʃka]), nado en Praga o 2 de xullo de 1904 e finado na mesma cidade o 20 de xullo de 1996, foi un porteiro de fútbol checo e un dos xogadores máis recoñecidos na historia do fútbol da antiga Checoslovaquia. Xogou durante toda a súa carreira no Slavia Praga, en que o club gañou oito veces a 1. fotbalová liga (a primeira división de fútbol do país) e a Copa Mitropa unha vez. Tamén formou parte da selección nacional do país, en que o seu éxito como porteiro novo contribuíu a que Checoslovaquia ficase subcampioa na Copa Internacional Centroeuropea de 1931-32. Foi o capitán do equipo durante as finais dos Mundiais de Italia 1934 (onde o equipo foi subcampión) e de Francia 1938.

Infotaula de personaFrantišek Plánička

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1904 Editar o valor em Wikidata
Praga, República Checa Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 1996 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Praga, República Checa Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitérios Olšany (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl gat de Praga Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeChecoslovaquia
República Checa Editar o valor em Wikidata
Altura179 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor em Wikidata - 1938 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua checa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaChecoslovaquia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1923-1938 SK Slavia Praha 196(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1926-1938   Selección de fútbol de Checoslovaquia 73(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 1938Mundial de Fútbol Francia 1938
1934Mundial de Fútbol Italia 1934 Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2934876 Editar o valor em Wikidata

Plánička era un xogador valente, até o punto en que no partido de Checoslovaquia contra Brasil no Mundial de Francia 1938, ficou no campo malia sufrir unha lesión grave.[1] Tiña uns reflexos excepcionais e habilidades para bloquear os goles. Tamén se caracterizou polo seu xogo limpo, pois nunca foi amoestado nin expulsado na súa traxectoria. En 1985 a UNESCO concedeulle o Premio Internacional ao Xogo Limpo.

Considerado un dos mellores gardametas da súa xeración e de todos os tempos, en 1999 o IFFHS elixiuno como o mellor gardameta checo, así como o sexto mellor en Europa e o noveno a nivel mundial do século XX.[2] En 2003 foi declarado o mellor gardameta dunha era que incluía xogadores notábeis, como o español Ricardo Zamora e o italiano Gianpiero Combi.[3]

Traxectoria futbolística editar

Plánička viviu e xogou principalmente na capital checa. Nos seus inicios xogou nos clubs Slovan Praha VII, Union VII, Staroměstský SK Olympia e SK Bubeneč. Formou parte do SK Slavia Praha de 1923 a 1938, na que foi unha das etapas de maior éxito na historia do club. Durante esas 13 tempadas o Slavia gañou sete títulos de liga, con Plánička como gardameta en 196 partidos.[4] Xogou un total de 969 partidos, dos cales o Slavia gañou 742. Malia ter unha altura inferior á media para un gardameta (1,72 m), era eficaz nas paradas. O seu estilo acrobático valeulle o alcume de Kocka v Praze («O Gato de Praga»).

En 1932 o Slavia chegou á semifinal da Copa Mitropa. No primeiro encontro gañoulle ao Juventus de Turín por 4 goles a 0. No segundo, o Juventus tivo unha vantaxe de 2 a 0. Ante isto, segundo a RSSSF, o Slavia botou man da obstrución e de deixar correr o tempo como últimos recursos. A situación estendeuse até o punto de que o público, indignado, púxose a guindar pedras ao campo. Unha delas golpeu a Plánička e causoulle unha lesión grave. O Slavia negouse a seguir o xogo e abandonou o campo, o que fixo que ambos equipos fosen descalificados do torneo.[5]

Plánička tamén gañou seis Copas de Bohemia co Slavia: 1926, 1927, 1928, 1930, 1932 e 1935. Obtivo o seu único título internacional en 1938, cando o Slavia logrou a Copa Mitropa.

Traxectoria internacional editar

Entre 1926 e 1938 Plánička xogou 73 veces coa selección de Checoslovaquia, un récord nacional e mundial até 1966, cando Ladislav Novák gañou o seu 74º partido como internacional.[6] Plánička foi o capitán do equipo nacional en 37 ocasións. O seu debut internacional foi contra Italia o 17 de xaneiro de 1926, nun partido que Checoslovaquia perdeu por 1–3.

Mundial de Italia 1934 editar

 
Os gardametas e capitáns Gianpiero Combi (esq.) e František Plánička danse a man no Stadio Nazionale PNF antes da final do Mundial o 10 de xuño de 1934. Italia obtivo a vitoria por 2 goles a 1

Con Plánička, Checoslovaquia clasificouse para o Mundial de Italia de 1934, con el como capitán. Despois de vencer a Romanía na primeira rolda e á Suíza nos cuartos de final, o equipo xogou a semifinal contra Alemaña. Checoslovaquia non tardou en liderar o partido, mais Alemaña alcanzouna no segundo tempo, cando Plánička non puido reaccionar ante un lanzamento dende lonxe de Rudolf Noack.[7] Checoslovaquia recuperou a vantaxe e marcou un gol máis, co que chegou á final por 3 goles a 1.

 
Angelo Schiavio márcalle un gol a Plánička na final do Mundial de Italia de 1934

O 10 de xuño de 1934 Checoslovaquia xogou a final contra Italia, o país anfitrión, que tamén tiña como capitán un dos mellores porteiros do momento, Gianpiero Combi. O combinado checoslovaco púxose por diante no minuto 71, cun gol de Antonín Puč. Porén, dez minutos despois Raimundo Orsi marcou o gol do empate. Xa na prórroga, Angelo Schiavio marcou o gol que lle deu a vitoria a Italia. Plánička acabou o torneo con seis goles en contra en catro partidos.

Mundial de Francia 1938 editar

 
O capitán dos Países Baixos, Puck van Heel (esq.), e Plánička saúdanse antes do partido. Checoslovaquia gañou por 0 a 3 o 5 de xuño de 1938 no Stade municipal du Havre, na primeira rolda do Mundial

Durante a ocupación nazi de Checoslovaquia, Plánička volveu ser o capitán da selección no Mundial de Francia de 1938. Na primeira rolda venceron aos Países Baixos por 3 goles a 0, os tres marcados na prórroga. Na segunda rolda enfrontáronse a Brasil o 12 de xullo, no que foi un dos partidos máis violentos na historia dos Mundiais de fútbol, coñecido como a «Batalla de Bordeos». Un xogador checo e dous brasileiros foron expulsados, e varios xogadores dos dous equipos sufriron lesións graves.

Co marcador 1–1, o checo Oldřich Nejedlý tivo que abandonar o xogo cunha perna rota, e o propio Plánička rompeu un brazo ao chocar co dianteiro do Brasil Perácio, cando este tentaba marcar.[1] Porén, Plánička continuou xogando malia a dor até o fin do partido, cunha prórroga que non afectou a puntuación. O xogo retomouse dous días máis tarde, mais Checoslovaquia, sen Plánička nin os dianteiros Nejedlý e Antonín Puč, perdeu 2–1 e foi eliminada.

Plánička só tivo un gol en contra en 240 minutos de xogo. Tivo a media de goles en contra máis baixa, con 0,38 por 90 minutos (superior á de Aldo Olivieri de Italia, a selección campioa).[8] O partido contra Brasil en Bordeos foi o último de Plánička como internacional.

Tras retirarse editar

Plánička seguiu a xogar ao fútbol após a súa xubilación, cun estilo de vida san e unha boa condición física.[9] O 4 de xullo de 1970 xogou de gardameta por última vez nun equipo sénior de internationais históricos.[9] En 1985 a UNESCO outorgoulle o Premio Honorífico de Xogo Limpo en recoñecemento á súa traxectoria futbolística.

En 1994, tras recibir o premio ao mérito do deporte, Plánička afirmou que lle gustaría ver ao Slavia gañar a liga antes de morrer. Na tempada 1995–1996, despois de 48 anos de espera, Slavia logrou o título de liga e Plánička puido celebralo. Finou dous meses despois en Praga aos 92 anos.[10] Era o último membro vivo da selección checoslovaca do Mundial de Italia 1934. Karel Poborský, entón centrocampista da selección checa, aprazou a sinatura da súa fichaxe polo Manchester United para asistir ao funeral de Plánička.

Premios individuais editar

  • All-Star do Mundial: 1938
  • Mellor Porteiro do Mundial: 1938
  • Premio de Xogo Limpo da UNESCO: 1985
  • Premio de Xogo Limpo checo: 1994

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Algunhas fontes indican que Plánička rompeu o brazo dereito nun choque co dianteiro brasileiro Perácio. ("Brazil 1938 World Cup". Europe Between East And West (en inglés). 17 de decembro de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2023. ) As fontes brasileiras afirman que a lesión produciuse cando o gardameta bateu co poste da portería ao tentar desviar un disparo de Brasil. Tamén se suxire que Plánička non só rompeu un brazo, senón tamén unha clavícula (ou dislocouna), ou que lesionou a clavicula mais non o brazo. (Natusch, Igor (23 de marzo de 2010). "Senhoras e senhores, František Planička". Carta na Manga (en portugués). Consultado o 16 de xaneiro de 2023. )
  2. "IFFHS HISTORY: THE WORLD’S BEST PLAYER OF THE CENTURY (1900-1999)". IFFHS (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  3. Graziano, Mirko (19 de novembro de 2011). "Buffon Prende Combi, punta Tacconi Se rinnova può arrivare a Zoff". La Gazzetta dello Sport (en italiano) (Turín: RCS MediaGroup S.p.A.). Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  4. Jeřábek, Luboš (2007). Český a československý fotbal - lexikon osobností a klubů (en checo). Grada Publishing a.s. p. 154. ISBN 9788024716565. 
  5. Stokkermans, Karel. "Mitropa Cup 1932". RSSSF (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2023. 
  6. Mamrud, Roberto (1 de novembro de 2022). "Czechoslovakia/Czech Republic - Record International Players". RSSSF (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2023. 
  7. Wallace, Irving; Wallechinsky, David. "History of the World Cup Soccer Championships 1934 Czechoslovakia v. Germany". Trivia-Library (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2023. 
  8. Despois do gardameta húngaro József Háda, quen xogou 90 minutos sen ningún gol en contra na competición.
  9. 9,0 9,1 "Plánička František (1904-1996)". HAMELIKA - Vše o historii Mariánských Lázní (en checo). Consultado o 18 de xaneiro de 2023. 
  10. Source: Zivot.lesk.cas.sk

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar