Festival de Eurovisión 1962

O Festival Eurovisión de 1962 foi o 7º edición do festival de Eurovisión e foi realizado o 18 de marzo de 1962 en Luxemburgo. Mireille Delanoy foi a presentadora do festival. Gañou a cantante francesa Isabelle Aubret, que representou a Francia coa canción "Un premier amour", facendo de Francia o primeiro país a gañar o certame tres veces. Esta edición foi a única que se realizou nun serán de domingo. Por primeira vez, o top 3 foi constituído por 3 cancións interpretadas na mesma lingua, o francés.[1]

Festival de Eurovisión 1962
Datas
Final 18 de marzo de 1962
Anfitrión
Lugar Villa Louvigny
 Luxemburgo Cidade de Luxemburgo, Luxemburgo
Director Jean Roderès
Supervisor executivo René Steichen
Produtor executivo Jos Pauly
Televisión anfitrioa CLT
Acto(s) intermedio(s) Achille Zavatta
Participantes
Participantes 16
Votacións
Sistema de votación Cada país estaba formado por un xurado de 10 membros. Cada un destes outorgaba 3, 2 e 1 punto ás súas tres cancións favoritas. Todos estes puntos sumaríanse, e as tres cancións con maior puntuación de cada país recibirían 3, 2 ou 1 votos na puntuación xeral.
Canción gañadora Un premier amour, Isabelle Aubret
Francia
Festival de Eurovisión
◄1961 1963►

Debido ao feble sistema de votación, onde apenas 3 países (de 16) eran puntuados por cada país, Austria, Bélxica, España e os Países Baixos partillaron o derradeiro lugar, con 0 puntos. Por primeira vez na historia, houbo "puntos nulos".

Local editar

 
O Villa Louvigny, no Luxemburgo.

O Festival de Eurovisión de 1962 ocorreu na capital de Luxemburgo. A cidade do Luxemburgo é unha comuna de Luxemburgo con status de cidade, pertencente ao distrito de Luxemburgo e ao cantón de Luxemburgo.

Luxemburgo é unha cidade moi desenvolvida social e economicamente. Luxemburgo é unha das cidades máis ricas da Europa e tornouse un importante centro financeiro e administrativo. Na cidade están varias importantes institucións da Unión Europea, entre as que están o Tribunal de Xustiza Europeo, o Tribunal de Contas e o Banco Europeo de Investimento.

O festival en si realizouse no Villa Louvigny, no sur do Luxemburgo, que foi a sede da Compagnie Luxembourgeoise de Télédiffusion, o antecesor do actual RTL Group. Está localizado nun grande parque, ó Parque Municipal, no barrio Ville Haute do centro da cidade.

Formato e vídeo editar

O vídeo introdutorio comezou cunha vista aéreo da Villa Louvigny. Mentres a orquestra interpretou o instrumental de "Nous les amoureux", a canción vencedora do festival de 1961, a cámara ofreceu unha imaxe da sala, e enfocou ó público e, finalmente, á orquestra.

A presentadora foi Mireille Delannoy, que abriu a noite co inevitábel "Boa noite, Europa!", seguido da mesma apertura nalgunhas linguas dos países participantes. Concluíndo con: "Boa noite, millóns de amigos!".

A decoración lembraba as mansións do século XVI con adornos e flores. O salón principal estaba cheo de personalidades, principalmente francesas, convidadas pola Télé Luxembourg. A orquestra, os artistas e o cadro de votación foron colocados no mesmo escenario, a orquestra á esquerda, os artistas no centro e o cadro de votación á dereita. O pano de fondo que cubría ós artistas tiña unha entrada, unha balaustrada de ferro forxado, columnas e xanelas. Polas xanelas podíase ver un ceo pintado de estrelas.

Unha nova regra for introducida, o límite das cancións a 3 minutos de duración. Esta regra segue vixente a día de hoxe.

As cancións participantes foron interpretadas sen presentación individual. Un pequeno incidente ocorreu após a a canción de Francia, un corte da corrente xeral apagou as luces do auditorio, deixándoo ás escuras.

Alemaña, con Conny Froboess e a súa canción "Zwei kleine Italiener" (en galego: dous pequenos italianos) era unha das grandes favoritas á vitoria. Con todo, ficou no 6º lugar, con apenas 9 puntos.

Despois da derradeira música, pareceu que podía entrar un participante sorpresa. Realmente, tratábase do famoso pallaso Achille Zavatta que representou "Zavattaland" e tocou distintos instrumentos musicais que incluso colleu dos músico da orquestra, antes de ser "detido" por dous mozos de seguridade.

Votación editar

Un novo sistema de votación for utilizado.

Cada país tivo un xulgado formado por 10 xuíces que asinaban 3, 2 e 1 punto as súas 3 canción favoritas. Sumando os puntos totais de todos os xuíces de cada país quedou unha lista cas cancións favoritas dese país. As tres cancións favoritas recibiron 3 puntos, 2 puntos e 1 punto, respectivamente.

Participantes editar

País Título orixinal Artista
Tradución en galego Idiomas da música
  Austria "Nur in der Wiener Luft" Eleonore Schwarz
Soa no ar da Viena Alemán
  Alemaña "Zwei kleine Italiener" Conny Froboess
Dous pequenos italianos Alemán
  Bélxica "Ton nom" Fud Leclerc
O teu nome Francés
  Dinamarca "Vuggevise" Ellen Winther
Canto de berce Dinamarqués
  España Franquista "Llámame" Victor Balaguer
Chámame Castelán
  Finlandia "Tipi-tii" Marion Rung
Canto alegre Finés
  Francia "Un premier amour" Isabelle Aubret
Un primeiro amor Francés
  Italia "Addio, addio" Claudio Villa
Adeus, adeus Italiano
  Iugoslavia "Ne pali svetla u sumrak" Lola Novaković
Non des a luz no lusco fusco Servo-Croata
  Luxemburgo "Petit bonhomme" Camillo Felgen
Rapaziño Francés
  Mónaco "Dis rien" François Deguelt
Non digas nada Francés
  Noruega "Kom sol, kom regn" Inger Jacobsen
Veña Sol, veña choiva Noruegués
  Países Baixos "Katinka" De Spelbrekers
Katinka Holandés
  Reino Unido "Ring-A-Ding Girl" Ronnie Carroll
"Ring-A-Ding Girl" Inglés
  Suecia "Sol och vår" Inger Berggren
Sol e primavera Sueco
   Suíza "Le retour" Jean Philippe
O regreso Francés

Festival editar

# País Lingua Artista Música Lugar Puntuación
  Finlandia Finés Marion Rung "Tipi-tii" 4
  Bélxica Francés Fud Leclerc "Ton nom" 13º 0
  España franquista castelán Victor Balaguer "Llámame" 13º 0
  Austria Alemá Eleonore Schwarz "Nur in der Wiener Luft" 13º 0
  Dinamarca Dinamarqués Ellen Winther "Vuggevise" 10º 2
  Suecia Sueco Inger Berggren "Sol och vår" 4
  Alemaña Alemá Conny Froboess "Zwei kleine Italiener" 9
  Países Baixos Holandés De Spelbrekers "Katinka" 13º 0
  Francia Francés Isabelle Aubret "Un premier amour" 26
10º   Noruega Noruegués Inger Jacobsen "Kom sol, kom regn" 10º 2
11º    Suíza Francés Jean Philippe "Le retour" 10º 2
12º   Iugoslavia Servo-croata Lola Novaković "Ne pali svetla u sumrak" (Не пали светло у сумрак) 10
13º   Reino Unido Inglés Ronnie Carroll "Ring-A-Ding Girl" 10
14º   Luxemburgo Francés Camillo Felgen "Petit bonhomme" 11
15º   Italia Italiano Claudio Villa "Addio, addio" 3
16º   Mónaco Francés François Deguelt "Dis rien" 13

Galería editar

Resultados editar

A orde de votación foi ó contrario da orde de actuación dos países no festival, sendo a seguinte:[2]

 
     Vencedor      2º clasificado      3º clasificado
País Votante País puntuado
                               
  Mónaco 2 1 3
  Italia 1 2 3
  Luxemburgo 1 2 3
  Reino Unido 3 2 1
  Iugoslavia 3 2 1
   Suíza 3 2 1
  Noruega 1 3 2
  Francia 2 3 1
  Países Baixos 1 2 3
  Alemaña 3 2 1
  Suecia 1 3 2
  Dinamarca 3 1 2
  Austria 2 1 3
  España Franquista 2 1 3
  Bélxica 2 1 3
  Finlandia 2 1 3
Total 4 0 0 0 2 4 9 0 26 2 2 10 10 11 3 13
Lugar 13º 13º 13º 10º 13º 10º 10º

5 puntos editar

Os países que recibiron 5 puntos foron os seguintes[3]:

# País puntuado Países votantes
5   Francia Alemaña, Ioguslavia, Noruega, Suecia, Suíza
3   Luxemburgo Bélxica, España, Mónaco
  Mónaco Austria, Luxemburgo, Países Baixos
2   Iugoslavia Francia, Italia
1   Finlandia Reino Unido
  Reino Unido Finlandia
  Suecia Dinamarca

Mestres editar

Cada actuación tivo que levar un mestre de orquestra de seu para acompañar os artistas do seu país[4].

País Mestre
Finlandia George de Godzinsky
Bélxica Henri Segers
España franquista Jean Roderès
Austria Bruno Uher
Dinamarca Kai Mortensen
Suecia William Lind
Alemaña Rolf-Hans Müller
Países Baixos Dolf van der Linden
Francia Franck Pourcel
Noruega Øivind Bergh
Suíza Cedric Dumont
Xugoslavia Joze Privzek
Reino Unido Wally Stott
Luxemburgo Jean Roderès
Italia Cinico Angelini
Mónaco Raymond Lefèvre
Mestre anfitrión Jean Roderès

Artistas que repetiron editar

En 1962, os artistas que repetiron foron:

O representante de Suíza, Jean Philippe, tornouse o primeiro artista a representar dous países, representando á Francia en 1959, con "Oui, oui, oui, oui", que terminou en 3º lugar.

Transmisión editar

As canles de televisión responsábeis da difusión do festival por televisión e por radio foron as seguintes cadeas televisivas[5]:

Referencias editar

  1. "Eurovision Song Contest". Eurovision.tv (en inglés). Consultado o 2022-01-03. 
  2. A ordem de votação foi efectuada através da visualização de vídeos da edição do festival, à semelhança de outras secções deste artigo
  3. "Eurovision Song Contest 1962 | Year page | Eurovision Song Contest". web.archive.org. 2015-07-23. Archived from the original on 10 de febreiro de 2017. Consultado o 2022-01-03. 
  4. "1962 - Diggiloo Thrush". www.diggiloo.net. Consultado o 2022-01-03. 
  5. "And the conductor is...|...a website dedicated to all conductors of the Eurovision Song Contest". www.andtheconductoris.eu. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 2022-01-03. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
  Cannes 1961
Festival de Eurovisión
Luxemburgo 1962
Sucesor:
  Londres 1963