Tigre siberiano
O tigre siberiano (Panthera tigris altaica), tamén coñecido como tigre de Amur, é unha subespecie de tigre que habita principalmente nos bosques de folla perenne do extremo sueste de Siberia e a fronteira entre Rusia e a China marcada polo río Amur.
Tigre siberiano | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto no zoo de Leipzig. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Panthera tigris altaica Temminck, 1884 | |||||||||||||||||
Mapa de distribución do tigre siberiano
|
No 2005, estimábase unha poboación de tigre siberiano que oscilaba entre os 331 e os 393 individuos adultos e subadultos na rexión, cunha poboación en idade reprodutora de 250 tigres. O número destes félidos mantívose estábel por máis dunha década grazas a un intenso esforzo de conservación, mais estudos realizados após o 2005 indican que a poboación do territorio ruso está decaendo.
Por outra banda, o tigre siberiano é a meirande das subespecies de tigre, así como tamén o maior félido existente.[2]
Notas
editar- ↑ Miquelle, D.; Darman, Y.; Seryodkin, I. (2011). Unión Internacional para a Conservación da Natureza, ed. "Panthera tigris ssp. altaica". Lista Vermella da IUCN: e.T41629A4521010. doi:10.2305/IUCN.UK.2011-2.RLTS.T15956A5333650.en.
- ↑ Mazák, V. (1981) Panthera tigris. Arquivado 09 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Mammalian Species 152: 1–8.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Tigre siberiano |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tigre siberiano |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |