Seasat, tamén coñecido como Seasat 1, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 27 de xuño de 1978 mediante un foguete Atlas F/Agena D desde a Base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[2][3]

Seasat
Seasat in orbit.jpg
Representación de Seasat en órbita.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de xuño de 1978, 1:12 GMT[1][2]
Foguete portadorAtlas F/Agena D[2][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea, SLC-3W[2][4]
Obxectivo da misiónObservación e estudo de diferentes propiedades dos océanos terrestres.[2][4]
NSSDC ID1978-064A
Masa1800,0 kg[2][3][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7124 km[1]
Inclinación108,0 graos[1]
Apoapse755,5 km[1]
Periapse751,7 km[1]

CaracterísticasEditar

Seasat foi o primeiro satélite que usou radar de apertura sintética (SAR) para estudar os océanos terrestres. A súa misión foi medir os ventos de superficie, a altura das ondas, as ondas internas, o contido de auga líquida na atmosfera, as características do xeo, a topografía oceánica e o xeoide mariño. O satélite proporcionaba unha cobertura do 95% dos océanos cada 36 horas.[2][3]

A nave utilizou a etapa superior do seu lanzador Atlas F/Agena D como bus que proporcionaba enerxía, telemetría en banda S, control de actitude e funcións de mando e control. Estabilizábase nos tres eixos usando volantes de inercia e sensores de horizonte. A precisión que acadou nas súas medicións foron de 10 cm na medición de alturas, 2 m/s na medición da velocidade dos ventos e 1 °C na medición da temperatura.[2][3]

O satélite funcionou sen problemas durante 105 días, ata o 10 de outubro de 1980 en que un curtocircuíto o deixou fóra de servizo.[2][3]

InstrumentosEditar

Seasat levaba cinco instrumentos a bordo:[2][3]

  • Un altímetro radar de pulsos en banda X cunha precisión de 10 cm.
  • Un radar de apertura sintética (SAR polo seu acrónimo en inglés) funcionando en banda L (1,275 GHz cubrindo bandas de 100 km de superficie e 25 m de resolución vertical. A antena tiña unhas dimensións de 2,2 x 10,7 m.
  • Un dispersómetro para medir a velocidade e dirección do vento funcionando en banda L e cunha precisión de 2 m/s.
  • Un radiómetro de microondas multicanal para medir o vento en superficie e a temperatura da auga, así como o contido de auga na atmosfera, a taxa de choiva e a cobertura de xeo.
  • Un radiómetro para lonxitudes de onda visible e infravermellas para identificar características nubosas, terrestres e acuáticas e producir imaxes térmicas do océano.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SEASAT 1" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 NASA (21 de marzo de 2017). "Seasat 1" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Seasat" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "Seasat" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar