Festival de la Luz
O Festival de la Luz é un evento musical de carácter solidario e festivo, organizado por iniciativa de Luz Casal e coa colaboración do seu concello natal, Boimorto. O encontro celébrase na parroquia de Andavao no verán (finais de agosto) nunha contorna natural da Galiza interior, e ten unha duración de tres días. A recadación íntegra dóase para actividades sociais.
Festival de la Luz | |
---|---|
![]() | |
Escenario do Festival en Boimorto, 2012. | |
Localización | Andavao, Boimorto |
Anos | 2012–presente |
Nº edicións | 7 |
Fundadores | Luz Casal |
Data | Unha fin de semana, a finais de setembro |
Xénero | Pop, Rock, Folk |
Organizador | Luz Casal Concello de Boimorto |
Web oficial | festivaldelaluz.es |
Na rede |
Historia
editarAs orixes do festival están nunha vella idea de Luz Casal: organizar en Boimorto unha festa de música no agro, un tempo adicado a homenaxear a Galiza rural e para toda a familia. Ademais de fomentar a Galiza interior e os seus produtos e xentes, a premisa fundamental é o seu sentido benéfico, para recadar fondos destinados para unha causa solidaria. É un festival aberto a calquera clase de música e cun xeito de romaría máis que dun festival sen máis.[1][2]
A primeira edición foi a finais do setembro de 2012, a idea tivo boa acollida e foi apoiada polo concello de Boimorto e os seus veciños que colaboraron de xeito desinteresado na organización e cederon leiras para o festival. Alí xuntáronse máis de cinco mil persoas aínda que só houbo un dos dous días da festa programada. O domingo tiveron que ser suspendidas tódalas actuacións pola ameaza de temporal.[3]
Ao longo destes anos foron moitas as empresas patrocinadoras como Estrella Galicia, R, Novagalicia banco, Gadis, Mans-Paidea, CRTVG, SGAE e o Concello de Boimorto entre outras entidades.
Edicións
editarPrimeira edición: 2012
editarNa primeira edición os fondos recadados foron para a Asociación Española Contra el Cáncer. Diante duns 5.500 [4]asistentes actuaron os seguintes grupos e artistas:
Primeira edición setembro de 2012 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Sábado 22 | Riff Raff Mäbu Luar na Lubre Eladio y los seres queridos Vega Luz Casal Chris Barron Di Elas Iván Ferreiro (substituíndo a Manolo García) Ith Eme Dj |
Domingo 23 | Nova Galega de Danza Basia Bulat Christina Rosenvinge Novedades Carminha Chris Barron Dover Rosendo |
Segunda edición: 2013
editarNa segunda edición diante dun público de 8.500 persoas actuaron entre outros os seguintes grupos e artistas:
Segunda edición setembro de 2013 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Sábado 14 | The Christians (substituíndo a Spin Doctors) Budiño Rosendo |
Domingo 15 | Dover Carlos Núñez Fito & Fitipaldis |
A recadación de 70.000 euros foi para o Banco de Alimentos de Galicia[5] |
Terceira edición: 2014
editarA terceira edición foi o 13 e 14 de setembro de 2014. Nesta edición a recadación de 62.400 euros foi para a Asociación Española de Enfermedades Neuromusculares.[6][7]
Terceira edición setembro de 2014 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Sábado 13 | Spin Doctors
Matyland Riff Raff La Musgaña Best Life Best boys Los árboles Tres pés pa un banco Hexany Lonely Coaster |
Domingo 14 | Los Secretos
Narf trío Joel Rafael Moon Cresta The soul jackect A buxaina |
A recadación de 62.400 euros foi para a Asociación Española de Enfermedades Neuromusculares |
Cuarta edición: 2015
editarNesta edición celebrouse durante os días 12 e 13 de setembro, recadando fondos para Médicos sen Fronteiras. Actuaron entre outros grupos e artistas: [8][9]
Cuarta edición setembro de 2015 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Sábado 12 | Burning
Manos de topo El Drogas & Rhythm & Blues Band |
Domingo 13 | Juan Perro
Son 7 |
Quinta edición: 2016
editarOs días 9, 10 e 11 de setembro tivo lugar coa novidade da instalación dunha carpa dedicada ao cine onde se proxectaron filmes adicados a música. Este ano o beneficiario foi Oxfam Intermón Galicia, destinándose ás súas accións na crise dos refuxiados en Siria, Jordania e Líbano.[10][11]
Quinta edición setembro de 2016 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Venres 9 | Heredeiros da Crus
Riff Raff Mayor Tom |
Sábado 10 | Luis Eduardo Aute
Canovas Adolfo y Guzmán The Pink Tones (Tributo Pink Floid) Sober Anaut Chris Barron Soledad Vélez Fredi Leis Adrián Costa Zoar Banda de gaitas de Boimorto Los vinagres Rafa Morcego DJ |
Domingo 11 | Hombres G
Jackson Browne and Raúl Rodríguez Cuarteto Caramuxo The Lakazáns Samba Manuel Malou Family Folks |
Sexta edición: 2017
editarFestexado nos días 8, 9 e 10 de setembro, coa actuación de máis de corenta 40 grupos musicais que nesta ocasión recadaron 114.000 euros que foron doados para o Grupo de Oncoloxía Médica Transnacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, denominado Oncomet, para avanzar na investigación da biopsia líquida.[12][13]
Sexta edición setembro de 2017 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Venres 8 | Mago de Oz
New age Special case Aries Superglu |
Sábado 9 | Siniestro total
Guadalupe Plata Morgan Os amigos dos músicos Los Vinagres Banda de música de Arzúa Riff Raff Espiño Jorge Casal Isabel Vinardell & Isabelle Laudenbach Igloo Andhrea and The Black Cats Leirabuxo Rastakeltia Pandeireteiras de Verducido |
Domingo 10 | Jarabe de Palo
No me pises que llevo chanclas Rufus T. Firefly Santiaguiños de Boimorto The Funkles Primordiais Iseo & Dodosound W The mousehunters Miguel Alberte |
Sétima edición: 2018
editarOs días 7, 8 e 9 de setembro celebrouse a sétima edición do festival. Debido ao aumento na cifra total dos fondos recadados no evento, a achega solidaria do Festival da Luz 2018 destinouse a dous proxectos: a loita contra os lumes en Galicia e a construción e equipamento de salas de rehabilitación na residencia e centro de día para persoas maiores do Concello de Boimorto. Déronse cita máis de corenta e cinco artistas.[14]
Sétima edición setembro de 2018 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Venres 7 | Os Resentidos
Eskorzo Riff Raff Rodrigo Mercado Mordem |
Sábado 8 | Love of lesbian
Elliott Murphy with Olivier Durand The Dawlins Los Motores Banda de Música de Arzúa Xoán Curiel Pandeireteiras de Verducido Marilia Chris Barron Los Vinagres Pelepau Tempo Norte Santiguiños de Boimorto |
Domingo 9 | Mi Capitán
Músculo! MJ Pérez Tempo Norte Santiguiños de Boimorto B.M.T. Suevia Dani Barreiro & friends Pedro el granaino |
Oitava edición: 2019
editarA oitava edición celebrouse durante os días 6, 7 e 8 de setembro.[15]
Oitava edición setembro de 2019 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Venres 6 | Celtas Cortos
Egon Soda Kitai Riff Raff Broken Peach Basanta |
Sábado 7 | Luz Casal
Gus Gus Delaporte Putochinomaricón Cariño Molina Molina Presumido Chris Barron Bflecha Holly Miranda Banda de Música de Arzúa Le Parody Lemot Cora Velasco Las Antonias Volver Andhrea and Teh Black Cats Allova Santiaguiños de Boimorto Lora Los Liantes |
Domingo 8 | Rayden
Dead Combo Floridablanca Habitación Vudú Playa Cuberris Freddy Harmonica & The Concealers Reynier Aldana As netas de Maurizia |
Novena edición 2020
editarNa edición de 2020, aínda que estaba previsto realizalo nos días 11, 12 e 13 de setembro,[16] recurtáronse os días de actuación, por mor da COVID-19, e só houbo un día de actuación o 12 de setembro,[17] no que se chamou "Edición Leiras" e, nesa ocasión, as doazóns serán destinadas a Cruz Vermella española.[18]
Novena edición setembro de 2020 | |
---|---|
Día | Actuacións |
Luns 12, Edición Leiras | Eladio y los seres queridos
Terbutalina Susana Seivane Boyanka Kostova Agoraphobia Monoulious Dop Lau |
Notas
editar- ↑ Festival de la Luz 2014 ocioengalicia.com
- ↑ Festival da Luz 2017, na CRTVG o 13 de setembro de 2017.
- ↑ Noguerol, N. La Voz de Galicia, ed. "El Festival de la Luz tendrá una segunda edición en Boimorto". Xornal. Consultado o 24 de setembro de 2012.
- ↑ festivaldelaluz.es (ed.). "EDICIÓN 2012". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2013.
- ↑ Luz Casal muestra su rostro más solidario. La Voz de Galicia
- ↑ Juan José Llano Alday. "FESTIVAL de LA LUZ en BOIMORTO". Consultado o 2018-12-15.
- ↑ El Festival de la Luz entrega 62.400 euros a los enfermos neuromusculares. La Opinion A Coruña
- ↑ "Boimorto moviliza este fin de semana a cien voluntarios para el Festival de la Luz". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-09-12. Consultado o 2018-12-13.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ Atlántico. "El Festival de la Luz sigue fiel a su vocación solidaria". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-12-13.
- ↑ Atlántico. "Hombres G y Aute, en el quinto Festival de la Luz". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-12-13.
- ↑ "O Festival da Luz ilumina Boimorto". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-09-09. Consultado o 2018-12-15.
- ↑ El Festival da Luz dona 114.000 euros a Oncomet y anuncia a Love of Lesbian Arquivado 04 de marzo de 2018 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 21 de febreiro de 2018 (en castelán).
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/09/08/cuarenta-artistas-dan-cita-fin-semana-festival-luz/0003_201809G8P34991.htm
- ↑ "Festival de la Luz 2019". fanmusicfest.com (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "Presentación del Festival de la Luz 2020". Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "Festival de la Luz 2020". dodmagazine.es (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "Festival de la Luz. Edición Leiras". festivaldelaluz.es/. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial do Festival de la LuzArquivado 16 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en galego).