Dersu Uzala (filme de 1975)

filme de 1975 dirixido por Akira Kurosawa

Dersu Uzala (en ruso: Дерсу Узала; en xaponés: デルス·ウザーラ, Derusu Uzāra) é un filme soviético-xaponés de 1975 dirixido por Akira Kurosawa. Foi o seu primeiro filme rodado nunha lingua diferente ó xaponés e o único rodado en 70mm.

Dersu Uzala
Ficha técnica
Título orixinalДерсу Узала
DirectorAkira Kurosawa
ProdutorYoichi Matsue
Nikolai Sizov
GuiónAkira Kurosawa
Yuri Nagibin
Baseado enDersu Uzala de Vladimir Arsenyev
IntérpretesMaxim Munzuk
Yury Solomin
MúsicaIsaak Shvarts
FotografíaAsakazu Nakai
Yuri Gantman
Fyodor Dobronravov
MontaxeValentina Stepanova
EstudioDaiei Film
Mosfilm
DistribuidoraMosfilm (USSR)
Daiei Film (Xapón)
EstreaFlag of the Soviet Union.svg xullo de 1975
Flag of Japan.svg 2 de agosto de 1975
Duración144 minutos
OrixeUnión Soviética Unión Soviética
Flag of Japan.svg Xapón
XéneroAventuras
Orzamento4 millóns de dólares (estimado)

O filme está baseado no libro de memorias de 1923 Dersu Uzala (que toma o seu nome do trampeiro Dersu Uzala) escrito polo explorador ruso Vladimir Arsenyev, e conta a exploración da rexión Sikhote-Alin ó longo de múltiples expedicións a comezos do século XX. Rodado case completamente en escenarios exteriores do arredado leste ruso, o filme conta a historia dun nativo dos bosques que está completamente integrado no seu medio, levando un estilo de vida que será inevitablemente destruído polo avance da civilización. Tamén trata sobre o respecto e a amizade profunda entre dous homes de orixes profundamente diferentes, e sobre a dificultade de afrontar a perda de forza e capacidades que provoca a vellez.

O filme gañou o Óscar de 1976 ó mellor filme en lingua non inglesa,[1] o Premio de Ouro e o Premio FIPRESCI na 9ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova[2] entre outros galardóns. Vendeu arredor de 20,4 millóns de entradas na Unión Soviética e recadou 1,2 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá.[3]

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. oscars.org (ed.). "The 48th Academy Awards (1976) Nominees and Winners". Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  2. MIFF (ed.). "9th Moscow International Film Festival (1975)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  3. Zemlianukhin, Sergei; Miroslava Segida (1996). Duble-D, ed. Domashniaia sinemateka 1918–1996 (Домашняя Синематека 1918–1996) (en ruso). Moscova. p. 118. ISBN 5-900902-05-6. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar