Jean Philippe
Jean Philippe, nado en 1931[1] é un cantante francés que representou a Francia no Festival de Eurovisión 1959 e a Suíza no Festival de 1962.[2]
Jean Philippe | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Jean Philippe |
Nacemento | 1931 |
Lugar de nacemento | Francia |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | cantante e artista discográfico |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eurovisión 1959Editar
O Festival de Eurovisión 1959 tivo lugar en Cannes, Francia, xa que o ano anterior o francés André Claveau gañou o certame en Hilversum, Países Baixos.[2] Baixo o nome de Grand Prix de la chanson Européenne, o Festival de Eurovisión 19159 celebrouse no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959. Jean Philippe foi o encargado de representar ao seu país coa canción Oui, oui, oui, oui, que finalmente quedou en terceira posición obtendo 15 votos. A canción tería gran difusión uns anos despois grazas á versión de Sacha Distel.
Unha particularidade dese ano foi que as tres cancións clasificadas nas primeiras posicións volveron a ser representadas ao final do Festival, polo que Jean Philippe tivo que actuar de novo.
Eurovisión 1962Editar
No ano 1962, Jean Philippe volveu a participar no Festival de Eurovisión. Ese ano representou a Suíza coa canción Le Retour. Quedou clasificado en décima posición con só dous puntos outorgados polo xurado alemán. Nesta ocasión o país gañador foi a súa Francia natal.
NotasEditar
- ↑ Jean Philippe en eurovision-spain.com
- ↑ 2,0 2,1 Simon Barclay. The Complete and Independent Guide to the Eurovision Song Contest, 2010.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Actuación de Jean Philippe no Festival de Eurovisión 1959 - Oui, oui, oui, oui
- Actuación de Jean Philippe no Festival de Eurovisión 1962 - Le retour
Predecesor: André Claveau con "Dors, mon amour" |
Francia no Festival de Eurovisión 1959 |
Sucesor: Jacqueline Boyer con "Tom Pillibi" |
Predecesor: Franca Di Rienzo con "Nous aurons demain" |
Suíza no Festival de Eurovisión 1962 |
Sucesor: Esther Ofarim con "T'en va pas" |