Abrir o menú principal

Eugen Coșeriu

lingüista alemán de orixe romanesa

Eugen Coșeriu ou Eugenio Coseriu,[Cómpre referencia] nado en Mihăileni (na actualidade pertencente a Moldavia) o 27 de xullo de 1921 e finado en Tubinga (Alemaña) o 7 de setembro de 2002, foi un lingüista alemán de orixe romanesa. A súa contribución á historia da lingüística e revisión e interpretación de moitos conceptos tradicionais foi fundamental. É autor dunha importante obra teórica que profundizou en moitos aspectos da linguaxe.

Eugen Coșeriu
Nacemento27 de xullo de 1921
 Mihăileni
Falecemento7 de setembro de 2002
 Tubinga
NacionalidadeRomanía
EtniaPobo romanés
Alma máterUniversidade de Iași e Universidade de Roma "La Sapienza"
Ocupaciónlingüista, filólogo, catedrático de universidade, romanista e filósofo
PremiosOrder of the Republic, honorary doctor of the University of Madrid Complutense, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio, honorary doctorate of the University of Vigo, doutor honoris causa pola Universidade de Salamanca e honorary doctorate of the University of Las Palmas, Gran Canaria
editar datos en Wikidata ]

Doutor en filosofía e filoloxía, filólogo romanista. Calificado por Mircea Borcilă (Universidade de Cluj) como:

O máis lúcido expoñente da cultura romanesa no plano universal do coñecemento humano.[1]

Índice

TraxectoriaEditar

De gran formación filosófica, histórica, lingüística e clasicista, en 1940 e xa iniciados os seus estudos universitarios, Coseriu trasladouse a Roma, onde os terminou; once anos despois e ata 1958 foi profesor na Universidade de Montevideo e, dende 1963 ata a súa morte, foino na de Tubinga (Alemaña). Na súa dilatada carreira publicou moitos estudos e artigos, algúns deles recompilados en obras como Teoría del lenguaje y lingüística general ou Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje. A súa obra é moi extensa e orixinal, aínda que nunca chegou a publicar un manifesto ou manual que sistematizase o seu pensamento e presentase a súa teoría lingüística como unha unidade; porén, si que se interesou pola sistematización do léxico e o ámbito da creatividade lingüística.
Coseriu figura tamén entre os filósofos que se aproximaron á linguaxe dende a lóxica, tratando de delimitar o que hai de particular, xeral e universal na mesma; ambición que empeza incluso con Aristóteles, pero que se materializa na lingüística contemporánea con Humboldt, Saussure e os lingüistas posteriores a eles.

ObraEditar

  • Sincronía, diacronía e historia. El problema del cambio lingüístico (1958).
  • Teoría del lenguaje y lingüística general (1962).
  • Sprache, Strukturen und Funktionen (A fala, estruturas e funcións, 1970).
  • Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje (1977).
  • Principios de semántica estructural (1977).
  • Estudos de lingüística románica (1977).
  • Der Mensch und seine Sprache.
  • Lecciones de lingüística general (1977).
  • Gramática, semántica, universales. (1978).
  • Textlinguistik. Eine Einführung (1980).
  • Competencia lingüística (1992).
  • Política, lengua y nación (publicado en 1995 xunto cos lingüistas españois Manuel Alvar e Fernando Lázaro Carreter)[2].

NotasEditar

  1. www.academiaromana.ro
  2. Política, lengua y nación. Madrid: Fundación Friedrich Ebert. D.L. 1995. ISBN 9788486791193. OCLC 433820066. 

Véxase taménEditar