Frédéric Joliot-Curie

Jean Frédéric Joliot-Curie, nado o 19 de marzo de 1900 en París (Francia) e finado o 14 de agosto de 1958 en París. Marido de Irene Curie, físico, levou xunto coa súa muller o Premio Nobel de Química en 1935.

Modelo:BiografíaFrédéric Joliot-Curie

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Frédéric Joliot Editar o valor en Wikidata
19 de marzo de 1900 Editar o valor en Wikidata
16º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Hôpital Saint-Antoine, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoença do fígado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Sceaux (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente Société Française de Physique (en) Traducir
1946 – 1949
← Louis Dunoyer de SegonzacLouis de Broglie →
High commissioner for atomic energy (en) Traducir
18 de outubro de 1945 – 28 de abril de 1950
← sen valor – Francis Perrin →
Q30739705 Traducir
1944 – 1946
← Charles JacobGeorges Teissier (pt) Traducir →
Catedrático Collège de France (pt) Traducir
1938 – 1957
Docente Facultade de Ciencias de París
Catedrático Facultade de Ciencias de París
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAntony Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Lakanal (pt) Traducir
École supérieure de physique et de chimie industrielles de la ville de Paris (pt) Traducir
Facultade de Ciencias de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica nuclear, ciencias naturais, física, química e radiobioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncientífico nuclear, profesor universitario, físico, político, químico, catedrático, membro da resistencia francesa Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCommissariat à l’énergie atomique et aux énergies alternatives (pt) Traducir (1945–1950)
Collège de France (pt) Traducir, catedrático (1937–1958)
Facultade de Ciencias de París Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosToshiko Yuasa Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalMaurice Nahmias (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoBruno Pontecorvo e Hamlet Vartapetian (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrene Joliot-Curie (1926–) Editar o valor en Wikidata
FillosHélène Langevin-Joliot, Pierre Joliot Editar o valor en Wikidata
ParentesMarie Curie, sogra Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
19 de agosto de 1958Q123571217 Traducir (Sorbona)
9 de outubro de 1926matrimonio Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:9 : Евклид — Ибсен, sec:Жолио-Кюри Фредерик, p.230)
Obálky knih,
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.112) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Joliot-1 Find a Grave: 38021079 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Estudou na Escola Superior de Física e Química da Vila de París, onde se licenciou en física. En 1925 foi nomeado asistente persoal de Marie Curie no Instituto Curie de París. O ano seguinte casou con Irène Joliot-Curie, filla de Marie e de Pierre Curie (gañadores do Premio Nobel en Física en 1903), da cal adoptou o seu apelido de solteira. A instancia de Marie doutorouse en ciencias.

En 1945 foi nomeado alto comisario da enerxía atómica, e desde este posto dirixiu a construción da primeira pila atómica francesa, en 1948.

Membro da Academia das Ciencias francesas, en 1937 foi nomeado profesor no Collège de France, cargo que ocupou ata o 1956 cando, tras a morte da súa esposa, ocupou a cátedra de física que esta tiña na Sorbona de París.

Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena e un home, Pierre.

Morreu o 14 de agosto de 1958 na cidade de París, dunha enfermidade hepática.

Investigacións científicas

editar
 
Sétima Conferencia Solvay realizada en 1933. Frédéric Joliot-Curie de pé o terceiro pola esquerda, situado entre Francis Perrin e Werner Heisenberg e detrás da súa esposa.

Xunto á súa esposa iniciou as súas investigacións no campo da física nuclear e buscando a estrutura do átomo, en particular na estrutura e proxección do núcleo e que foi fundamental para o seu posterior descubrimento do neutrón e da radioactividade artificial en 1934. En 1935 ambos os científicos foron galardoados co Premio Nobel de Química polos seus traballos na síntese de novos elementos radioactivos.

Durante a súa estancia no Collège de France traballou nas reacciones en cadea e nos requisitos para a construción acertada dun reactor nuclear que utilizase a fisión nuclear controlada para xerar enerxía mediante o uso de uranio e auga pesada.

Durante a invasión nazi en Francia Joliot, membro activo do Partido Comunista Francés, tomou parte activa a favor da Resistencia francesa. Ao acabar a segunda guerra mundial foi nomeado director do Centre National da Recherche Scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica, CNRS), converténdose no primeiro comisario do Goberno francés para a Enerxía Atómica. En 1948 supervisou a construción do primeiro reactor atómico francés.

En 1955 foi un dos once intelectuais que asinaron o manifesto Russell-Einstein que instaba a buscar solucións pacíficas aos conflitos internacionais existentes naqueles momentos en plena guerra fría.

Recoñecementos

editar

Na súa honra nomeouse o cráter Joliot sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Harold Clayton Urey
Premio Nobel de Química
 

1935
con
Irène Joliot-Curie
Sucesor:
Peter Joseph Wilhelmus Debye