Ochotona

xénero de mamíferos

Ochotona
Picas

Ochotona curzoniae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Ochotonidae
Thomas, 1896
Xénero: Ochotona
Link, 1795
Especies
Véxase o texto

Ochotona é un xénero de mamíferos lagomorfos da familia dos ocotónidos. É o único xénero da familia que persiste actualmente. As súas 30 especies actualmente viventes son coñecidas vulgarmente como picas, e tamén como lebres asubidoras e coellos de roca (aínda que non están estreitamente emparentados coas lebres nin cos coellos, que forman parte doutra familia de lagomorfos, a dos lepóridos).

A diferenza do xénero extinto Prolagus, as especies de Ochotona perderon o último molar superior.

Morfoloxía editar

Presentan unha aparencia moi similar á das cobaias comúns. A súa dentadura presenta no maxilar catro incisivos, seis premolares e catro molares, e na mandíbula teñen dous incisivos, catro premolares e seis molares. A súa cola é tan curta que case nin se ve e o seu corpo está cuberto dun pelame denso e suave. Viven en comunidades bastante numerosas, tanto en chairos como en montes, e aliméntanse case exclusivamente de herbas. O nome de lebre asubiadora é debido a un asubío que emiten de cando en vez.

Distribución xeográfica editar

En Europa coñécese unha soa especie, Ochotona pusillus, que tamén se atopa nalgunhas zonas de Asia. De feito, en Asia é o continente onde habitan máis especies deste xénero, aínda que tamén se atopan algunhas en Norteamérica.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi definido en 1795 polo naturalista alemán Heinrich Friedrich Link, en Beitr. Naturgesch., 2: 74.[1], que tomou como especie tipo a Ochotona minor, rebautizando a especie Lepus dauuricus Pallas, 1776 (hoxe coñecida como Ochotona daurica).[1]

Sinónimos editar

O xénero Ochotona coñeceuse tamén como:[1]

  • Abra Gray, 1863
  • Abrama Strand, 1928
  • Argyrotona Rekovetz, 1988
  • Buchneria Erbajeva, 1988
  • Lagomys G. Cuvier, 1800
  • Lagotona Kretzoi, 1941
  • Ogotoma Gray, 1867
  • Tibetholagus Argyropulo & Pidoplichko, 1939
  • Tibetolagus Argyropulo, 1948

Etimoloxía editar

O nome científico Ochotona deriva do nome mongol ochodona, co que os mongois denominan ás picas.[2] e, no segundo caso, coa adición á raíz do nome xenérico o sufixo do latín científico -ĭidae, co que se forman os nomes das familias de animais.

Nome vulgar editar

O nome común máis utilizado, pica, deriva da palabra piika, usada polos pobos tungús do leste de Siberia para designar a estes animais.[3] que comezou a usarse en inglés en 1827,[4] e de aí pasou aos demais idiomas europeos.

Especies editar

 
Ochotona princeps.
 
Ochotona alpina.
 
Ochotona collaris.

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes trinta especies:[1][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ochotona Link, 1795 en MSW.
  2. Ochotona no Merriam-Webster Dictionary.
  3. pika no Online Etymology Dictionary,
  4. pika no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Ochotona Link, 1795 no ITIS.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar