Beka Burjanadze
baloncestista xeorxiano
Beka Burjanadze (en xeorxiano: ბექა ბურჯანაძე), nado o 3 de xaneiro de 1994 en Tbilisi, é un xogador profesional de baloncesto xeorxiano que xoga para o Herbalife Gran Canaria da Liga ACB. Cunha estatura de 2,01 metros xoga na posición de ala.
Herbalife Gran Canaria – No. 23 | |
Ala | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1994 (27 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 101 kg (223 lb) |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
|
Traxectoria profesionalEditar
En setembro de 2014, rescindiu o seu contrato co CB Sevilla e fichou polo Básquet Coruña.[1] Tras dúas tempadas na Coruña, Burjanadze deu o salto á Liga ACB tras fichar polo BC Andorra.[2]
O 17 de agosto de 2018, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Gipuzkoa Basket da Liga ACB.[3]
O 17 de xuño de 2019, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas co CB Gran Canaria da Liga ACB.[4]
NotasEditar
- ↑ Beka Burjanadze se une al Leyma Básquet Coruña Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine.; ACB.com, 4 de outubro de 2014
- ↑ "Beka Burjanadze, el nuevo 4 del Morabanc Andorra". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016.
- ↑ Beqa Burjanadze se incorpora al Delteco GBC por una temporada
- ↑ Beqa Burjanadze firma con el Herbalife Gran Canaria