Un xiroscopio[1] é un aparello que ten un disco xiratorio cunha gran resistencia á variación do seu eixo de xiro, o que o fai moi útil para medir e manter a orientación baseado no principio da conservación do momento angular:

Aínda que se mova o corpo ao que está unido, o xiroscopio mantén invariábel a súa dirección de xiro.

Onde é o torque e o momento angular, é o momento de inercia, e a velocidade angular, e a aceleración angular.

O xiroscopio foi inventado no 1852 polo físico Jean Bernard Léon Foucault. En esencia, consiste nun rotor co eixe pendente dun soporte formado por dous círculos articulados entre si e o rotor por suspensións de Cardán. O principio do xiroscopio deriva do feito de que un sistema en rotación e mecanicamente illado conserva o mesmo momento cinético, de xeito que o seu eixo de rotación mantén unha dirección fixa con respecto a unha referencia galileana. Unha vez se ten posto en funcionamento o eixe queda fixo respecto ó da terra describindo un cono de revolución. Tamén pode servir como referencia angular e como estabilizador.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xiroscopio.