Fernando Abril Martorell

Fernando Abril Martorell, nado en Valencia o 31 de agosto de 1936 e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1998,[1] foi un político e executivo español.

Fernando Abril Martorell
Datos persoais
Nacemento31 de agosto de 1936
 Valencia
Falecemento16 de febreiro de 1998
 Madrid
OrganizaciónUnión de Centro Democrático
FillosFernando Abril-Martorell
Alma máterUniversidade de Madrid
ProfesiónEnxeñeiro eléctrico e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Enxeñería Eléctrica e Ciencias Políticas en Madrid. En 1969 foi nomeado presidente da Deputación Provincial de Segovia. Foi director técnico do FORPPA (1971-1972), director xeral de Produción Agraria (1972-1974).

Carreira política editar

e procurador en Cortes de 1967 a 1971 e de 1971 a 1977.[2]

Home de confianza de Adolfo Suárez, ó acceder á Presidencia de Goberno nomeouno Ministro de Agricultura (1976-1977). Senador por designación real (1977-1979), foi un dos fundadores da UCD, forza pola que foi elixido deputado por Valencia (1979-1982) e presidente rexional da UCD de Valencia.

Foi Vicepresidente Terceiro do Goberno (1977-1978), Ministro de Economía (1978-1979) e Vicepresidente Segundo do Goberno (1978-1980).

Participou nos traballos de elaboración do estatuto de autonomía valenciano[3] e unha vez aprobado, a partir de 1982, deixou a política e dedicouse ó mundo empresarial.

Carreira empresarial editar

Foi presidente da Unión Naval de Levante dende 1983 a 1998;[4] vicepresidente do Banco Central e, posteriormente, do Banco Central Hispano (1991).[1]

Foi autor, en 1993, do Informe Abril que lle encargou Felipe González para avaliar o sistema sanitario español.[1]

Morreu en Madrid dun cancro de pulmón.[1]


Predecesor:
Virgilio Oñate Gil
 Ministro de Agricultura de España 
1976-1977
Sucesor:
José Enrique Martínez
Predecesor:
Novo cargo
 Vicepresidente Terceiro do Goberno de España 
1977-1978
Sucesor:
Supresión do cargo
Predecesor:
Enrique Fuentes Quintana
 Ministro de Economía de España 
1978-1979
Sucesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo
Predecesor:
Enrique Fuentes Quintana
 Vicepresidente Segundo do Goberno de España 
1978-1980
Sucesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (16 de febreiro de 1998). "Fallece Fernando Abril Martorell, principal artifice del consenso con que nació la Constitución". elpais.com (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  2. "Abril Martorell, Fernando". congreso.es (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  3. Lamelas Blanco, Antonio. "Fernando Abril Martorell". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  4. Puchol-Quixal y de Antón, Francisco. "Fernando Abril Martorell". lasprovincias.es (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar