Francina Armengol

política española

Francesca Lluc Armengol Socías, coñecida como Francina Armengol, nada na cidade de Inca, Illas Baleares, o 11 de agosto de 1971, é unha farmacéutica e política mallorquina. Desde 1999 é deputada no Parlamento das Illas Baleares por Mallorca. Desde xullo de 2015 é presidenta do Goberno das Illas Baleares, sendo a primeira muller que o preside na historia das Baleares.

Infotaula de personaA Moi Honorábel Editar o valor em Wikidata
Francina Armengol

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Francina Armengol Socías Editar o valor em Wikidata
11 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Inca, España Editar o valor em Wikidata
13ª Presidenta do Congreso dos Deputados
17 de agosto de 2023 –
← Meritxell Batet
Deputada de España
17 de agosto de 2023 –

Circunscrición electoral: Balearic Islands (en) Traducir
Portavoz Socialist Parliamentary Group (en) Traducir
20 de xuño de 2023 – 24 de xullo de 2023
← Pilar Costa Serra (en) TraducirIago Negueruela →
Presidente do Governo das Ilhas Baleares (pt) Traducir
2 de xullo de 2015 – 19 de xuño de 2023
← José Ramón Bauzá (pt) TraducirMaría Asunción Jacoba Pía de la Concha García-Mauriño →

Gabinete ministerial: Armengol Government (en) Traducir, Second Armengol Government (en) Traducir
Secretario Xeral Socialist Party of the Balearic Islands (en) Traducir
26 de febreiro de 2012 –
← Francesc Antich Oliver (pt) Traducir
Portavoz Socialist Parliamentary Group (en) Traducir
27 de xuño de 2011 – 31 de marzo de 2015
Lexislatura: Q28710688 Traducir
President of the Island Council of Mallorca (en) Traducir
7 de xullo de 2007 – 25 de xuño de 2011
← Maria Antònia Munar (pt) TraducirMaria Salom (pt) Traducir →

Gabinete ministerial: Q51885455 Traducir
Portavoz Socialist Parliamentary Group (en) Traducir
7 de abril de 2004 – 4 de marzo de 2007
Lexislatura: Q28710686 Traducir
Member of the Parliament of the Balearic Islands (en) Traducir
12 de xullo de 1999 – 19 de xuño de 2023

Circunscrición electoral: Mallorca

Conselleiro insular de Mallorca
1999 – 2004

Concelleiro Inca
1998 – 2000 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - farmacia (–1995) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica (–1999), política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Socialist Party of the Balearic Islands (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJaume Armengol Coll (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: farmengolsocias Twitter: F_Armengol Instagram: f_armengol Dialnet: 5450543 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Filla de Jaume Armengol Coll, farmacéutico e alcalde de Inca entre 1991 e 1995, licenciouse en Farmacia pola Universidade de Barcelona en 1995. Posteriormente realizou un posgrao en Dermofarmacia e estudou Dereito na Universitat Oberta de Catalunya (UOC).[1] Cando rematou os estudos de Farmacia, traballou na farmacia familiar até 1999.

Carreira política editar

Durante a súa etapa universitaria en Barcelona, pertenceu ao sindicato de estudantes independentistas Bloc d'Estudiants Independentistes.[2] Militante desde os anos 90 no Partido Socialista de Baleares, de 1997 a 2000 foi Vicesecretaria Xeral da Federación Socialista de Mallorca e da Secretaría da Muller do PSIB - PSOE (1997-2000).

No ano 2000 foi elixida secretaria xeral da Federación Socialista de Mallorca e reelixida nos congresos de 2004 e 2008.

Tamén é secretaria da Comisión Executiva Federal do PSOE desde xullo de 2004 no XXXVI Congreso Socialista[3][4] até a actualidade (2023). En 2016, foi a única persoa do PSOE que ocupaba a presidencia autonómica que apoiaba a Pedro Sánchez.[5]

De 2007 a 2011 foi presidenta do Consello Insular de Mallorca.[6] É secretaria xeral do Partido Socialista de Baleares (PSIB - PSOE) desde febreiro de 2012.[7] Despois da súa primeira presidencia na lexislatura 2015 - 2019, en xuño de 2019 foi reelixida para un segundo mandato.[8]

Eleccións de 2023 editar

Nas eleccións ao Parlamento balear de 2023, o PP gañou as eleccións con 25 conselleiros fronte a 18 do PSIB-PSOE[9][10] e Armengol dimitiu como presidenta en xuño do mesmo ano, defendendo o seu estilo de diálogo de goberno, promovendo a sanidade pública e universal, a implantación dunha lei de residuos, unha lei de cambio climático e transición enerxética e unha lei de turismo para tratar de loitar contra a masificación turística. Outras leis desenvolvidas durante o seu mandato son a lei LGTBI, a de igualdade, a de fosa ou a de memoria democrática.[11]

Trala derrota electoral nas eleccións ao Parlament de Baleares, nas posteriores eleccións xerais españolas de 2023 conseguiu a acta de deputada e no proceso para a formación da Mesa do Parlamento, foi designada polo PSOE como a súa candidata para presidir o Congreso dos Deputados[12] con vistas a conseguir o apoio de Junts. O 17 de agosto no proceso de constitución da Cámara Baixa, foi elixida presidenta do Congreso dos Deputados en primeira volta por maioría absoluta de 178 votos (PSOE, Sumar, Esquerra Republicana, Junts, Bildu, PNV e BNG).[13][14]

Controversias na pandemia de COVID-19 editar

Durante a pandemia de COVID-19, foi sorprendida ás 01:15 horas nun bar pola Policía Local de Palma, saltándose o horario de peche nocturno.[15] Por iso, o Partido Popular de Baleares solicitou a súa dimisión.[16] Armengol explicou que un dos seus acompañantes se desmaiara ao saír do local, polo que media hora máis tarde quedaron fóra, atendéndoo,[17] sinalando que lamentaba o sucedido e que a imaxe que se podía trasladar non foi a que en realidade aconteceu.[18]

No verán de 2021 produciuse un "macro brote" de COVID-19 na illa de Mallorca entre 350 estudantes de todo o Estado, que estaban na súa viaxe de fin de curso, entre eles varios galegos.[19] A actuación do seu goberno foi criticada por estes estudantes e por partidos da oposición, acusando o seu goberno de "secuestro" e de ter manexado mal a situación. O Tribunal Superior de Xustiza das Baleares permitiu aos estudantes que deran negativo abandonar o confinamento no hotel e volver ás súas casas.[20] Tres meses despois, o mesmo tribunal deu a razón á actuación do goberno balear.[21]

A finais de 2021 Armengol deu positivo en COVID-19 e atribuíu ter pasado a doenza con poucos sintomas grazas á vacina.[22]

Notas editar

  1. "CV de Francina Armengol en la web del Govern Balear" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2022. Consultado o 24 de diciembre de 2017. 
  2. Altarriba, Laia (16 de decembro de 2018). "BLOC D’ESTUDIANTS INDEPENDENTISTES: LA ‘FÀBRICA’ DE DIRIGENTS DEL MOVIMENT SOBIRANISTA". elcritic.cat (en catalán). Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  3. Redacción (4 de xullo de 2004). "Nueva Comisión Ejecutiva Federal del PSOE". elmundo.es (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  4. "Francina Armengol, elegida para formar parte de la Comisión Ejecutiva del PSOE del 37 Congreso Federal - PSOE". psoe.es (en castelán). 6 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  5. Redacción (28 de setembro de 2016). "La lista de los 17 dimitidos de la Ejecutiva del PSOE y los 18 fieles a Sánchez". eldiario.es (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  6. Consell de Mallorca. "Biografía de Francina Armengol". Consultado o 30 de agosto de 2010. 
  7. Redacción, Diario de (25 de febreiro de 2012). "Armengol, elegida secretaria general del PSIB - Diario de Mallorca". diariodemallorca.es (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  8. Adrover, Miquel; Eza, Virginia (27 de xuño de 2019). "Armengol, presidenta con los votos de la izquierda y la abstención de El Pi". diariodemallorca.es (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  9. "28M. Elecciones autonómicas y municipales. Baleares". rtve.es (en castelán). 2023. Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  10. Redacción (28 de maio de 2023). "Resultados de las elecciones autonómicas 2023 en Baleares". okdiario.com (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  11. Gelabert, Martí (25 de xuño de 2023). "El llegat d’Armengol: més llums que no pas ombres a les Illes". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  12. Redacción (15 de agosto de 2023). "El PSOE propone a Francina Armengol para la Presidencia del Congreso". elpais.com (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  13. Monrosi, José Enrique; Puente, Arturo; Ortiz, Alberto (17 de agosto de 2023). "Francina Armengol, presidenta del Congreso tras el acuerdo con Junts y ERC". eldiario.es (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  14. Redacción (17 de agosto de 2023). "La socialista Francina Armengol, presidenta del Congreso gracias al apoyo de los partidos independentistas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2023. 
  15. Morales Puisegur, Carmen (22 de outubro de 2020). "La presidenta de Baleares, pillada a las dos de la madrugada en un bar de Palma sancionado por abrir en plena pandemia". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  16. Redacción (22 de outubro de 2020). "El PP exige la dimisión de la presidenta Francina Armengol por saltarse las restricciones en un bar de madrugada". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  17. Redacción (25 de outubro de 2020). "Cort denuncia ante la policía que el acta del Hat Bar no estuviera localizable durante un tiempo". mallorcadiario.com (en castelán). Consultado o 2020-11-19. 
  18. Sanz, Carla (2020-10-23). "Francina Armengol: «Lamento muchísimo todo lo que ha ocurrido»". periodicodeibiza.es (en castelán). Consultado o 2020-11-19. 
  19. R., U. (2 de xullo de 2021). "Os 21 estudantes galegos que saíron onte de Mallorca xa están en casa, pero hai outros 10 positivos illados na illa". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2023-02-20. 
  20. Redacción (2021-06-30). "La justicia anula el confinamiento de los estudiantes aislados en Mallorca que han dado negativo". infolibre.es (en castelán). Consultado o 2023-02-20. 
  21. Bohórquez, Lucía (2021-09-21). "El Tribunal Superior de Baleares avala el confinamiento forzoso en un hotel de los jóvenes del megabrote de Mallorca". El País (en castelán). Consultado o 2023-02-20. 
  22. Redacción (2021-12-20). "Francina Armengol da positivo en Covid-19: "Gracias a estar vacunada sólo tengo síntomas leves"". El Español (en castelán). Consultado o 2023-02-20. 

Véxase tamén editar


Predecesor:
José Ramón Bauzá Díaz
  
Presidenta do goberno das Illas Baleares
 
2015 - 2023
Sucesor:
Mae de la Concha (interina)