BC Andorra

club de baloncesto profesional andorrano
(Redirección desde «Festina Andorra»)

O Bàsquet Club Andorra, coñecido por motivos de patrocinio como MoraBanc Andorra é un club de baloncesto profesional andorrano con sede na cidade de Andorra la Vella. Fundado en 1970, xoga os seus encontros como local no Poliesportiu d'Andorra, pavillón con capacidade para 5 005 espectadores.[1] Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español.

MoraBanc Andorra
Información xeral
Liga Liga ACB
Fundación 12 de xuño de 1970
Historia CB Les Escaldes (1970–1971)
Cores                         
Azul, branco, amarelo, vermello
Presidente Andorra Gorka Aixàs
Adestrador España Ibon Navarro
Localización
Cidade Andorra Andorra la Vella, Andorra
Pavillón Poliesportiu d'Andorra
Capacidade 5 005
Inauguración 1991
Campionatos
LEB Ouro 2 (2014, 2023)
Copa Príncipe 1 (2014)
bca.ad

Historia

editar

O Bàsquet Club Andorra foi fundado en 1970 co nome de Club de Bàsquet Les Escaldes, denominación que mudaría ao ano seguinte pola actual. Xogou as súas primeiras temporadas no campionato provincial de Lleida, conseguindo na temporada 1975−76 o ascenso á Primeira división autonómica. Ao ano seguinte renuncia á categoría por problemas económicos, regresando en 1980.[2] O primeiro éxito importante chega na temporada 1981−82, ao proclamarse Campión de Cataluña de 2ª Categoría, logrando o ascenso á 1ª Categoría. Na temporada 1983−84 proclámase Campión de Cataluña de 1ª Categoría e logra o ascenso á 2ª División Nacional Española. A temporada 1985−86 proclámase Campión de España da 2ª División Nacional na cidade de Badaxoz e logra o ascenso á 1ª División Nacional "B". As tres seguintes temporadas proclámase Campión da liga Nacional Catalá "B", e na mesma temporada 91-92 proclámase Campión de Primeira "B" e alcanza o ascenso á Liga ACB.[3]

Após ascender á máxima categoría, conseguen permanecer durante catro temporadas, até que en 1996 consumo o seu descenso. Debido a problemas extradeportivos, vense obrigados a comezar novamente desde abaixo. En 2008 acadan a LEB Prata, en 2012 ascenden á LEB Ouro e finalmente en 2014 conseguen o ascenso á ACB. O ascenso foi posíbel economicamente grazas ao acordo de patrocinio co banco Morabanc. Nos seus primeiros dous anos ACB o equipo certifica unha 14ª posición. No terceiro ano, e despois de cambiar case todo o elenco, o equipo andorrano clasifícase para a Copa do Rei e os Play-offs, caendo en ambas as ocasións ante o Real Madrid en cuartos de final. Grazas a isto conseguen a súa primeira participación na Eurocup, sendo eliminados en primeira rolda cun balance de 3−7. En 2022 o equipo termina na posición 17, descendendo á Liga LEB Ouro.

Patrocinios

editar

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Festina Andorra (1991–1996)
  • Quick Andorra (2000–2002)
  • River Andorra (2002–2013)
  • River Andorra MoraBanc (2013–2014)
  • MoraBanc Andorra (2014–presente)

Xogadores

editar

Equipo actual

editar
MoraBanc Andorra 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 0   Andrić, Mihajlo 2,01 m (6 ft 7 in) 98 kg (216 lb) Promitheas Patras
E 1   Dee, Johnny 1,83 m (6 ft 0 in) 77 kg (170 lb) Movistar Estudiantes
B 3   Speight, Micah 1,78 m (5 ft 10 in) 75 kg (165 lb) Palencia Baloncesto
B 5   Luz, Rafa 1,88 m (6 ft 2 in) 94 kg (207 lb) Bilbao Basket
A 7   Czerapowicz, Chris 2,01 m (6 ft 7 in) 90 kg (198 lb) UCAM Murcia
P 9   Marić, Marin 2,11 m (6 ft 11 in) 110 kg (243 lb) Larisa BC
P 10   Dos Anjos, Felipe 2,18 m (7 ft 2 in) 104 kg (229 lb) Movistar Estudiantes
B 13   Schreiner, Thomas 1,95 m (6 ft 5 in) 82 kg (181 lb) Força Lleida CE
A 15   Bartolomé, Alexis 1,99 m (6 ft 6 in) 95 kg (209 lb) Oviedo CB
AP 34   Llovet, Nacho 2,02 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) Obradoiro
A 35   Rubio, Juan 1,98 m (6 ft 6 in) 93 kg (205 lb) Palencia Baloncesto
E   Borg, Tobias 1,83 m (6 ft 0 in) 77 kg (170 lb) Lenovo Tenerife
Adestrador
  Natxo Lezkano
Asistente(s)
  Paco Vázquez
  Alejandro González
Preparador(es) físico(s)
  Francesc Cremades

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 12−102022

Destacados

editar

Adestradores

editar

A seguinte é unha lista dos adestradores do Andorra en Liga ACB. Entre paréntese figura a súa carreira completa como adestrador do club.

Presidentes

editar

A seguinte é unha lista dos presidentes do Andorra desde a súa fundación.

  •   Magí Maestre (1970–1971)
  •   Eduard Molné (1971–1990)
  •   Carles Fiñana (1990–1994)
  •   Manel Arajol (1994–2007)
  •   Gorka Aixàs (2007–presente)

Palmarés

editar

Liga LEB

  • Campións (1): 2014

Copa Príncipe

  • Campións (1): 2014

Liga Catalá

  • Campións (2): 2018, 2020
  • Subcampións (4): 2014, 2015, 2017, 2019

Historial

editar
 
David Jelínek.
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1980–81 5 1ª Autonómica
1981–82 5 1ª Autonómica
1982–83 4 3ª División
1983–84 4 3ª División
1984–85 3 2ª División
1985–86 3 2ª División
1986–87 2 1ª División B 22º 12–22
1987–88 2 1ª División B 20º 22–20
1988–89 2 1ª División 10º 15–15
1989–90 2 1ª División 19–14
1990–91 2 1ª División 23–18
1991–92 2 1ª División 29–12
1992–93 1 ACB 12º 15–18 Primeira rolda
1993–94 1 ACB 20–12 Primeira rolda
1994–95 1 ACB 20–20 Cuartos de final
1995–96 1 ACB 19º 11–31 3 Copa Korać FG 3–7
1996–97 2 LEB 21–19
1997–98 7 3ª Autonómica
1998–99 6 2ª Autonómica
1999–00 5 1ª Autonómica
2000–01 5 1ª Autonómica 18–12
2001–02 5 1ª Autonómica 21–11
2002–03 5 1ª Autonómica 17–13
2003–04 5 1ª Autonómica 21–9
2004–05 5 1ª Autonómica 26–6
2005–06 4 EBA 16–14
2006–07 4 EBA 13–13
2007–08 4 EBA 20–10
2008–09 4 EBA 23–10
2009–10 3 LEB Prata 21–15
2010–11 3 LEB Prata 27–14 Copa LEB Prata
2011–12 3 LEB Prata 19–5 Copa LEB Prata
2012–13 2 LEB Ouro 30–10 Copa Príncipe
2013–14 2 LEB Ouro 21–5 Copa Príncipe
2014–15 1 ACB 14º 12–22
2015–16 1 ACB 14º 12–22
2016–17 1 ACB 17–18 Cuartos de final
2017–18 1 ACB 20–17 2 EuroCup FG 3–7
2018–19 1 ACB 10º 16–18 2 EuroCup SF 13–8
2019–20 1 ACB 15–13 Semifinais 2 EuroCup T16 8–8
2020–21 1 ACB 17–19 2 EuroCup T16 6–10
2021–22 1 ACB 17º 11–23 2 EuroCup SF 12–7

Uniformes

editar

A seguinte é unha lista dalgúns uniformes que ten vestido o Andorra.

Tricolor tradicional
Festina Andorra (fóra)
River Andorra (2002–2006)
Andorra (fóra, 2002–2013)
Tricolor alternativo
Alternativo (2016)
  1. "Bàsquet CLub Andorra. Información". acb.com (en castelán). Consultado o 29 de agosto de 2021. 
  2. Bàsquet Club Andorra (acb.com) Copia arquivada en Wayback Machine
  3. o Bàsquet Club Andorra. Arquivado 29 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (bca.ad)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar