Falcipennis falcipennis

especie de tetraónida

Falicpennis falcipennis é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Falcipennis.

Falcipennis canadensis

Falcipennis falcipennis, macho,
exibíndose na época de celo

Falcipennis falcipennis, femia, na neve
Falcipennis falcipennis, femia, na neve

Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Falcipennis
Especie: F. falcipennis
Nome binomial
Falcipennis falcipennis
(Hartlaub, 1855)
Área de distribución de Falcipennis falcipennis
Área de distribución de Falcipennis falcipennis

Área de distribución de Falcipennis falcipennis
Sinonimia
  • Dendragapus falcipennis
    (Hartlaub, 1855)[2][3]

É un tetraonino propio da Siberia oriental (incluída a illa de Sakhalin), de tamaño mediano, estreitamente asociado á taiga. Moi semellante ao seu conxénere Falcipennis canadensis, co que está estreitamente relacionado é, coma este, unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptada para moverse e pousar nas árbores.

Características

editar

É moi semellante en tamaño, forma e coloración da plumaxe ao seu conxénere Falcipennis canadensis, co que está estreitamente relacionado é, coma este, unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptada para moverse e pousar nas árbores.[2]

Distribución e hábitat

editar

Distribúese no Distrito Federal Oriental de Siberia (Rusia), desde aproximadamente 120 °L até as beiras do mar de Okhotsk e a illa de Sakhalin, até os proximadamente 60 °N, ao norte, e ao sur até a rexión inferior do río Amur e as montañas Sikhote-Alin e, polo menos anteriormente, até as montañas Xiao Hinggan Ling, en Heilongjiang, China,[1] nos krais de Khabarovsk e Primorie, nos óblasts de Amur e Sakhalin, e no óblast Autónomo Hebreo.

A pequena poboación que hai anos habitaba no extremo nordeste da China está probabelmente extinta.[4]

Esta pita do monte de Siberia vive en bosques de coníferas (taiga), principalmente de piceas, abetos, lárices e piñeiros e, aínda que tamén se ve en bosques secundarios, evita as áreas abertas e as últimas etapas da sucesión ecolóxica dos bosques.[1]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

Esta especie foi descrita en 1855 polo médico e zoólogo alemán Gustav Hartlaub.[3]

Primeiramente estivo clasificada dentro do xénero Dendragapus, como Dendragapus falcipennis, pero posteriormente foi integrada no xénero Falcipennis.[2]

Etimoloxía

editar

Véxase Falcipennis.

Subespecies

editar

Non se recoñece ningunha subespecie.[3][5]

Controversia taxonómica Dengragapus - Falcipennis

editar

Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[3] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[6] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource, 2005.05.23.

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[1][7][8]

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[9]

Ameazas

editar

Suponse que a súa poboación está diminuíndo debido á corta en grande escala de árbores, os incendios forestais e a caza para obter alimento. Informouse que desaparece rapidamente das áreas colonizadas, aparentemente porque no lle teme ao home e, polo tanto, pódeselle disparar facilmente.[1]

Status

editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como NT (case amenazada) porque é probábel que estea experimentando un declive de poboación moderadamente rápido debido á caza e á corta de árbores, e probabelmente teña unha poboación moderadamente pequena.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 BirdLife International (2016): Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 20 de febreiro de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 del Hoyo, J., et al. 2014.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) no ITIS.
  4. McGowan, Phil & Steve Madge (2002): Pheasants, Partridges & Grouse. Including Buttonquails, Sandgrouse and Allies. London: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3966-7.
  5. Falcipennis falcipennis, en: Family Phasianidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).
  6. Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS.
  7. del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.
  8. Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.
  9. BirdLife International (2016): Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 10 de febreiro de 2019.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • de Juana, E. (1994): "Family Tetraonidae (Grouse)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-15-6, pp. 376–411.
  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain / Cambridge, UK.: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
  • Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar