Piove (Ciao ciao bambina)

«Piove (Ciao ciao bambina)»
Sinxelo de Domenico Modugno
Lanzamento 1959
Formato Disco de vinilo 7"
Gravada 1959
Xénero musical
Lingua(s) Italiano
Duración
Discográfica Fonit Cetra
Produtor(es)
Escritor(es) Domenico Modugno (música)
Dino Verde (letra)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Piove (Ciao ciao bambina)» é unha canción composta e interpretada en italiano por Domenico Modugno.[1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Fonit Cetra.[2] Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959.[3][4]

Festival de Eurovisión 1959 editar

Piove
Canción do Festival de Eurovisión 1959
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
Domenico Modugno (música)
Dino Verde (letra)
Director
William Galassini
Resultados
Posto na Final
6.º
Puntos na Final
9
Cronoloxía
◄ «Nel blu, dipinto di blu» (1958)   
«Romantica» (1960) ►
 
Domenico Modugno, intérprete da canción, tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959.

Selección editar

«Piove (Ciao ciao bambina)» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1959,[3] onde foi interpretada dúas veces, unha por Modugno e outra por Johnny Dorelli.[5]

No festival editar

A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959 co título «Piove», sendo interpretada polo cantante italiano Domenico Modugno.[4] A orquestra foi dirixida por William Galassini.[6]

Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Dinamarca con Birthe Wilke interpretando «Uh, jeg ville ønske jeg var dig» e precedendo a Mónaco con Jacques Pills interpretando «Mon ami Pierrot». Ao final das votacións, a canción recibiu 9 puntos, obtendo o sexto posto de 11 xunto a Bélxica.[7]

Versións editar

  • En 1959 a canción entrou nas listas de éxito de Hong Kong tras ser gravada polo grupo local The Yee Tin Tong Mandolin Band, publicada por Diamond Records Company.
  • A cantante Dalida gravou unha versión en francés.[8]
  • En 1961, a canción foi versionada pola cantante de Hong Kong Kong Ling (江玲), no seu álbum Off-Beat Cha Cha.[9]
  • O tenor italoestadounidense Sergio Franchi gravou a canción como «Ciao, Ciao Bambina» no seu disco de 1966 La Dolce Italy para RCA Victor.[10]
  • En 2015, o trío italiano de ópera pop Il Volo gravou unha versión no seu EP Sanremo Grande Amore.[11]

Notas editar

  1. "Piove". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  2. "Domenico Modugno Con L'Orchestra Del Festival* – Piove (Ciao Ciao Bambina)". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Italy 1959" [Italia 1959]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  4. 4,0 4,1 UER (ed.). "Domenico Modugno - Italy — Cannes 1959" [Domenico Modugno - Italia — Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  5. "Festival di Sanremo del 1954" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  6. "William Galassini". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1959, William Galassini. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  7. UER (ed.). "Final of Cannes 1959" [Final de Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  8. Dalida Accompagnée Par Raymond Lefèvre Et Son Grand Orchestre ‎– Ciao Ciao Bambina
  9. Kong Ling ‎– Hong Kong Presents Off-Beat Cha Cha
  10. Sergio Franchi
  11. "Grande Amore - Il Volo". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
«Nel blu, dipinto di blu»
Domenico Modugno
 
Italia no Festival de Eurovisión

1959
Sucesor:
«Romantica»
Renato Rascel