Jacques Becker foi un director de cine francés, nado o 15 de setembro de 1906 en París e finado o 21 de febreiro de 1960 en París, é o pai do tamén director Jean Becker.

Jacques Becker
Nome completoJacques Louis Thomas Becker
Nacemento15 de setembro de 1906
LugarParís (Francia)
Falecemento21 de febreiro de 1960
LugarParís (Francia)
CausaHemocromatose
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Cónxuxe(s)Françoise Fabian
FillosJean Becker, Étienne Becker e Sophie Becker
ProfesiónDirector de cine
Na rede
IMDB: nm0065442 Allocine: 3269 Allmovie: p81162
Find a Grave: 7360 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

O pai de Jacques Becker era administrador da sociedade Fulmen e súa nai, de orixe inglesa, levaba unha casa de costura en París. A familia pasaba regularmente as vacacións en Marlotte sur Loing, e frecuentaba a Paul Cézanne, o fillo do pintor. Nunha destas viaxes coñeceu a Jean Renoir, que viñera visitar os Cézanne, anos máis tarde, en 1931, será o seu asistente. En 1939 comeza a rodar a que sería a súa primeira longametraxe, L'Or du Cristobal, pero ten que interromper a rodaxe por falta de fondos, mobilizado pola guerra, os produtores confían a Jean Stelli o remate da filmación. Na fronte, os alemáns collen prisioneiro a Becker, pero nunha visita da Cruz Vermella consegue a repatriación. Volve a París e roda finalmente a súa primeira longametraxe, Dernier Atout 1942.

Durante a ocupación, Becker, realiza tres filmes de factura moi diversa pero cun estilo baseado nunha cámara extremadamente móbil: Dernier Atout 1942, Goupi-Mains rouges 1943 et Falbalas 1945.

Despois da segunda guerra mundial realiza comedias —Antoine et Antoinette (1947), palme d'or au festival de Cannes, Rendez-vous de juillet (1949), prix Louis Delluc, Edouard et Caroline (1951) e Rue de l'estrapade (1953)— que o distinguen como o cineasta francés por excelencia. O seu gusto pola observación da sociedade despois da liberación, o seu talento na dirección dos actores e o equilibro entre a psicoloxía dos diálogos e a minucia da súa posta en escena caracterizan estes filmes.

Con Casque d'or (1951) ou Simone Signoret realiza unha crónica rigorosa e poética do baixofondo parisiense de 1900. Asina o prototipo do filme negro francés, Touchez pas au grisbi (1954). Despois Ali Baba et les quarante voleurs (1954), unha farsa pensada para Fernandel, e unha adaptación de Maurice Leblanc, Les Aventures d'Arsène Lupin (1957), con Robert Lamoureux e Montparnasse 19 (1958), un melodrama con Gérard Philipe; morre xusto despois de rematar Le Trou (1960).

Filmografía editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Valérie Vignaux, Jacques Becker ou l'exercice de la liberté, Liexa, Céfal, 2000.

Ligazóns externas editar