Antonina Fernández García
farmacéutica galega
Antonina Fernández García-Armesto, coñecida tamén como Antonina Fernández Armesto, nada na Mezquita o 31 de marzo de 1909, foi unha farmacéutica galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1909 (115 anos) A Mezquita, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica |
Familia | |
Cónxuxe | José Barón Fernández |
Irmáns | Augusto Assía e Fermín Fernández Armesto |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fernández Armesto.
Traxectoria editar
Filla de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez, e irmá de Felipe Fernández Armesto. Filla e neta de farmacéuticos, fixo o bacharelato en Santiago de Compostela,[1] e estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1932.[2] Foi unha das primeiras mulleres en ter farmacia propia, instalada en Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no buque Mexique o 27 de xullo de 1939. Retornou a Galicia en 1953 e abriu unha farmacia na Coruña.
Vida persoal editar
Casou con José Barón Fernández en 1934.