Fonte Paredes, Ons, Brión
Fonte Paredes é un lugar da parroquia de Ons no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 60 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,[1] dos cales 30 eran homes e 30 eran mulleres.
Fonte Paredes | |
---|---|
Parroquia | Ons |
Concello | Brión |
Coordenadas | 42°53′28″N 8°44′16″O / 42.8912, -8.7377 |
Poboación | 55 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarNesta aldea está a igrexa parroquial de Santa María de Ons, de finais do século XVIII. Ten unha soa nave rectángular e dúas ábsidas laterais. O pórtico ocupa gran parte da fachada e está coroado por unha imaxe da Virxe cuberta por un arco de medio punto. Por riba dunha arquitrabe xadrezada está o friso decorado con motivos xeométricos (un triángulo equilátero que representa á Santa Trindade do que parten raios en todas as direccións). Remata a fachada un sinxelo campanario. No interior do templo destaca o retablo en pedra, realizado polo escultor Antonio Fabeiro en 1789. Representa á Virxe María rodeada por anxos que a levan cara ao Ceo baixo un arco sostido por dous pares de columnas. Recuperado en 2007 por iniciativa dos veciños, a restauración sacou á luz as pinturas orixinais de 1827.
Notas
editarLugares e parroquias
editarLugares de Ons
editarLugares da parroquia de Ons no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Fonte Paredes | A Igrexa | Ons | Pazos | Salaño Grande | Salaño Pequeno |