Festival de Eurovisión 1957
O II Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 3 de marzo de 1957 en Frankfurt, Alemaña. A presentadora foi Anaid Iplicjian e a vitoria foi para Corry Brokken co tema "Net Als Toen".
Festival de Eurovisión 1957 | |
---|---|
![]() | |
Datas | |
Final | 3 de marzo |
Anfitrión | |
Lugar | Frankfurt, ![]() |
Presentador(es) | Anaid Iplicjian |
Televisión anfitrioa | HR / ![]() |
Participantes | |
Participantes | 10 |
Países que debutan | ![]() ![]() ![]() |
Votacións | |
Canción gañadora | Net als toen, Corry Brokken![]() |
Festival de Eurovisión | |
◄1956 ![]() |
A segunda edición deste programa foi principalmente radiofónica, pero incrementouse considerablemente o número de espectadores a través da televisión. Aínda que Suíza gañara a primeira edición de 1956, non foi a organizadora do festival xa que non se creou aínda a norma pola que o país vencedor debía facerse cargo da organización ao ano seguinte. Nun principio considerouse a posibilidade de que cada país fixésese cargo do festival de modo rotativo, pero debido ao incremento dos países participantes, observouse que isto sería imposible.
No festival deste ano, observouse que existía unha gran disparidade na duración das cancións participantes (o tema italiano duraba 5:09 minutos, mentres que o británico só 1:52 minutos). Había un límite recomendado de 3:30 por canción pero non era aínda vinculante.
En 1957 foi a primeira vez na que o proceso de votación foi público, o que hoxe é unha das principais características do Festival de Eurovisión. Ademais, foi a primeira edición na que se contactou cos xurados por teléfono.[1]
Neste ano impúxose unha norma pola cal unicamente solistas ou dúos poderían concorrer ao festival, norma que, con modificacións, permanecería vixente ata 1970.[1]
Birthe Wilke e Gustav Winckler, representantes daneses, bicáronse ao final da súa actuación, aínda que só os posuidores de televisión puideron ser testemuñas diso.[2] Destacan tamén as participacións de Suíza, que volvía estar representada, por segunda vez consecutiva, por Lys Assia, aínda que nesta ocasión non tería tanta sorte como no festival do ano anterior e acabaría penúltima; e a representación dos Países Baixos por parte de Corry Brokken, que supoñería a súa segunda participación no Festival, foi a que finalmente se alzou coa vitoria.
Nesta edición foi cando se escoitou por primeira vez o castelán no festival, catro anos antes da entrada de España na competición. A canción alemá, Telefon, Telefon, de Margot Hielscher, incluía frases en varios idiomas, un deles o español.[1]
Cancións e selecciónEditar
ResultadosEditar
# | País | Artista(s) | Canción | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
1 | Bélxica | Bobbejaan Schoepen | Straatdeuntje | 8 | 5 |
2 | Luxemburgo | Danièle Dupré | Amours mortes | 4 | 8 |
3 | Reino Unido | Patricia Bredin [3] | All | 7 | 6 |
4 | Italia | Nunzio Gallo | Corde della mia chitarra | 6 | 7 |
5 | Austria | Bob Martin | Wohin, kleines Pony? | 10 | 3 |
6 | Países Baixos | Corry Brokken | Net als toen. | 1 | 31 |
7 | Alemaña | Margot Hielscher | Telefon, Telefon | 4 | 8 |
8 | Francia | Paule Desjardins | La belle amour | 2 | 17 |
9 | Dinamarca | Birthe Wilke & Gustav Winckler | Skibet skal sejle i nat | 3 | 10 |
10 | Suíza | Lys Assia | L'enfant que j'étais | 8 | 5 |
Repartición de votosEditar
Xurados [4] | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Total | ||||||||||||
Bélxica | 5 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | 2 | 1 | ||
Luxemburgo | 8 | 0 | 1 | 4 | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||
Reino Unido | 6 | 1 | 1 | 0 | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | 2 | ||
Italia | 7 | 1 | 1 | 2 | 0 | 2 | 0 | 0 | 1 | 0 | ||
Austria | 3 | 0 | 0 | 2 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||
Países Baixos | 31 | 5 | 3 | 1 | 1 | 6 | 1 | 4 | 3 | 7 | ||
Alemaña | 8 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 0 | 6 | 0 | 0 | ||
Francia | 17 | 2 | 4 | 2 | 0 | 0 | 1 | 6 | 2 | 0 | ||
Dinamarca | 10 | 0 | 0 | 2 | 3 | 0 | 5 | 0 | 0 | 0 | ||
Suíza | 5 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 2 | ||
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest?event=274
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Lugano 1956 |
Festival da Canción de Eurovisión Fráncfort 1957 |
Sucesor: Hilversum 1958 |