Filmes propostos ó mellor filme internacional na 32ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 13 filmes, todo eles de países diferentes, foron propostos na 32ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, Francia, Italia, os Países Baixos e Alemaña Occidental. Francia gañou o premio co filme Orfeo negro, un drama rodado no Brasil en lingua portuguesa.[1]

Os Países Baixos, Paquistán, Hong Kong e Singapur presentaron filmes por vez primeira.

O filme dinamarqués Paw, de Astrid Henning-Jensen, foi o primeiro filme dirixido por unha muller nomeado nesta categoría.

Propostas

editar
País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Die Brücke Alemán Bernhard Wicki
Nomeado
  Dinamarca Paw Dinamarqués Astrid Henning-Jensen
Nomeado
  Exipto Doaa al-Karawan Árabe Henry Barakat Non nomeado
  Francia Orfeo negro Portugués Marcel Camus Premio da Academia
  Hong Kong Yu guo tian qing Mandarín Yueh Feng Non nomeado
  India Apur sansar Bengali Satyajit Ray Non nomeado
  Italia La grande guerra Italiano Mario Monicelli
Nomeado
  Iugoslavia Vlak bez voznog reda Serbocroata Veljko Bulajić Non nomeado
  México Nazarín Castelán Luis Buñuel Non nomeado
  Países Baixos Dorp aan de rivier Neerlandés Fons Rademakers
Nomeado
  Paquistán Jago Hua Savera Urdú A. J. Kardar Non nomeado
  Singapur Jiang shan mei ren Mandarín Li Han-hsiang Non nomeado
  Xapón Nobi Xaponés Kon Ichikawa Non nomeado
  1. oscars.org (ed.). "The 32nd Academy Awards (1960) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2011.