European Remote Sensing Satellite 1

European Remote Sensing Satellite 1 (ERS 1) foi o primeiro dos dos satélites ERS, satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de xullo de 1991 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][2][5][6]

European Remote Sensing Satellite 1 / ERS 1
Maqueta do ERS 1
TipoObservación terrestre
OrganizaciónAxencia Espacial Europea
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.<refname=n2yo/>
Data de lanzamento17 de xullo de 1991, 1:46 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 4[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro espacial de Kourou[2]
Obxectivo da misiónObservación terrestre.[2]
NSSDC ID1991-050A
Masa2157 kg[6]
Datos orbitais
Semieixo maior7148 km[1]
Inclinación98,2 graos
Apoapse802,8 km[1]
Periapse753,0 km[1]

Características editar

ERS 1 foi un satélite adicado á observación terrestre para o estudo dos océanos, as capas polares e as rexións costeiras. Proporcionou medidas sistemáticas e continuas da velocidade do vento e a súa dirección, da altura das ondas, das alturas superficiais, da temperatura, da cuberta nubosa e dos niveis de vapor de auga na atmosfera. Foi o primeiro satélite en órbita heliosincrónica da ESA e construíuse basándose no bus dos satélites franceses SPOT.[2][5][6]

Os datos do ERS 1 foron compartidos coa NASA en virtude dun acordo polo que esta compartía datos dos seus satélites Seasat e Nimbus 7. O satélite tiña o seu centro de control en Darmstadt (Alemaña), cun gran número de estacións terrestres participando no seguimento e a recollida de datos.[6]

ERS 1 deixou de funcionar o 10 de marzo de 2000 a causa do fallo do sistema de control de actitude e tras triplicar a súa expectativa de vida. Durante a súa misión, ERS 1 orbitou máis de 45.000 veces arredor da Terra, obtendo máis de 1,5 millóns de imaxes individuais de radar mediante o seu radar de apertura sintética (SAR polas súas siglas en inglés).[6]

A ESA lanzou o ERS 2 en abril de 1995, que solapou a súa misión durante uns anos coa de ERS 1, proporcionando un valor engadido en forma de obtención simultánea de datos. Posteriormente, en 2002, se lanzou o que se considera como herdeiro de ámbolos dous ERS, o Envisat 1.[5][6]

A nave editar

ERS 1 estabilizábase nos tres eixos, cunha precisión no apuntado de 0,11 graos en cabeceo e rolamento, e de 0,21 graos en guiñada. A enerxía proporcionábaa un único panel solar de 11,7 m de longo e 2,4 m de ancho cunha potencia máxima de saída de 2600 vatios que alimentaba un conxunto de baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de almacenamento de 2,65 kWh. A antena do SAR medía 10 m de longo por 1 m de ancho. As comunicacións tiñan lugar en banda S a 2 kbps e en banda X a 105 Mbps ou 15 Mbps. O sistema de almacenamento de datos de a bordo consistía nunha cinta magnética capaz de almacenar ata 6,5 Gbits de datos. O control de actitude conseguíase mediante pequenos propulsores alimentados con hidracina, mentres que a orientación era proporcionada por sensores solares e de horizonte e por xiroscopios.[2][6]

Instrumentos editar

ERS 1 levaba a bordo cinco instrumentos principais:[2][5][6]

  • AMI (Active Microwave Instrument): incluía o radar de apertura sintética, o dispersómetro de ondas e o dispersómetro de vento. O SAR podía funcionar en dous modos: o modo de obtención de imaxes rexistraba longas franxas de terreo sobre océanos, polos, costas e terra; o modo de ondas obtiña datos en cadrados de 5 x 5 km de maneira regular sobre o océano para derivar a dirección e altura das ondas. O dispersómetro de vento usaba tres antenas para medir a forza e dirección do vento na superficie do mar.
  • Altímetro Radar (RA): proporcionaba medicións precisas da elevación da superficie do mar, altura das ondas, parámetros do xeo e unha estimación da velocidade do vento en superficie.
  • Radiómetro e sondeador de exploración (ASTR-M): medía a temperatura superficial do mar e da cima da cuberta de nubes, así como o contido de vapor de auga da atmosfera, mediante o uso dun radiómetro infravermello e un sondeador de microondas.
  • Reflector láser (LRR): usado para a determinación precisa da órbita e calibración do RA.
  • Equipamento de seguimento de precisión (PRARE): usado para a determinación da órbita.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 1" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  3. "Letter dated 22 June 1993 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-40645). 20 de xullo de 1993: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "ERS 1" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ERS 1, 2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "ERS 1-2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar