Abrir o menú principal

Marcel Camus

director de cinema francés

Marcel Camus, nado en Chappes (Ardenas) o 21 de abril de 1912 e finado en París o 13 de xaneiro de 1982 foi un director de cinema francés.

Marcel Camus
Marcel Camus.jpg
Nome completoMarcel Camus
Nacemento21 de abril de 1912
LugarChappes, Ardenas
Falecemento13 de xaneiro de 1982 (69 anos)
LugarParís
SoterradoCrématorium-columbarium du Père-Lachaise
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
Cónxuxe(s)Marpessa Dawn
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Camus estudou arte e tratou de converterse en profesor. Porén, a Segunda Guerra Mundial crebou os seus plans e pasou parte da guerra nun campo de prisioneiros alemán.[1]

Antes de debutar como director, foi axudante de cineastas coma Jacques Feyder, Luis Buñuel e Jacques Becker.[2][3] Dirixiu case unha ducia de filmes, incluíndo Orfeo negro, que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

En 1960 dirixiu un segundo filme de tema brasileiro, Os bandeirantes,[3] e vinte anos despois outro máis, Otalia da Bahia, que foi o seu último filme e que estaba baseado nunha novela de Jorge Amado.[4][5] Porén, estes filmes non acadaron o éxito de Orfeo negro.

En 1970 logrou un certo éxito coa comedia bélica Le Mur de l'Atlantique, protagonizada polo cómico Bourvil.[3]

Camus acabou a súa carreira principalmente na televisión.[3]

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. "Marcel Camus Fiche Personalite". Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  2. "Biography - Movies - Marcel Camus". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Marcel Camus". Encyclopedia Universialis. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  4. Canby, Vincent (21 de marzo de a1986). "THE SCREEN: 'BAHIA,' FROM MARCEL CAMUS". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  5. "Os pastores da noites". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar