Francesco Borromini

Arquitecto barroco

Francesco Borromini, alcume de Francesco Castelli, nado o 25 de setembro de 1599 e finado o 3 de agosto de 1667, foi un arquitecto barroco italiano.

Francesco Borromini
Borromini.jpg
Retrato de Francesco Borromini.
Nacemento25 de setembro de 1599
 Bissone (Suíza)
Falecemento3 de agosto de 1667 (67 anos)
 Roma, (Italia)
Causaexsanguinação
SoterradoBasílica de São João dos Florentinos
Nacionalidadeitaliana e suíza
Ocupaciónarquitecto
Coñecido/a porIgrexa de San Carlo alle Quattro Fontane
PremiosOrdem Suprema de Cristo
editar datos en Wikidata ]
Fachada do Oratorio dos Filipinos, 1637-1643. Borromini contrapón á concavidade xeral o pórtico convexo mentres a serie de fiestras recorda ós palacios, o ladrillo tratado con preciosismo substitúe ó mármore

TraxectoriaEditar

Naceu no cantón do Tesino (Suíza), fillo do canteiro Giovanni Domenico Castelli e de Anastasia Garovo. Iniciou a súa carreira axudando na canteira ao seu pai, pero pronto se trasladou a Milán para estudar e perfeccionarse. Alí empezoulselle a chamar co sobrenome de Bessone, en alusión ao seu pobo natal, situado preto de Lugano, na rexión de lingua italiana de Suíza. Francesco traballou nas obras do "duomo" da catedral de Milán.

En 1619 chega a Roma, onde cambia o seu apelido de Castelli a Borromini, e comeza a traballar para o seu parente afastado, Carlo Maderno nas obras da Basílica de San Pedro. Á morte de Maderno en 1629 únese ao equipo de Gian Lorenzo Bernini nos traballos de ampliación e refacción da fachada do palazzo Barberini.

Borromini traballa alí como asistente de Bernini, pero logo duns poucos anos prodúcese entre ambos unha inimizade que duraría toda a vida.

Durante o pontificado de Inocencio X (1644-1633) , gaña a confianza do Papa, o que lle permite desprazar ao seu eterno rival no posto de arquitecto principal de Roma. Con todo, co seguinte Papa, Alexandre VII (1655-1657) novamente renace a estrela de Bernini, acrecentando o enfrontamento entre ambos os arquitectos. A partir de alí Borromini dedícase a completar os interiores da igrexa de Sant'Ivo alla Sapienza, da actual Universidade romana, e aos traballos en San Xoán de Letrán. Adicionalmente, completa o basamento da fachada da súa primeira obra independente, a igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane no Quirinal. A galería de Borromini no Palazzo Spada xoga coa perspectiva de tal maneira que se vai encollendo, o que a fai parecer máis longa do que é.

Borromini, afastado da alegoría, amosa a súa preocupación polo dominio do espazo que se corresponde coa situación do home no mundo e coa súa actividade, espiritual e materialmente sempre cambiante, o que confire á súa arquitectura un carácter dramático e revolucionario.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar