Festival de Eurovisión 1959

O IV Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 11 de marzo de 1959 en Cannes, Francia. A presentadora foi Jacqueline Joubert, sendo o país ganador os Países Baixos co tema Een beetje, interpretado por Teddy Scholten, que conseguiu 21 puntos. En segunda posición quedaron os británicos Pearl Carr e Teddy Johnson, coa canción Sing Little Birdie, que obtivo 16 puntos. O terceiro posto, con 15 puntos, foi para a canción francesa Oui oui oui oui, cantada por Jean Philippe. Estas tres cancións foron interpretadas ao final do festival,[1] que durou 73 minutos. A letra da canción ganadora foi escrita por Willy van Hemert, quen tamén escribiu a letra a canción neerlandesa ganadora de 1957.

Festival de Eurovisión 1959
Datas
Final 11 de marzo
Anfitrión
Lugar Palacio de Festivais e Congresos
Cannes, Francia
Presentador(es) Jacqueline Joubert
Televisión anfitrioa
Acto(s) intermedio(s) Orquestra de Franck Pourcel
Participantes
Participantes 11
Países que debutan Mónaco Mónaco
Países que retornan Reino Unido Reino Unido
Países que se retiran Luxemburgo Luxemburgo
Votacións
Canción gañadora Een beetje, Teddy Scholten
Países Baixos Países Baixos
Festival de Eurovisión
◄1958 1960►

Este festival supuxo a primeira retirada de Luxemburgo, tras acabar cun punto o ano anterior, así como o debut de Mónaco e o regreso do Reino Unido trala súa retirada en 1958, polo que a UER cambiou as normas do concurso para admitir 11 participantes. O representante monegasco, Jacques Pills, finalizou último cun punto, pero a súa filla Jacqueline Boyer gañou o festival o ano seguinte por Francia.

Na prensa, suxeriuse que Italia e Francia outorgaron máis puntos á canción holandesa porque ningún deles quería que o outro obtivese a vitoria final.[1] Instaurouse unha nova regra pola que non se permitía a inclusión de editores ou compositores profesionais en activo nos xurados nacionais,[2] pero o sistema de votación foi o mesmo que en 1957 e 1958. O escenario consistiu en tres pequenas carpas xiratorias, desde as que saían os cantantes, quen cantaban con fotografías de paisaxes típicas do país de fondo.

Participantes editar

Os países participantes no festival elixiron cancións por diferentes métodos, habendo eleccións internas e finais nacionais. A representante de Dinamarca, Birthe Wilke, xa fora elixida para representar ao país en 1957 con Gustav Winckler, e este ano volvía en solitario. Por outra banda, Domenico Modugno representaba a Italia por segundo ano consecutivo.

Na seguinte táboa móstranse todos os participantes e o modo no que foron elixidos:

País e TV Título orixinal da canción[3] Artista Proceso e data de selección[4]
Tradución ao galego Linguas de interpretación
  Alemaña
ARD
Heute Abend wollen wir tanzen geh'n Alice e Ellen Kessler Elección interna
Esta noite queremos ir a bailar Alemán
  Austria
ORF
Der K und K Kalypso aus Wien Ferry Graf Elección interna
O Calypso Real e Imperial de Viena Alemán
  Bélxica
NIR
Hou toch van mij Bob Benny Final nacional, 15-02-59
Ámame, por favor Neerlandés
  Alemaña
DSR
Uh, jeg ville ønske jeg var dig Birthe Wilke Dansk Melodi Grand Prix, 12-02-59
Oh, desexaría ser ti Dinamarqués
  Francia
RTF
Oui, oui, oui, oui Jean Philippe
Si si si si Francesa
  Italia
RAI
Piove Domenico Modugno Festival da Canción de Sanremo, 31-01-59
Chove Italiano
  Mónaco
TMC
Mon ami Pierrot Jacques Pills Elección interna
Meu amigo Pierrot Francés
  Países Baixos
NTS
'n Beetje Teddy Scholten Final nacional, 17-02-59
Un pouquiño Neerlandés
  Reino Unido
BBC
Sing, Little Birdie Pearl Carr e Teddy Johnson A Song for Europe, 07-02-59
Canta, paxariño Inglés
  Suecia
SR
Augustin Brita Borg Stora schlagertävlingen, 29-01-59
Augustin Sueco
  Suíza
SSR SRG
Irgendwoher Christa Williams Final nacional, 22-02-59
Desde algún sitio Alemán

Non todos os países que organizaron unha final nacional enviaron ao festival aos cantantes ganadores da mesma. En Suecia, Siw Malmkvist gañou a primeira edición do Melodifestivalen, chamado entón Stora schlagertävlingen, pero a televisión sueca decidiu enviar a Cannes a Brita Borg coa canción coa que Siw Malmkvist gañou a final nacional.[5]

Por outro lado, na final dos Países Baixos cada tema foi cantado por dous cantantes diferentes. A canción ganadora foi cantada por Teddy Scholten e John de Mol, sendo elixida a primeira para representar ao país.[6]

Resultados editar

# País Artista(s) Canción Posición Puntos
1   Francia Jean Philippe Oui, oui, oui, oui 3 15
2   Dinamarca Birthe Wilke Uh-Jeg Ville Ønske Jeg Var Dig 5 12
3   Italia Domenico Modugno Piove 6 9
4   Mónaco Jacques Pills Mon Ami Pierrot 11 1
5   Países Baixos Teddy Scholten Een beetje 1 21
6   Alemaña Gemelas Kessler Heute Abend wollen wir tanzen geh'n 8 5
7   Suecia Brita Borg Augustin 9 4
8   Suíza Christa Williams Irgendwoher 4 14
9   Austria Ferry Graf Der K und K Kalypso aus Wien 10 4
10   Reino Unido Pearl Carr & Teddy Johnson Sing Little Birdie 2 16
11   Bélxica Bob Benny Hou Toch Van Mij 7 9

Táboa de votos editar

Na seguinte táboa móstranse os votos outorgados e recibidos por cada país participante no festival:[7]

Xurados
Total                      
  Francia 15   4 1 2 0 4 0 1 1 0 2
Dinamarca 12 0   1 1 1 0 4 1 2 2 0
Italia 9 3 0   1 0 0 1 3 0 0 1
Mónaco 1 0 0 0   0 0 0 0 1 0 0
Países Baixos 21 4 0 7 1   2 0 0 3 1 3
Alemaña 5 2 0 1 0 0   0 1 0 0 1
Suecia 4 0 1 0 0 3 0   0 0 0 0
Suíza 14 0 2 0 1 0 1 3   1 5 1
Austria 4 0 0 0 1 0 0 2 1   0 0
Reino Unido 16 1 1 0 2 5 0 0 3 2   2
Bélxica 9 0 2 0 1 1 3 0 0 0 2  
A táboa está ordenada segundo a orde de actuación.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Eurovisión 1959 Arquivado 25 de novembro de 2008 en Wayback Machine. Oikotimes
  2. Loredo, Miguel. "Así nació el Festival de Eurovisión". eurovision-spain.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2008. 
  3. Eurovisión 1959 Diggiloo Trush
  4. Finais nacionais de Eurovisión 1959 Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. eurovision-spain.com
  5. Suecia en el Festival de la Canción de Eurovisión 1959[Ligazón morta] eurovision-spain.com
  6. Os Países Baixos en Eurovisión[Ligazón morta] eurovision-spain.com
  7. Marcador de 1959 eurovision.tv
Predecesor:
  Hilversum 1958
 
Festival da Canción de Eurovisión

Cannes 1959
Sucesor:
  Londres 1960

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar