Fermín Fernández Armesto

médico, escritor e tradutor galego

Fermín Fernández García-Armesto, nado na Mezquita o 11 de novembro de 1907 e finado na Coruña o 7 de maio de 1979,[1] foi un médico, tradutor e lexicógrafo galego. Era irmán do xornalista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía).

Fermín Fernández Armesto
Nacemento11 de novembro de 1907
Lugar de nacementoA Mezquita
Falecemento7 de maio de 1979
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, médico e tradutor
IrmánsAugusto Assía e Antonina Fernández García
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez. Fixo os seus estudos primarios en Ourense e Vigo, e os secundarios en Santiago de Compostela. En 1932 licenciouse en medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Ao finalizar a licenciatura, ampliou estudos en Alemaña, durante os anos 1932 e 1933, cos profesores Baader e Schultze. Entre 1934 e 1936 exerceu como médico en Consuegra, provincia de Toledo.

Durante a Guerra Civil española serviu como capitán médico no exército da república, encargándose, entre outros cometidos, da organización de hospitais de sangue.

Desde 1939 a 1947 traballou co profesor Ramón Sarró no Hospital de Neuropsiquiatría Santa Ana de Barcelona, e como tradutor de alemán para a Colección Antropológica da Editorial Miracle. Entre 1948 até 1977 foi inspector médico do Instituto Social da Mariña, na Coruña.

Foi cofundador da Editorial Daimón, e mantivo na revista Destino a columna "Ciencia y Medicina". En 1946 recibiu o Premio Nacional de Tradución polo seu abondoso e cualificado traballo como tradutor do alemán, así como do inglés, francés e portugués. Desde 1950 a 1971 foi o editor da versión en castelá da revista científica vienesa Archivos de Medicina Práctica.

Faleceu sen rematar a última revisión da súa principal obra lexicográfica, o Dicionario castelán-galego, publicado postumamente en 1981 por Ediciós do Castro, con limiar de Rafael Dieste.

Principais obrasEditar

  • 1968 - "Feijóo, el reformador del Arte de Curar". Homenaje al Padre Feijóo (Universidad de La Plata. Facultade de Humanidades, 1968)
  • 1981 - Dicionario castelán-galego (Ediciós do Castro, 1981)
  • 1981 - Vocabulario castelán-galego (Ediciós do Castro, 1981)

Vida persoalEditar

Casou con Eugenia Borchardt Zirbke e foi pai de Ricardo Fernández Borchardt.[2]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 8-5-1979, p. 60.
  2. La Voz de Galicia, 17-10-1997, p. 51.