Felis bieti

Especie de mamífero
(Redirección desde «F. bieti»)

Felis bieti é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis,[1][2][3] coñecido na bibliografía internacional, entre outros, polo nomes de gato chinés do deserto, gato montés chinés, gato sivestre chinés e gato de Biet.

Felis bieti
Gato chinés do deserto, gato montés chinés, gato de Biet

Felis bieti no zoo de Qinghai-Tibet Plateau, Xining, Qinghai (China)
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Felis
Especie: F. bieti
Nome binomial
Felis bieti
Milne-Edwards, 1892
Área de distribución de Feli bieti
Área de distribución de Feli bieti

Sinonimia
Véxase o texto

É un pequeno felino que vive no oeste da China, concretamente no Tíbet, Qinghai, Gansu e Sichuan.

Características editar

Trátase dun animal similar ao gato montés europeo (Felis silvestris silvestris), con que comparte tamaño (80 cm de longo, máis 35 cm de cola), pero do que se pode diferenciar facilmente pola cor da pel. A pelaxe é bastante longa e de cor aren en todo o corpo, tornándose abrancazada no ventre. Sobre esta capa de fondo superpóñense aneis de cor escura nas patas e a cola, unha franxa escura ao longo do lombo, e raias verticais máis pálidas no corpo, que son difíciles de ver de loxe. O extremo das orellas presenta un pincel de pelos negros que recorda vagamente ao do caracal, o gato dos pantanos ou os linces, pero moito máis curto.

Bioloxía e ecoloxía editar

O seu hábitat característico son as áreas secas poboadas de matogueira e árbores dispersas, pero nunca auténticos desertos (a pesar dun dos seus nomes vulgares). Estes animais son fundamentalmente nocturnos e aliméntanse de roedores, picas e aves pequenas. A pesar de encontrarse protexidos gobernamentalmente na China, moitos individuos morren debido ao envelenamento sistemático das picas, a súa principal presa.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1892 polo médico e zoólogo francés Henri Milne-Edwards nun traballo publicado na Rev. Gen. Sci. Pures Appl., 3: 671.[2]

Etimoloxía editar

Para o xénero, véxase Felis.

O epíteto específico, bieti, deullo Milne-Edwards na honra de Félix Biet, misioneiro e naturalista francés.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome que lle impuxo Milne-Edwards, e actualmente considerado válido pola maioría dos autores, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Felis pallida Büchner, 1892.[2]
  • Felis subpallida Jacobi, 1923.[2]
  • Felis silvestris bieti (Milne-Edwards, 1892).[4]

Nomes vulgares editar

Nos principais idiomas moerno a especie coñécese polos nomes de gato chinés do deserto, gato montés chinés e gato de Biet, coas adaptacións correspondentes ás diferentes linguas.

Controversia taxonómica editar

En 2007 un estudo de ADN relizado por Driscoll e colboradores mostrou que simplemente existía un grao de diferenza xenética do tipo de subespecie con Felis silvestris, polo que propuxeron a súa inclusón dentro desta especie como Felis silvestris bieti.[4] O mesmo opinban os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN),[5]

Porén, desde 2017 de novo foi recoñecida como unha especie válida, debido a que é morfoloxicamente distinta dos gatos monteses. Por iso a UICN cambiou a súa antiga consideración.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Riordan, P., Sanderson, J., Bao, W., Abdukadir, A. & Shi, K. (2015): Felis bieti] na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 27 de maio de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Felis bieti Milne-Edwards, 1892 en MSW.
  3. Felis bieti Milne-Edwards, 1892 no ITIS.
  4. 4,0 4,1 Driscoll, C. A.; Menotti-Raymond, M.; Roca, A. L.; Hupe, K.; Johnson, W. E.; Geffen, E.; Harley, E. H.; Delibes, M.; Pontier, D.; Kitchener, A. C.; Yamaguchi, N.; O'Brien, S. J. & Macdonald, D. W. (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519-523. Consultada o 14 de decembro de 2018.
  5. Sanderson, J.; Mallon, D. P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. bieti Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión 2010.4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar