A de Sikhote-Alin (en ruso: Сихотэ-Алинь) é unha cordilleira situada nos kraia de Primorie e de Khabarovsk, en Rusia, que se estende a uns 900 km ao nordés de Vladivostok.

Sikhote-Alin
Sikhote-Alin é o fogar dos tigres de Siberia, que son os felinos máis grandes do mundo
Localización
Continente/sAsia
País/esRusia Rusia
Coordenadas45°20′N 136°10′L / 45.333, -136.167Coordenadas: 45°20′N 136°10′L / 45.333, -136.167
Datos
Principais cumesTordoki Yani
Monte Ko
Monte Anik
Cota2 090 msnm
Lonxitude900
Sikhote-Alin é o fogar do tigre siberiano (Panthera tigris altaica), o maior felino do mundo
Os últimos leopardos do Amur (Panthera pardus orientalis) en liberdade viven neste territorio

Os cumios máis altos son Tordoki Yani (2 077 m), o monte Ko (2 003 m) e o monte Anik (1 933 m).

Xeografía editar

Aínda que Sikhote-Alin é unha zona temperada, coexisten alí especies típicas da taiga setentrional, como:

A rexión ten poucos lobos debido á competencia cos tigres siberianos,[2] un dos maiores felinos do mundo.[1]

A árbore máis vella da rexión é un Taxus cuspidata milenario.[3]

O núcleo da rexión só pode ser visitada por equipos de exploradores.

Historia editar

Crese que o nome procede do manchú alin "montaña".

Nas décadas de 1910 e 1920, Sikhote-Alin foi explorada en profundidade por Vladímir Arséniev (1872-1930) que describiu as súas aventuras en varios libros, especialmente en Dersu Uzala (1923), que foi levado ao cine en 1975 por Akira Kurosawa.

En 1935 establecéronse os refuxios da vida salvaxe de Sikhote-Alin e Lazo para preservar a fauna da rexión.

O 12 de febreiro de 1947 tivo lugar nestas montañas unha das maiores chuvias de meteoritos da historia recente.

O meteorito de Sikhote-Alin estoupou na atmosfera segundo caía, facendo que caesen toneladas de metais nunha rexión elíptica duns 1,3 km2.

Formáronse numerosos cráteres de impacto, o maior deles de 26 m de diámetro.

En 2001 a UNESCO incluíu "Sikhote-Alin central" na lista de lugares Patrimonio da Humanidade, citando a súa importancia para a "supervivencia de especies en perigo como o Mergus squamatus, o Bubo blakistoni e o tigre siberiano".

A rexión incluída ten unha superficie de 16 319 km2, da que o núcleo central da Reserva natural de Sikhote-Alin comprende 3 985 km2.[4]

En 2018 a zona Patrimonio da Humanidade estendeuse 11 605 km2 ao incluír o Parque Nacional de Bikin co nome de "Val do río Bikin".[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Slaght, J. C., D. G. Miquelle, I. G. Nikolaev, J. M. Goodrich, E. N. Smirnov, K. Traylor-Holzer, S. Christie, T. Arjanova, J. L. D. Smith & Karanth, K. U. (2005): "Capítulo 6. Quen é o rei dos animais? Pesos corporais históricos e recentes de tigres do Amur salvaxes e cativos, en comparacións con outras subespecies. Páxinas 25–35" En: Miquelle, D. G., Smirnov, E. N. & Goodrich, J. M. (eds.) Tigres en Sikhoté-Alín Zapovednik: Ecoloxía e Conservacin. PSP, Vladivostok, Rusia (en ruso).
  2. "Tigers and Wolves in the Russian Far East: Competitive Exclusion, Functional Redundancy, and Conservation Implications". savethetigerfund.org. Arquivado dende o orixinal o 30-10-2007. Consultado o 09-07-2008. 
  3. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 29-09-2007. Consultado o 29-09-2007.  Nature Monument "Sikhote - Alin". Center for Wildlife Rehabilitation "UTES" (en ruso).
  4. "Central Sikhote-Alin - Russian Federation" (PDF). [Ligazón morta] United Nations Environment Programme
  5. "Bikin River Valley". UNESCO. Consultado o 3 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar